AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Actividades e Premios: Curso 2000-01

PRIMEIRO TRIMESTRE

- Campaña de doazón de sangue con charlas informativas dirixidas ó alumnado de COU.

- Desenvolvemento do taller "Sexo máis seguro" sobre a prevención da SIDA e de embarazos non desexados, dirixido ó alumnado de 1º de Bacharelato. A actividade foi levada a cabo por psicólogas pertencentes á Unidade de Día de Drogodependencias da Coruña. A organización correu a cargo do Instituto co patrocinio do Concello de Betanzos.

- Charlas de Javier Ares "Japy" con proxección de diapositivas sobre as súas viaxes a Filipinas e Papúa Nova Guinea, dirixidas ó alumnado de 1º e 4º de ESO.

- Exposición de cómics realizados por alumnos de 4º de ESO, organizada pola profesora Benigna Vidal.

- Organización dun certame literario dirixido ó alumnado do primeiro ciclo de ESO, a cargo do Equipo de Normalización Lingüística.

- Organización dun concurso de carteis-calendario e edición do traballo gañador, a cargo do Equipo de Normalización Lingüística.

- Solicitude dun intercambio escolar co Instituto de Educación Secundario "Mare de Deu de la Candelera" de L’ Ametlla de Mar (Tarragona).

- Aprobación da solicitude de participación, no marco das accións descentralizadas do Programa Sócrates Acción Comenius 1, para a convocatoria do ano 2001, do proxecto no que participa este Instituto xunto cun centro francés da Illa de Reunión e un instituto italiano. O proxecto contempla unha subvención anual de 2000 Euros.

- Preparación dun proxecto para solicita-la realización dun intercambio escolar cun centro austríaco.

- Posta en marcha da Agrupación Deportiva "UNTIA" e realicación de actividades deportivas en tardes non lectivas, organizadas polo Departamento de Educación Física.

- Actuación na Aula Municipal de Cultura do actor arxentino Ricardo Frazer, que puxo en escena a súa obra TEMPESTADES. A representación estivo dirixida ó alumnado do 1º de Bacharelato e foi patrocinada polo Concello de Betanzos.

- Concerto do grupo instrumental "Francisco Aguiar", integrado por alumnos e alumnas da asignatura de Música, dirixidos pola profesora Mª Ángeles D. Tagarro.

- Actividades para conmemora-la festividade do Nadal:

* Recital poético do grupo de teatro do Instituto, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística baixo a dirección do profesor Constantino Chao. A este recital asistiu o alumnado do primeiro ciclo de ESO.

* Actuación da Banda Municipal de Música de Betanzos.

* Competicións deportivas, organizadas polo Departamento de Educación Física:

. Partido de fútbol-sala entre seleccións do primeiro ciclo de ESO.

. Partido de balonmán feminino entre equipos de 1º de Bacharelato.

. Partido de fútbol-sala entre as seleccións do Instituto "Francisco Aguiar" e do IES "As Mariñas".

. Partido de Balonmán masculino entre a Agrupación Deportiva "Untia" (do Instituto "Francisco Aguiar") e unha selección do INEF GALICIA.

 

SEGUNDO TRIMESTRE

- Charla informativa sobre o concurso literario convocado por "COCA-COLA", dirixida a alumnos de 2º de ESO.

- Visita dos alumnos de Ciencias Medioambientais de 3º de ESO á CASA DAS CIENCIAS, á DOMUS e á CASA DOS PEIXES, co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Betanzos.

- Participación dun grupo de alumnos de 1º de Bacharelato no concurso "CANGURO MATEMÁTICO", patrocinado polo Departamento de Matemáticas.

- Conferencia sobre "Solidariedade e ONG", impartida polo representante de INTERMÓN Juan García e dirixida ó alumnado de COU. A actividade foi organizada polo profesor Luis Gorrochategui.

- Exposición sobre reciclaxe, organizada e patrocinada polo Consorcio de Concellos da Área Metropolitana da Coruña. Colaborou a profesora Sol Iglesias.

- Charla informativa organizada polo Sindicato de Estudiantes e dirixida ó alumnado de 1º de Bacharelato.

- Actuación na Aula Municipal de Cultura do grupo teatral "UVEGA TEATRO", que puxo en escena a obra 2O RETRATO DE DORIAN GRAY". A representación estivo dirixida ó alumnado de 4º de ESO e foi patrocinada polo Concello de Betanzos.

- Participación dun grupo de 4º de ESO (4ºC)na edición do RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS correspondente ó ano 2001. Este equipo proclamouse gañador da proba.

- Asistencia dos alumnos de Música ós concertos de Música Descriptiva levados a cabo pola Banda Municipal da Coruña no Teatro Rosalía de Castro. A actividade foi organizada polo Departamento de Música.

- Asistencia dos alumnos de 2º de ESO ó concerto de MILLADOIRO celebrado no Palacio da Ópera da Coruña. A actividade foi organizada polo Departamento de Música e patrocinada por CAIXANOVA.

