
IES
"Francisco Aguiar"
PREMIOS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 2006 -
2007
PREMIOS
- Premio "Protagonistas del mañana" do Rotary Club de Betanzos. Os
alumnos que foron deste Instituto Simón Beceiro Cagiao e Mónica
Corral Zas obtiveron este premio convocado polo dito club como
recoñecemento a aqueles xoves que destacan especialmente polas súas cualidades
humanas e académicas. A entrega dos premios celebrouse o día 18 de novembro
con presencia dos rotarios e alcaldes da comarca. Nas diferentes intervencións
púxose de manifesto os méritos das premiadas, así como tamén a calidade do
labor formativo que se vén realizando desde o Instituto "Francisco Aguiar".
Ver foto.
- 20 decembro 2006. Premios do concurso literario "3º Certame de Contos
Ilustrados" convocados pola ONG "Acción contra a fame". Recibiron o primeiro,
segundo e terceiro as alumnas de 3º de ESO Verónica Caínzos Díaz,
Lucía Naya Ríos e Inés Barbeito Cal, respectivamente. Os premios
consistiron en lotes de libros. Ver
foto.
- Cristina Vidal González (á esquerda) e Ángela Fraga Quintana, alumnas de
2º de ESO deste Instituto, clasificáronse para a fase final da IX Olimipíada
Matemática Galega de 2º ESO que terá luguar en Vigo o 25 de maio.
Ver foto
- Alumnas premiadas no Concurso de Relato Curto sobre a exposición de
Matisse. O 1º Premio recaeu na alumna Carla Díaz Vilariño (á dereita) de 4º de
ESO co relato "A lagoa das cores" e o 2º Premio na alumna Carolina Cordal
Rodríguez con "A ponte sobre o Támese".
Ver foto.
- A alumna Ángela Fraga Quintana, de 2º de ESO, 3º premio na
edición do carto concurso "Mejor periodista juvenil" convocado por A Voz de
Galicia a través do programa Prensa-Escuela coa entrevista que lle realizou
ó Ilmo. Sr. D. Antonio Fraga Mandián, Magistrado-Juez da Coruña e que saeu
publicada o 23 de maio. Ver foto.
- Premio ó mellor Blog de Prensa Escuela de La Voz de Galicia correspondente
ó mes de maio, dirixido pola profesora Elvira Castro. O premio consiste nunha
visita guiada á Voz de Galicia, Fundación Caixa Galicia e a tres museos.
Invitación a desayuno e comida para 35 alumnos.
Ver foto.
ACTIVIDADES
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- 8-Setembro-2006: Participación de un grupo de alumnos/as de ESO e BAC no
intercambio cun instituto da cidade alemana de Nuremberg.
- Balonmán: Celebración durante todo o trimestre
da liga interna de Balonmán masculina e feminina con partidos nos recreos os
martes e xoves. Organizado polo profesor Raimundo Fernández.
- 6-Outubro-2006: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á obra de
teatro "Cuentos Pequeños" da compañía Hugo e Inés, dentro da exposición de
Galicreces, organizada polo Concello de Betanzos.
- 13-Outubro-2006: Asistencia de varios grupos de alumnos/as de 4º da ESO á
recreación do mitin de Lugrís no palco da música de Betanzos, organizado pola
Real Academia da Lingua Galega.
- 17-Outubro-2006: Excursión dunha parte dos alumnos/as de 3º da ESO a
Santiago. Organizada polo profesor Constantino Chao.
- 17-Outubro-2006: Realización dunha enquisa ós alumnos/as de 2º,3º,4º da
ESO e 1º de BAC sobre enfermedades respiratorias, dentro dun estudio da USC
sobre prevención.
- 19-Outubro-2006: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á pelicula "Dick y
Jane" na aula municipal de Cultura, dentro do ciclo Cinensino de prevención de
drogodependencias.
- 19-Outubro-2006: Charlas de Doazón de Sangue para alumnos/as de 2º de BAC
e Ciclos superiores, organizadas polo Centro de Transfusións de Galicia.
- 24-Outubro-2006: Charla para 1º de BAC sobre prevención de accidentes de
Tráfico, impartida pola asociación de lesionados medulares de Galicia.
- 26-Outubro-2006: Visita dos alumnos/as de 3º da ESO á exposición " O mais
natural " organizada pola Diputación de A Coruña.
- 9-Novembro-2006: Charla para 1º de BAC sobre doazón e trasplantes,
impartida pola oficina de coordinación e trasplantes do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo.
- 14-Novembro-2006: Asistencia dos alumnos/as de 4º da ESO na antigua Univ.
Laboral do Burgo á obra de teatro "School days". Organizada polo
Departamento de Inglés.
- 14-Novembro-2006: Excursión de alumnos/as de 1º de BAC ó pazo de Oca e
Mosteiro de Carboeiro. Organizada por Chus Amado e Julián Ferrer.
