
IES
"Francisco Aguiar"
PREMIOS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - CURSO 2007 -
2008
PREMIOS
- 21-Decembro-2008. Concurso de relato sobre tema navideño en galego. Os
dous primeiros premios, que consistiron en vales de 15 €, recaeron nas alumnas
Paula Mourelo Franco e Lucía Vázquez Seoane e o segundo, que consistiu nun
libro, na alumna Antonella Codutti Cerezuela.
ACTIVIDADES
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- Do 23-Setembro-2007 ó 3-Outubro-2007 : Participación dun grupo de
alumnos/as de ESO e BAC no intercambio cun Instituto da cidade italiana de
Perugia. Organizada polas profesoras Lucía Sáez e Uxía López.
- 4-Outubro-2007 : Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO ó teatro de
sombras tradicionais "The Magic Tree" na Aula de Cultura. Patrocinada polo
Concello de Betanzos.
- 18-Outubro-2007 : Conferencia para os alumnos/as de 2º BAC " A
recuperación da Memoria Histórica na Comarca de Betanzos" impartida por E.
Barrera. Organizada polo Departamento de Lingua Castelá.
- 26-Outubro-2007 : Exhibición de Xadrez para alumnos/as de ESO e BAC.
Organizada polo profesor Oscar García.
- Novembro 2007 : Liga de Balonmán para alumnos/as de 4º da ESO, 1º e 2º
de BAC, con partidos celebrados nos recreos os luns, martes e xoves.
Organizada polo profesor Raimundo Fernández.
- 6 e 7-Novembro-2007 : Representación teatral "Tía, que forte"para os
alumnos/as de 1º, 3º F e 4º F da ESO. Patrocinada polo Concello de Betanzos.
- 7-Novembro-2007 : Asistencia dos alumnos/as de 2º da ESO á obra "A New
Country" no IES Cruceiro Baleares. Organizada polo Departamento de Inglés.
- 13-Novembro-2007 : Visita dos alumnos/as da 4º A+B+E da ESO a Padrón: Casa de
Rosalía e Fundación Cela. Organizada polo Departamento de Lingua Castelá.
- 20-Novembro-2007 : Asistencia dos alumnos/as de 1º BAC á obra "Dr.
Jekyll & Mr. Hyde" no IES Cruceiro Baleares. Organizada polo Departamento de
Inglés.
- 29-Novembro-2007 : Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO á película "
Alex Rider: Operación Stormbreaker" do ciclo Cinensino de prevención de
drogodependencias, na Aula de Cultura. Patrocinada polo Concello de
Betanzos.
- 29-Novembro-2007 : Lecturas "Contra a Violencia de Xénero" para os
alumnos/as de 4º da ESO. Organizadas polo profesor Constantino Chao.
- 30-Novembro-2007 : Asistencia dos alumnos/as de 4º da ESO a un concerto
didáctico da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera de A Coruña.
Organizada polo Departamento de Música.
- 30-Novembro-2007 : Exposición informativa sobre a SIDA na entrada dos
dous edificios do Instituto. Organizada pola Cruz Vermella.
- 12-Decembro-2007 : Charla para 2º de BAC sobre doazóns e trasplantes,
impartida pola Oficina de Coordinación e Trasplantes do Complexo
Hospitalario Juan Canalejo.
- 13-Decembro-2007 : Liga de Balonmán para os alumnos/as de 4º da ESO, 1º
e 2º de BAC. Organizada por profesor Raimundo Fernández.
- 17-Decembro-2007 : Enquisa para os alumnos/as de 4º A da ESO sobre
conductas saudables e de risco para a saúde. Organizada pola Dirección Xeral
de Saúde Pública.
- 18-Decembro-2007 : Visita dos alumnos/as de 4º C+D+F da ESO a Padrón: Casa de
Rosalía e Fundación Cela. Organizada polo Departamento de Lingua Castelá.
- 18-Decembro-2007 : Charla sobre Sexualidade para os alumnos/as de 3º da
ESO. Organizada polo Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade "Quérote" de Santiago.
Patrocinada pola Casa da Xuventude de Betanzos.
- 18-Decembro-2007 : Charla para 1º de BAC sobre a prevención de
accidentes de tráfico "Te puede pasar", impartida pola asociación de
lesionados medulares de Galicia.
- 18-Decembro-2007 : Inauguración da exposición de I e II Premio de Banda
Deseñada Castelao no Salón de Actos do 1º Ciclo. Organizada pola Deputación
de A Coruña.
- 19-Decembro-2007 : Asistencia dos alumnos/as de 1º da ESO ó Belén no
Liceo de Betanzos. Organizada polo Departamento de Relixión.
