AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Ciclo Formativo de Grao Superior
XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING

Características do ciclo, perfil profesional, estructura académica

Acceso

Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

Título que se obtén: Técnico superior en xestión comercial e marketing.

Perfil profesional:

 

Competencia xeral

Obter e/ou elabora-la información referida ó mercado, producto, servicio, prezo, distribución e comunicación, xestiona-los plans de actuación correspondentes ás compras, loxística e venda de productos e/ou servicios e supervisa-la súa realización de conformidade coas instruccións recibidas e lexislación vixente.

  Contorno funcional Investigador comercial, compras, vendas, marketing e loxística comercial.
Saídas profesionais Axudante de xefe de producto, técnico de compra, técnico de venda, técnico de novas instalacións, "Merchandiser", encargado de almacén, axudante do xefe de loxística, coordinador xefe de grupo de representantes, xefe de vendas, técnico de marketing e técnico en traballos de campo de investigación comercial.

Acceso directo a estudios universitarios:

Mestre (tódalas especialidades); Diplomado en Biblioteconomía e Documentación; Diplomado en Ciencias Empresariais; Diplomado en Educación Social; Diplomado en Estatística; Diplomado en Xestión e Administración Pública; Diplomado en Relacións Laborais; Diplomado en Traballo Social; Diplomado en Turismo; Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión; Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas.

Estructura académica:

O Ciclo Superior XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING consta de dúas partes:

PARTE PRESENCIAL DE CLASES NO CENTRO, cunha duración dun curso académico, e coa estructura seguinte:

 

Nº de horas á semana

Módulo

 

3

Investigación comercial

 

4

Políticas de marketing

 

5

Loxística comercial

 

3

Marketing no punto de venda

 

4

Xestión da compravenda

 

4

Aplicacións informáticas de propósito xeral

 

5

Inglés

 

2

Formación e orientación laboral

 

3

Proxecto integrado

 

3

Horas de libre disposición

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO, cunha duración dun trimestre, que se desenvolverá no primeiro trimestre do seguinte curso.

Páxina inicialAtrás