- 16-Novembro-2006: Exposición de Fotografías do intercambio con Nuremberg.
- 16-Novembro-2006: Exposición de carteis de literatura galega, feitos por
alumnos/as de 4º A. Organizado pola profesora Concha Delgado.
- 17-Novembro-2006: Asistencia dos alumnos/as de 2º da ESO ó ensaio da
orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera de A Coruña. Organizado
polo departamento de música.
- 17-Novembro-2006: Visita dos alumnos/as de Ciencias Medioambientais de 4º
da ESO á Exposición " Galicia , conservando a natureza" na sala de exposicións
do edificio Liceo. Organizada pola Diputación de A Coruña.
- 24-Novembro-2006: Participación dun grupo de alumnos/as de 3º da ESO no
concurso de Dibuxo e Pintura da ONCE. Organizado polo Departamento de
Plástica.
- 27-Novembro-2006: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á obra de Teatro:
" La vida de Rosa", dentro do programa de prevención da Violencia de Xénero.
Patrocinado polos Servicios Sociais do Concello de Betanzos.
- 29-Novembro-2006: Celebración do 25 Aniversario do Parlamento de Galicia
no Instituto Fr. Aguiar: "Diálogo coa escola" para alumnos de ESO e BAC. Coa
participación dos membros da mesa do parlamento, plantouse a continuación , a
"árbore do Diálogo" no xardín do Instituto.
- 14-Decembro-2006: Asistencia dos alumnos/as de 4º da ESO na aula de
cultura do concello de Betanzos, a unha obra de teatro sobre a "Emigración en
Galicia", patrocinada pola Concellalía de Cultura con motivo dos actos de
Nadal.
- 19-Decembro-2006: Excursión de alumnos/as de 3º da ESO a Santiago.
Organizada por Constatino Chao.
- 20-Decembro-2006: Torneo de Nadal de Xadrez, coa participación de
alumnos/as do instituto. Organizado por Oscar García.
- 21-Decembro-2006: Excursión á Fundación Camilo Jose Cela en Padrón de
alumnos/as de 4º da ESO. Organizada por Concha Barrilero.
- 22-Decembro-2006: Actos de Fin de Trimestre:
- Música: Cantigas de Nadal no salón de actos para alumnos/as de 1º de BAC,
actuándo alumnos/as de música de 1º e 2º de BAC. Actuación posterior de
alumnos/as de música de 2º , 3º e 4º da ESO para os seus compañeiros,
interpretando villancicos e diversos temas. Organizado polo Departamento de
Música.
- Teatro: Representación para alumnos/as do instituto da obra: "Retablo do
Nadal", polo grupo de teatro do IES Fr. Aguiar, dirixido por Constantino Chao.
- Balommán: Finais do Torneo de Nadal de Balonmán masculino e feminino entre
seleccións de 1º e 2º de BAC, entrega do trofeo Concha Paz.
Organizado polo profesor Raimundo Fernández.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- 12-Xaneiro-2007: Asistencia no Burgo, dos alumnos/as de Francés á
obra de Teatro : "La tour du monde en farces". Organizado polo Departamento de
Fránces.
- Xaneiro- 2007 : Charlas de prevención de drogodependencias para alumnos/as
da ESO, dadas polo psicólogo do Departamento de Asuntos Sociais do Concello de
Betanzos.
- 23-Xaneiro-2007: Excursión ó Castelo de Santa Cruz dos alumnos/as de 3º
B+E da ESO. Organizada polo profesor Julián Ferrer.
- 24-Xaneiro-2007: Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á proxección na
aula municipal de cultura da película : "Sky High", dentro do programa
Cinensino de prevención de drogodependencias. Patrocinado polo Concello de
Betanzos.
- 26-Xaneiro-2007: Excursión ó Castelo de Santa Cruz dos alumnos/as de 3º
A+D da ESO. Organizada polo profesor Julián Ferrer.
- 29-Xaneiro-2007: Visita ó CIEC de Betanzos dos alumnos/as de 1º da ESO
para realización dun gravado e coñecemento das técnicas de elaboración dos
gravados.
- 29-Xaneiro-2007: Excursión ó Castelo de Santa Cruz dos alumnos/as de 1º
D+E de BAC. Organizada polo profesor Julián Ferrer.
- 30-Xaneiro-2007: Charla para os alumnos/as de 2º de BAC por parte da
Universidade de Santiago de Compostela para informalos da súa oferta
educativa.
- 31-Xaneiro-2007: Presentación da serie documental de TVE en Galicia "25
anos de Autonomía ", por parte da Conselleira de Educación.
- 1-Febreiro-2007: Presentación do Concurso Nacional de Redacción
"Coca-Cola" ós alumnos/as de 2º da ESO.
