
IES
"Francisco Aguiar"
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 2001/2002
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- Campaña de doazón de sangue con charlas informativas dirixidas ó alumnado de 2º de Bacharelato e Ciclo Formativo Superior.
- Participación de dous grupos de 1º de Bacharelato e un de 2º de Bacharelato no concurso "Xogo da Bolsa", organizado por Caixa Galicia.
- Visita de grupos de 2º de ESO ó Planetario Móbil instalado polo Concello de Betanzos no Edificio Liceo.
- Viaxe dun grupo de alumnos de 2º de Bacharelato a Austria para participar nun intercambio escolar con alumnos dun Instituto vienés.
- Viaxe dun grupo de alumnos de Bacharelato a Xixón, organizada polos Departamentos de Latín e Grego.
- Charla informativa do concurso literario organizado por Coca-Cola, dirixida ó alumnado de 2º de ESO.
- Charla informativa sobre transplantes de órganos, dirixida ó alumnado de 2º de Bacharelato e Ciclo Formativo Superior.
- Charla informativa sobre a LOU, impartida por alumnos da Universidade e dirixida ó alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
- Organización de rifas e peditorio solidario para contribuír ó financiamento dun proxecto da ONG "MANOS UNIDAS" para Guatemala.
- Asistencia ó ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera da Coruña, organizada polo Departamento de Música para os alumnos desta
materia de 1º e 2º de Bacharelato.
- Actuación na Aula Municipal de Cultura do grupo teatral "TEATRO DE TÍTERES", que puxo en escena a obra "Moros y cristianos". A
representación estivo dirixida ó alumnado de 1º de ESO e foi patrocinada polo Concello de Betanzos.
- Representación na Aula Municipal de Cultura da obra "Aventuras y desventuras del Lazarillo de Tormes". A representación estivo dirixida ó
alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato e foi patrocinada polo Concello de Betanzos.
- Actividades para conmemora-la festividade do Nadal:
- Actuación na Aula Municipal de Cultura do MAGO PABLO. Asistiu o alumnado de 1º e 2º de ESO e foi patrocinada polo Concello de
Betanzos.
- Actuación no Salón de Actos do Instituto da Banda de Música Municipal de Betanzos.
- Representación no Salón de Actos do Instituto do monólogo "Un Nadal distinto", patrocinado polo alumno José Ángel Paz Quintana, baixo a
dirección do profesor Constantino Chao.
- Competicións deportivas, organizadas polo Departamento de Educación Física:
- Partido de fútbol-sala entre unha selección de COU e outra de Bacharelato.
- Partido de balonmán feminino entre equipos de Bacharelato.
- Partido de balonmán masculino entre a Agrupación Deportiva "UNTIA" (do Instituto "Francisco Aguiar") e unha selección do resto do
Instituto.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- Exposición de Fotografía Matemática, organizada polo Departamento de Matemáticas.
- Visita dos alumnos de 1º de ESO á Exposición Matemática do Forum Metropolitano da Coruña e á Domus, organizada polo Departamento de
Matemáticas.
- Visita dos alumnos de 1º de ESO ó Centro Internacional de Estampa Contemporánea.
- Actividades de celebración do Antroido:
- Concurso de comparsas para os alumnos da ESO.
- Charla para os alumnos de Arte de 2º de Bacharelato, organizada polo Concello de Betanzos.
- Visita do alumnado de Tecnoloxía ó Colexio Vales Villamarín para coñecer o proxecto de Voz Natura sobre enerxías renovables, organizada polo
Departamento de Tecnoloxía.
- Visita dos alumnos de 2º D de Bacharelato ó Centro Internacional de Estampa Contemporánea, organizada pola profesora Mª Elena Martínez Lage.
- Exposición sobre "Mulleres Matemáticas", organizada polo Departamento de Matemáticas.
- Asistencia á representación da obra teatral "Los Gemelos" na Universidade Laboral da Coruña, organizada polo profesor Sebastián Buedo.
- Participación de dous grupos de 4º de ESO no Rallye Matemático Sen Fronteiras.
- Estancia dos alumnos e profesora do Instituto de Viena participantes no intercambio realizado co Instituto "Francisco Aguiar".
- Charlas sobre "Técnicas de búsqueda de emprego" para os alumnos do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Márketing.
- Charla para alumnos de 2º de Bacharelato sobre a Escola de Negocios Caixanova.
- Visita dos alumnos de Literatura Galega do século XX de 2º de Bacharelato á factoría do Castro-Sargadelos, organizada pola profesora Susana Franco.
- Participación de alumnos do Instituto no concurso Canguro Matemático.