- Participación de 12 alumnos de 2º de ESO no Concurso Literario organizado por COCA-COLA.

- Actividades de celebración do Antroido:

* Representación o Salón de Actos das obras teatrais: "O Pitillo", "O Testamento do Tío Nacho" e "O autor frustrado", dirixidas polo profesor Constantino Chao.

* Concurso de charangas.

* Competicións deportivas de balonmán masculino e feminino e fútbol sala, realizadas no Polideportivo do Instituto e organizadas polo Departamento de Educación Física.

 

TERCEIRO TRIMESTRE

- Visita dun grupo de 3º de ESO á exposición APRENDE A MIRA-LA PINTURA, organizada polo Concello de Paderne, coa colaboración da profesora Pilar López.

- Visita á exposición de instrumentos musicais, organizada por CaixaNova e o Concello de Betanzos. Participaron os alumnos de Música da ESO. Colaborou o Departamento de Música.

- Conferencia sobre orientación universitaria, impartida polo profesor da Universidade de Santiago Miguel Anxo Bastos e dirixida ó alumnado de COU.

- Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera da Coruña, organizada polo Departamento de Música para os alumnos desta materia da ESO e Bacharelato.

- Concerto dos grupos musicais participantes no concurso organizado polos Equipos de Normalización Lingüística da comarca. Asistiu o alumnado de 1º de Bacharelato.

- Participación no Concurso Musical organizado polos Equipos de Normalización Lingüística da comarca.

- Participación dun grupo de alumnos do Instituto no concurso de baloncesto 3x3, organizado polo Departamento de Educación Física.

- Competicións de balonmán feminino nos grupos de 3º de ESO, organizadas polo Departamento de Educación Física.

- Viaxe a Ourense dos alumnos de 4ºC de ESO para recolle-lo premio do Rallye Matemático Sen Fronteiras.

- Participación dun grupo de alumnos de 2º de ESO no Concurso Matemático celebrado no IES "Otero Pedrayo".

- Charla do actor Ángel Gonzalo, dirixida ós alumnos que forman parte do grupo teatral do Instituto, organizada polo profesor Constantino Chao.

- Exposición de carteis conmemorativos do Día do Libro, organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Castelás.

- Viaxe dun grupo de alumnos de 3º de ESO a L’Atmella de Mar (Tarragona) para participar nun intercambio escolar con alumnos do IES "Mare de Deu de la Candelera".

- Viaxe dos alumnos de 4ºC de ESO, gañadores do Rallye Matemático Sen Fronteiras á cidade francesa de Toulouse para participar na final europea.

- Proxección dun diaporama sobre o camiño de Santiago e charla do seu autor Belisardo Sixto. A organización corre a cargo do profesor Constantino Chao. Asistiron alumnos de 3º de ESO.

- Recepción no Concello de Betanzos ós alumnos e profesoras do IES Mare de Deu de la Candelera, de L’Ametlla de Mar (Tarragona), participantes co intercambio escolar co Instituto Francisco Aguiar.

- Viaxe á Coruña dun grupo de alumnos para participar na carreira "Correlingua", organizada polos Equipos de Normalización Lingüística da comarca.

- Visita ó Instituto de profesores de Bucarest e de Illa Reunión, que participan nun proxecto europeo co Colexio Vales Villamarín.

- Visita didáctica á Domus, Casa das Ciencias e Casa dos Peixes, organizada polo Departamento de Ciencias Naturais. Participaron alumnos de 1º de Bacharelato.

- Exposición de carteis conmemorativos das Letras Galegas, organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas.

- Visita didáctica a Santiago de Compostela dos alumnos de diversificación curricular de 4º de ESO, organizada pola profesora Concepción Delgado.

- Asistencia dos alumnos de 4º de ESO á representación da obra O CADALEITO, adaptación dun relato de Ánxel Fole. A representación tivo lugar na Aula Municipal de Cultura e foi patrocinada polo Concello de Betanzos.

- Acto de clausura do curso, no que os alumnos de COU recibiron as insignias e os diplomas conmemorativos da súa estancia no Instituto. No transcurso do acto tivo lugar a actuación do grupo CLUNIA SEXTET JAZZ, que incluiu no seu repertorio a estrea da melodía do himno do Instituto, composta pola profesora Ángeles Dolores Tagarro coa colaboración dos alumnos da asignatura de Música.

- Visita ás instalacións de Nostián, patrocinada polo Consorcio de Concellos da Área Metropolitana da Coruña. Dirixida ó alumnado de 4º de ESO.

- Recital de poesía galega a cargo do grupo de teatro do Instituto, dirixido polo profesor Constantino Chao. A actuación completouse coa posta en escena da obra de Varela Buxán "De homes non me fales" e dos monólogos "A bingueira" e "Calada como unha morta".

- Exposición de traballos realizados polos alumnos de Fogar, organizada pola profesora Carmen Souto.

- Exposición de traballos realizados polos alumnos de Tecnoloxía, organizada polo Departamento de Tecnoloxía.

Páxina inicialAtrás