AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Actividades e Premios: Curso 1997-1998

1.- ACTIVIDADES TEATRAIS

- Representación na Aula de Cultura polo dúo cómico "Mofa e Befa", organizado pola Vicedirección para alumnado de 3º de BUP e 2º de BUP de teatro (18-12-97).

- Representación de catro obras a cargo de alumnado de teatro do Instituto. A organización correu a cargo do profesorado responsable e da Vicedirección. As representacións tiveron lugar na Aula de Cultura.

Fablilla do secreto ben gardado
O mancebo que casou coa muller brava.
Pic-Nic
La casa de Bernarda Alba.

- Representacións de oito obras de teatro ó longo de todo o curso: Nadal,l Entroido e fin de curso. A organización correu a cargo do profesorado responsable da EATP de teatro coa colaboración da Vicedirección:

Fablilla do secreto ben gardado.
O mancebo que casou coa muller brava.
Pic-Nic.
La casa de Bernarda Alba.
Érase una vez la Revolución.
Aquí no paga nadie.
El destino no negocia.
Farsa y justicia del corregidor.

As representacións tiveron lugar no Salón de Actos do Centro.


2.- XORNAL

- A elaboración do Xornal do centro "Papeis Morea", xa no octavo número, desenvolveuse ó longo de todo o curso en tardes libres coordinado pola vicedirección. A presentación tivo lugar en maio, no salón de actos. A tirada foi de 1.000 exemplares.

O xornal contou coa colaboración dun elevado número de alumnos e profesores.


3.- ACTIVIDADES MUSICAIS

- Actuación da Banda de música de Betanzos, dentro dos actos de fin do primeiro trimestre. Entre os compoñentes da banda figuran alumnos e profesores do instituto e do colexio de EXB.

- Actuación do grupo folclórico "Azougue", que cantaron vilancicos e cancións tradicionais dentro dos actos do fin do primeiro trimestre. Deste grupo forman parte alumnas do instituto.

- Asistencia de alumnos e alumnas de 1º de BUP a diversos concertos didácticos da Orquestra Sinfónica de Galicia. A organización correu a cargo do seminario de Música, coa colaboración do Concello da Coruña.

- Actuacións de Grupos folclóricos dos que forman parte alumnos e alumnas do instituto, dentro das actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística para celebra-la festividade das letras Galegas.

- Concerto da Banda de Música de Betanzos para alumnos e alumnas de primeiro na Aula Municipal de Cultura. A organización correu a cargo do Seminario de Música e a Vicedirección, coa colaboración do Concello de Betanzos.

- Este ano tivo lugar a celebración dun concerto a cargo do alumnado do Conservatorio da Coruña. A organización correu a cargo do Seminario de Música e celebrouse na Aula de Cultura.



4.- ACTIVIDADES DEPORTIVAS

- O seminario de Educación Física organizou diversas actividades deportivas ó longo do curso, entre as que cabe citar un campionato de Futbol. Nelas participaron alumnos de tódolos cursos.

- Campionato de fútbol sala, celebrado no Polideportivo Municipal, no que se enfrontaron equipos do instituto de BUP e de Formación Provisional.

- Xincana Lúdico-cultural organizada polo E.N.L co gallo das letras Galegas.



5.- CONCURSOS

- Concurso de disfraces dentro da festividade do Entroido.

- Concurso de pasatempos matemáticos celebrados co callo das letras galegas e a cargo do alumnado da EATP "Taller de matemáticas".

- Concurso de calendario-cartel organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.

- Concurso literario organizado polo Seminario de Lengua e Literaturas españolas.

- Participación de 5 grupos de 2º de BUP, baixo a dirección da profesora Dª Marisol Pérez, no Rallye Matemático Sen Fronteiras. Obtiveron o 1º Premio.

- Participación no concurso "Ruta Quetzal".

- Participación no Concurso de Teatro Xuvenil e Escolar organizado pola Consellería de Cultura, Muller e Xuventude.