- 15-Febreiro-2007: Asistencia dos alumnos/as de 3º A+B+E da ESO no Burgo, á
obra de Teatro : " El Coloquio de los perros". Organizada polo profesor
Constantino Chao.
- 15-Febreiro-2007: Partido de Baloncesto entre seleccións de 2º e 3º da
ESO.
- 16-Febreiro-2007: Partidos de Balommán entre as seleccións "Iberos /
Celtas " no polideportivo do instituto. Organizados polo profesor Raimundo
Fernández.
- 16-Febreiro-2007: Asistencia dos alumnos de 2º da ESO á proxección da
película "Les visiteurs" no salón de actos do 1º ciclo.
- 16-Febreiro-2007: Asistencia dos alumnos de 1º da ESO ó espectáculo de
maxia do mago "Romarís", no salón de actos. Patrocinado polo Concello de
Betanzos.
- 17-Febreiro-2007: Saída para Hungría dos participantes no intercambio coa
fundación para a promoción da cultura do centro "Károlyi Mihály" de Budapest.
- 23-Febreiro-2007: Charla para os alumnos de 2º de BAC da Escola Superior
de Hostelería de Galicia.
- 27-Febreiro-2007: Asistencia a unha obra de teatro, dos alumnos/as de
Inglés de 2º de BAC no Burgo. Organizado polo Departamento de Inglés.
- 27-Febreiro-2007: Charla para os alumnos de Relixión da ESO e BAC, do
sacerdote Javier Porro sobre "Xuventude e Relixión".
- 1-Marzo-2007: Charla para 2º da ESO do escritor Joan Manuel Gisbert.
Organizada pola profesora Elvira Castro.
- 8-Marzo-2007: Charla para os Ciclos Superiores de Comercio-Marketing e
Información e Comercialización Turísticas sobre "Creación de Empresas", dada
pola Cámara de Comercio de A Coruña
- 8-Marzo-2007: Charla para os Ciclos Superiores de Comercio-Marketing e
Información e Comercialización Turísticas sobre "Técnicas de búsqueda de
empleo ", dada pola Cámara de Comercio de A Coruña.
- 14-Marzo-2007: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Comercio e
Marketing á Zona Franca de Vigo.
- 24-Marzo-2007: Participación de 10 alumnos/as de 2º da ESO no Concurso de
Redacción Nacional Coca-Cola.
- 27-Marzo-2007: Excursión de alumnos/as de 1º de BAC a Salou.
- 27-Marzo-2007: Excursión de alumnos/as de 3º A+B+D da ESO ó Monte do Gato.
Organizada polo profesor Julián Ferrer.
- 29-Marzo-2007: Excursión de alumnos/as de Arte de 2º de BAC a Santiago de
Compostela. Organizada pola profesora Pilar López.
- 30-Marzo-2007: Etapa "Ferrol/Pontedeume" do Camiño Inglés de Santiago na
que participan alumnos/as de 3º da ESO organizados polo profesor Constantino
Chao.
- 30-Marzo-2007: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Información e
Comercialización Turísticas ós Hoteles AC e Barceló de A Coruña.
TERCEIRO TRIMESTRE:
- 12-Abril-2007: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Información e
Comercialización Turísticas ás Xornadas de Turismo Cultural de Cambados.
- 12-Abril-2007: Recepción do intercambio realizado coa
fundación para a promoción da cultura do centro "Károlyi Mihály" de Budapest.
( Hungría ).
- 12-Abril-2007: Participación de 60 alumnos/as de 2º da ESO no concurso de
"Mejor periodista Juvenil" patrocinado por Caixa Galicia e A Voz de Galicia.
- 13-Abril-2007: Visita dos alumnos/as de 1º da ESO á Aula de Natureza de
Chelo. Organizado polo profesor Gonzalo Tizón e Leonor Seijo.
- 17-Abril-2007: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Información e
Comercialización Turísticas a Inditex.
- 18-Abril-2007: Asistencia á proxección da pelicula "Pequeños Salvajes" del
ciclo Cinensino de prevención de drogodependencia. Patrocinada polo concello
de Betanzos.
- 23-Abril-2007: Asistencia dos alumnos/as de 1º de BAC a obra de Teatro :
"Memoria do 36", na aula municipal de cultura. Patrocinada polo concello de
Betanzos.
- 23-Abril-2007: Asistencia de alumnos/as de 3º da ESO no Burgo a obra de
Teatro "Don Juan Tenorio". Organizada polo profesor Constantino Chao.
- 23-Abril-2007: Charla para os alumnos/as de 2º da ESO por parte da
escritora Blanca Alvarez. Organizada pola profesora Elvira Castro.
- 24-Abril-2007: Visita dos alumnos/as de 2º de BAC ó Forum Orienta, no pazo
de Exposicións e Congresos de Santiago para informarse da oferta educativa das
universidades galegas e o proceso da selectividade.