- Visita dun grupo de alumnos de 2º de Bacharelato ó Museo das Mariñas, organizada pola profesora Pilar López.
- Participación de alumnos de 1º de Bacharelato no concurso musical "As Mocidades coa Nosa Lingua", organizada polo Equipo de Normalización
Lingüística.
- Participación de alumnos de 2º de ESO na Olimpiada Matemática.
- Participación de alumnos de 2º de ESO no concurso de redacción "Coca-Cola", baixo a coordinación da profesora Elvira Barge.
- Visita de alumnos de 2º de ESO ó Centro Internacional de Estampa Contemporánea, acompañados pola profesora Olga Patiño.
TERCEIRO TRIMESTRE:
- Actos de celebración do Cincuentenario do Instituto "Francisco Aguiar":
- Mostra Fotográfica e Documental "O INSTITUTO "FRANCISCO AGUIAR". 50 ANOS DE EDUCACIÓN EN BETANZOS", organizada
polo Instituto "Francisco Aguiar" e o Concello de Betanzos no Edificio Liceo.
- Conferencia do Director da Biblioteca Municipal e do Arquivo de Betanzos D. Alfredo Erias: "A eterna caza do xabarín".
- Actuación do grupo de metais BBC, integrado por alumnos do Instituto.
- Conferencia de D. José Antonio Taibo: "Internet. Nuevas tecnologías. Nuevas oportunidades".
- Concerto do grupo musical do Instituto "Francisco Aguiar", baixo a dirección da profesora Dª Ángeles Dolores Tagarro.
- Competicións deportivas internas.
- Charla dos humoristas gráficos D. Carlos López e D. David Pintor (Pinto&Chinto): "O humor gráfico na prensa".
- Recital poético "Mil anos de poesía" por alumnos de Bacharelato do Instituto "Francisco Aguiar", baixo a dirección do profesor D. Constantino Chao.
- Mesa Redonda sobre "Radio Instituto Laboral de Betanzos". Interviron D. José Luis de Tena Noguerol, Dª Carmen García Martín e D.
Marcelino Álvarez López.
- Conferencia do catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña D. José Antonio Fernández de Rota: "Betanzos como proyecto".
- Presentación do libro conmemorativo do 50 Aniversario da creación do Instituto "Francisco Aguiar", organizada polo Instituto "Francisco
Aguiar" e o Concello de Betanzos. Fixeron a presentación D. José Antonio Míguez Rodríguez, catedrático xubilado de Lingua e literatura do
Instituto "Francisco Aguiar" e D. Francisco Iglesias González, profesor titular de Periodismo na Facultade de Ciencias da Información da
Universidade Complutense de Madrid.
- Concerto do grupo musical do Instituto "Francisco Aguiar" baixo a dirección da profesora Dª Ángeles Dolores Tagarro.
- Competicións deportivas organizadas polo Departamento de Educación Física do Instituto "Francisco Aguiar", baixo a dirección de D.
Raimundo Fernández.
- Concerto da Banda Municipal de Música de Betanzos conmemorativo do Cincuentenario do Instituto, organizado polo Instituto "Francisco
Aguiar" e o Concello de Betanzos. O concerto foi presentado por D. Marcelino Álvarez López "Maíno".
- Misa polos profesores, alumnos e membros do persoal non docente falecidos.
- Comida conmemorativa do 50 Aniversario da creación do Instituto "Francisco Aguiar" de Betanzos.
- Viaxe cultural a Santiago de Compostela de alumnos de 2ºD de Bacharelato, organizada pola profesora Mª Elena Martínez Lage.
- Viaxe a Vigo de alumnos de 4ºC de ESO para recoller o segundo premio obtido no Rallye Matemático Sen Fronteiras.
- Participación de alumnos de 1º de Bacharelato na carreira "Correlingua", organizada polo Equipo de Normalización Lingüística.
- Visita de distintos grupos de alumnos á exposición sobre Frei Martín Sarmiento, organizada polo Concello de Betanzos.
- Exposición no Instituto sobre Durán Loriga, organizada polo Departamento de Matemática.
- Exposición sobre poliedros, organizada polo Departamento de Matemáticas.
- Actuación no Instituto do contador Avelino González.
- Charla do escritor Xosé Antonio Neira Cruz para alumnos de 4º de ESO.
- Asistencia á representación da obra teatral "A illa amarela", a cargo do grupo SARABELA TEATRO, organizada polo Concello de Betanzos.
- Acto de clausura de curso e entrega de diplomas e insignias á promoción de alumnos de 2º de Bacharelato, COU e Ciclo Superior de Xestión Comercial
e Márketing.