7.- EXPOSICIÓNS

- Exposición dos traballos realizados polos alumnos e alumnas da EATP de Fogar.

- Exposición dos traballos realizados polo alumnado da EATP de Taller de Matemáticas.

- Exposición sobre Marte, realizada polo Gabinete de Normalización Lingüística do IES de Caldas de Reis (Pontevedra) que tivo lugar no mes de maio.

- Exposición de traballos realizados polos alumnos/as de 2º e 3º sobre Federico GArcía Lorca, organizada polo Seminario de Lingua Española.



8.- SAÍDAS, VIAXES E EXCURSIÓNS

- Excursión de 3º a Barcelona.

- Saída a Madrid, organizada polo Seminario de Xeografía e Historia, para visitar os museos do Prado e Tyssen. Alumnado de COU de letras.

- Saída a As Pontes, organizada polo Equipo de Normalización Lingüística, como resultado dun intercambio escolar realizado polos alumnos de ambos Centros.

- Intercambio escolar entre alumnos/as do Centro e Alumnado Americano, durante o curso 97-98, organizado polo Seminario de Inglés.

- Participación na Marcha Contra a Explotación Infantil celebrada na Coruña o 05 de maio de 1998, organizado pola Vicedirección en colaboración co Seminario de Xeografía e Historia. Destinado a 80 alumnos/as de 2º.

- Viaxe á neve (Andorra), con 22 alumnos/as de 1º BUP organizada polo Seminario de Educación Física.

- Viaxe á neve (Manzaneda), para 140 alumnos/as de 2º BUP, organizada pola profesora Dª Olga López López.

- Saída de 6 grupos de 1º BUP á "Aula do río en Chelo".



9.- CHARLAS E CONFERENCIAS

- Conferencia sobre a cidade inca de Vilcabamba e a figura de Juan de Betanzos, a cargo da profesora Dª Carmen Martín Rubio, para catro grupos de 3º de BUP (05-02-98). Organizada pola Vicedirección.

- Charla-coloquio sobre o Sáhara, dentro da campaña "Imos da-la lata" organizada pola Vicedirección para seis grupos de 2º BUP.

- Conferencia socio-lingüística a cargo do profesor D. Ramón Freixeiro, organizada polo Equipo de Normalización Lingüística para alumnado de COU.

- Campaña informativa sobre "Doazón de sangue" organizada pola Vicedirección para alumnado maior de 18 anos.

- Charla sobre "Primeiros Auxilios" organizada pola Vicedirección para alumnado de 2º BUP.



10.- PREMIOS

- 1º Premio do Rallye Matemático, obtido polos alumnos/as de 2º G. O premio consistiu nunha viaxe a Toulouse.

- Premio Extraordinario de Bacharelato obtido polo alumno Marcos Graña Nogueira de COU-F.

- Obtención dunha beca da Fundación Barrié de la Maza pola alumna María Velasco Quintanilla.

 

11.- VARIOS

- Campaña "Coñece a túa Biblioteca", organizada pola Vicedirección e dirixida a alumos/as de 1º BUP co fin de que coñezan o material e as formas de usalo e consultalo.

- Talleres de Orientación Sexual, impartido polo Centro Xove de Anticoncepción de Santiago. Organizados pola Vicedirección, para alumnos/as de 1º e 3º BUP.

- Recital poético a cargo do colectivo "Ollo", organizado pola Vicedirección para alumnado de 3º.

- Gravación do programa de radio escolar en Onda Cero (A Coruña) e na Radio de Betanzos, con alumnos/as de 1º e 3º de BUP. Organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.

- Actividades de celebración do Nadal.

- Actividades de celebración do Entroido.

- Actividades de fin de curso para alumnado de COU, que consistiu na entrega de diploma e pin do Centro e que contou coa participación musical dun grupo de alumnos do propio Centro.

- Actividades de celebración do Día das Letras Galegas.

- Actividades de Fin de Curso, que consistiron nunha representación teatral a cargo do alumnado de 3º de BUP da obra de Darío Fo "Aquí no paga nadie".

Páxina inicialAtrás