- 24-Abril-2007: Excursión dos alumnos/as de 3º A+B da ESO a Ferrol.
Organizada pola profesora Julia Dopico.
- 27-Abril-2007: Participación de 8 alumnos/as de 2º da ESO na Olimpiada
Matemática.
- 3-Maio-2007: Charla para os alumnos/as de 2º de BAC sobre os ciclos de
Información e Comercialización Turísticas e Comercio e Marketing impartidos no
noso instituto.
- 4-Maio-2007: Concurso de Sudoku para todolos alumunos/as do centro.
Organizado polo Departamento de Matemáticas.
- 8-Maio-2007: Excursión á Capelada de alumnos/as de 4º A+B+C da ESO.
Organizada pola profesora Teresa Cruz.
- 9-10-Maio-2007: Visita á Central Térmica de Meirama de alumnos/as de 3º da
ESO. Patrocinada polo Rotary Club de Betanzos.
- 10-Maio-2007: Visita do animador de lectura "Benxamín Miguez" ós
alumnos/as de 2º da ESO, para comentar o libro "Las Lágrimas de Shiva".Organizada
pola profesora Elvira Castro.
- 10-Maio-2007: Participación dos alumnos/as de 3º da ESO nas ponencias do
primeiro congreso de Educación Ambiental "Defendamo-lo noso patrimonio
natural", celebrado en Mera. Organizado polo profesor Julián Ferrer.
- 10-Maio-2007: Charla do escritor "Jesus Fraga" para alumnos/as de 4º da
ESO e de 2º de BAC de Lingua Galega. Organzada polo Departamento de Lingua
Galega.
- 12-Maio-2007: Participación dun grupo de alumnos/as de 4º da ESO na Feira
Matemática do Día Escolar das Matemáticas, no palacio da ópera de A Coruña,
organizando un concurso de Sudokus. Colaborando o Departamento de Matemáticas
do IES Francisco Aguiar.
- 16-Maio-2007: Visita dos alumnos/as do Ciclo Superior de Xestión Comercial
e Marketing a Gadisa.
- 18-Maio-2007: Asistencia dos alumnos/as do Ciclo Superior de Xestión
Comercial e Marketing á inaguración da Feria Incoart en Bergondo.
- 18-Maio-2007: Acto de Final de Curso para alumnos/as de 2º de Bac e
Ciclos, no salón de Actos, con asistencia dos familiares.
- 21-Maio-2007: Asistencia dun grupo de alumnos/as de 3º da ESO á obra
de Teatro :"La tentación de probar" . Organizado polo profesor de Lingua e
Literatura Castelá Constantino Chao.
- 21-Maio-2007: Asistencia dos alumnos/as de 1º de BAC a unha Charla Lúdico-pedagóxica
sobre Maria Mariño na aula de Cultura do Concello de Betanzos, dentro dos
actos das Letras Galegas.
- 23-Maio-2007: Campionato de Xadrez no que participaron alumnos/as da ESO e
de BAC. Organizado polo profesor Oscar García.
- 23-Maio-2007: Realización de Gravados con textos da Homenaxeada María
Mariño por parte de alumnos/as de 3º A da ESO, coa colaboración da profesora
de Galego Uxía López. Patrocinado polo concello de Betanzos que nos aportou ó
coñecido artista gravador Omar Kessel.
- 25-Maio-2007: Participación na Olimpiada Matemática en Vigo de dúas
alumnas de 2º da ESO.
- 25-Maio-2007: Finais do Campionato de Balonmán no pavillón polideportivo
do Instituto. Organizado polo profesor de Educación Física Raimundo Fernández.
- 4-Xuño-2007: Charla para 4º da ESO de Javier Ares "Japy" sobre Greenpeace.
- 19-Xuño-2007: Obra de teatro para alumnos/as de 1º da ESO feita por un
grupo creado pola Profesora de Inglés Olga Patiño, con alumnos/as de 2º E da
ESO.
- 20-Xuño-2007: Final do Torneo de Fútbol Sala para 1º e 2º da ESO.
Organizado pola profesora de Educación Física Delia Vazquez.
- 21-Xuño-2007: Excursión de alumnos/as de 3º da ESO a O Pindo. Organizada
polo profesor de Historia Julián Ferrer.
- 22-Xuño-2007: Etapa do camiño Inglés : Miño/Betanzos, realizada por un
grupo de alumnos/as de 3º da ESO. Organizada polo profesor Constantino Chao.
- 25-Xuño-2007: Visita de alumnos/as de 2º da ESO gañadores do millor Blog
do mes de Maio no Programa de Prensa-Escuela, as instalacións da Fundación
Caixa Galicia, Casa dos Peces, Museo e redacción da Voz de Galicia. Organizado
pola profesora de Lingua e Literatura Castelá Elvira Castro.
-