- 20-Decembro-2007 : Marcha a pé dos alumnos/as de 4º da ESO Pontedeume -
Betanzos. Organizada polo profesor Constantino Chao.
- Do 17 ó 21-Decembro-2007 : Exposición de carteis sobre o himno galego,
feitos por alumnos/as de 2º D e 3º F da ESO. Organizada polo Departamento de
Lingua galega.
- Do 18 ó 21-Decembro-2007 : Actuacións musicais de Nadal nos recreos.
Organizadas polo Departamento de Música.
- 21-Decembro-2007 : Actividades de Nadal:
- Torneo de Xadrez coa participación de alumnos/as
do Instituto e do colexio Vales Villamarín. Organizado polo profesor
Oscar García.
- Torneo de Balonmán para
alumnos/as de 4º da ESO, 1º e 2º de BAC. Organizado polo Departamento de
Educación Física.
- Teatro: Pezas Curtas de Nadal para alumnos/as de
3º da ESO. Organizado polo profesor Constantino Chao.
- Conferencia "Vida na Antártida" pola bióloga
Adoración Sánchez Matas para alumnos/as de 4º da ESO. Patrocinada polo Concello de Betanzos.
- Actuación musical de Carlos Childe & the Trouppe
para os alumnos/as de 2º da ESO. Patrocinada polo Concello de Betanzos.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- 16-Xaneiro-2008 : Charla sobre o concurso de "Relato Corto" para
alumnos/as de 2º da ESO. Organizada por Coca-Cola.
- 17 e 18-Xaneiro-2008 : Charla "La adolescencia y tú" para alumnos/as de 2º
da ESO, desenrolada por marcas de hixiene íntima e asesorada polo "Grupo de
Ginecología de la infancia y Adolescencia".
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- Conmemoración do Día da Biblioteca (24 de outubro). O alumnado da ESO fixo
unha actividade na biblioteca consistente na búsqueda de libros por grupos
seguindo unhas pistas.Foron acompañados por profesores de diversas áreas.
- Como apoio á actividade de Teatro organizada polo
Departamento de Inglés para asistir á representación de “Dr. Jeckyll & Mr.
Hyde”, presentouse na entrada do centro unha exposición de materiais
relacionados coa obra.:
- Diversas edicións da obra en
galego, español e inglés dispoñibles na biblioteca
- Outras obras de R. L. Stevenson
dispoñibles na biblioteca.
- Obras literarias e
cinematográficas do fondo da biblioteca que tratan temas relacionados: a
loita entre o ben e o mal, a esquizofrenia, outros monstros célebres na
historia da literatura e o cine...
- Reproduccións artísticas de
autores e obras realizadas baixo a influencia da esquizofrenia ou outras
alteracións psicolóxicas.
- Durante tres días e aproveitando
os recreos podíase ver na entrada do instituto fragmentos de películas
relativas ó tema: versións de Dr. Jekyll & Mr. Hyde, Star War, Señor
dos Aneis, unha mente maravillosa, unha visión humorística da
serie de animación Tom & Jerry...
- Durante todo o tempo da exposición
estivo ó dispor do alumnado e profesorado pequenos fragmentos de obras
literarias relacionas co tema . Foron impresas en pequena
cartoliñas de cor para que as levaran libremente. Tiveron grande éxito.
- No mes de decembro convocouse un concurso de relato sobre tema navideño
en galego. Pese a non ter unha grande participación as obras presentadas
amosaron un bo nivel de calidade. Entregáronse os premios na biblioteca do
edificio do 1º ciclo o último día do primeiro trimestre.
- Como animación á lectura para as vacacións de Nadal presentouse unha
exposición nas entradas de ambos edificios. O título era "Polo Nadal,
agasállate cunha lectura". Presentábase a diversos membros da comunidade
escolar, alumnado, profesorado, administrativos, conserxes...en fotografías
cunha parte da cara agachada tras dun libro e cunha recomendación para ler
polo Nadal un libro, o que cada quen decidíu elexir.
SEGUNDO TRIMESTRE:
- No mes de Xaneiro os grupos de traballo da biblioteca organizaron dúas
sesións de docencia para introducir o cómic na nosa práctica docente. As
sesións iniciáronse baixo a dirección de Miguel Anxo Prado que presentou a
súa conferencia "A linguaxe do cómic" nos días 17 e 31 de xaneiro. Invitouse
a todo o profesorado do centro.
ACTIVIDADES DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA
PRIMEIRO TRIMESTRE:
- Edición da revista nº 1 de banda deseñada do IES Francisco Aguiar.

