AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Actividades e Premios: Curso 1996-1997

* Actividades de fin de trimestre: O Grupo de Teatro do Instituto puxo en escena a obra "El sillón mágico". Entrega de Premios do Certame Literario organizado polo Seminario de Lingua Española. (6 de xuño).

* Exposición dos traballos feitos polos alumnos de EATP de Fogar, baixo a dirección da profesora da materia.

* Exposición Multilingüe (Galego, Euskera, Catalán, Balear e Valenciá) organizada polo Equipo de Normalización Lingüística (Primeira semana de xuño).

* Festa de Fin de Curso para alumnos de COU, con concerto de jazz a cargo do grupo ADN e entrega de diplomas. (30 de maio)

* CONTACONTOS a cargo do Primeiro encontro internacional de Contadores de Contos, para alumnos de 1º . Actuaron Cándido Pazó e Roger Colom. (22 de maio)

* Visita a este Centro dos alumnos de 8º de EXB de Monfero (22 de maio)

* Visita didáctica a Chelo para dous grupos de 1º, organizada pola profesora do Seminario de Ciencias Naturais Dna. Teresa Cruz (20 de maio).

* Actividades organizadas polo EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA para o día das Letras Galegas para todos os niveis: Recital de Poesías con diplomas e premios, Actividades Lúdico-Deportivas con agasallos e Bailes Nacionais cantados e musicados. (16 de maio de 1997).

* Concerto didáctico da BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA de Betanzos, organizado polo Concello e dirixido ós alumnos de Música de 1º de BUP. (12 de maio de 1997).

* Talleres de Educación Medioambiental para alumnos de 2º de BUP (Do 5 ó 13 de maio de 1997).

* Charla do escritor Xavier Docampo, organizada polo Seminario de Lingua e Literatura Galegas para alumnos de 1º de BUP (30 de abril de 1997).

* Charla-Coloquio do Novelista A. Martínez Menchén, organizada polo Seminario de Lingua e Literatura Españolas e dirixido a 2º de BUP. (22 de abril de 1997).

* Conferencia de Martiño Santos sobre Emprego Xuvenil en Galicia, organizada pola Asociación de Alumnos do IB Francisco Aguiar e dirixida a 3º de BUP (8 de abril de 1997).

* Conferencia sobre o Tabaco impartida polos responsables da Área de Medicina Preventiva de A Coruña, organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e dirixido a alumnos de 3º de BUP (13 de marzo de 1997).

* Participación de 36 alumnos de 1º de BUP no 5º Rally Matemático sen Fronteiras patrocinado pola ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia) e organizado pola profesora Dna. Marisol Pérez, conseguindo o 4º premio e só superados por alumnos de niveis superiores. (Data da proba: 11 de marzo de 1997. Recollida do premio: 30 de abril de 1997 na Facultade de Matemáticas de Santiago).

* Talleres de Poesía e Teatro, impartidos por Paco Souto e Eduardo Estévez e organizados polo Seminario de Lingua e Literatura Españolas para alumnos de 2º e 3º de BUP coa EATP de Teatro (marzo de 1997).

* Dúas representacións teatrais en inglés a cargo da compañía MOVING PARTS, na Aula Municipal de Cultura da obra de teatro "TEEN IDOL", organizado polo Seminario de Inglés para alumnos de 1º e 2º de BUP (25 de febreiro de 1997).

* Asistencia dos alumnos de 1º de BUP ós Concertos Didácticos da Orquesta Sinfónica da Coruña, co patrocinio do Concello de A Coruña e que tiveron lugar no Auditorio de A Coruña. Foron organizados polo Seminario de Música. (a partir de xaneiro de 1997).

* Talleres de Orientación Sexual para alumnos de 1º e 3º, impartidos polo Centro Xove de Anticoncepción de Santiago e organizados pola Vicedirección (xaneiro e febreiro de 1997).

* Actividades de fin do 1º trimestre (20 de decembro de 1996):
- Competicións deportivas, nas que participaron alumnos do Instituto de Formación Profesional.
- Actuación do grupo de teatro do Instituto que, baixo a dirección do profesorado da EATP de Teatro e a colaboración da profesora de Música, puxeron en escena unha "Homenaxe ó cine".
- Actuación da Banda Municipal de Música, da que forman parte alumnos e profesores do Instituto.
- Actuación do grupo "Azougue", do que forman parte alumnos do Instituto.
- Interpretación de vilancicos por parte de alumnos e profesores do Instituto.

* Concurso de Carteis organizado polo Equipo de Normalización Lingüística. O Cartel gañador foi publicado e repartido entre alumnado e profesorado.

* Representación na Aula Municipal de Cultura pola Compañía ÁNCORA PRODUCCIÓNS da obra "Ladraremos". Asistiu o alumnado de COU e o patrocinio correspondeu ó Concello de Betanzos. (17 de decembro de 1996).

* Representación na Aula Municipal de Cultura pola Compañía UVEGÁ TEATRO da obra "Pa". Asistiu o alumnado de 3º de BUP e o patrocinio correspondeu ó Concello de Betanzos. (21 de outubro de 1996).

Páxina inicialAtrás