AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Actividades e Premios: Curso 1998-1999

PRIMEIRO TRIMESTRE:

- Campaña de doazón de sangue, dirixida ó alumnado de COU.

- Charla sobre a SIDA, destinada ó alumnado de 3º de BUP, organizada pola Cruz Vermella de Betanzos.

- Representación da obra A Odisea pola compañía teatral MONIKREKES DE KUKAS, para o alumnado de 2º de BUP. A representación tivo lugar na Aula Municipal de Cultura e foi patrocinada polo Concello de Betanzos.

- Actuación da contacontos Paula Carballeira, dirixida ó alumnado de 3º de ESO e patrocinada polo Concello de Betanzos.

- Actividades de celebración da festividade do Nadal:

. Representación da obra La espada del rey Arturo polo grupo de teatro do Instituto, integrado por alumnos da asignatura de Teatro (Departamento de Lingua Castelá e Literatura).

. Actuación da compañía de teatro MINERVA, que puxo en escena a obra Descontos, dirixida ó alumnado de 1º e 2º de ESO.

. Actuación da Banda de Música Municipal.

. Competicións deportivas realizadas nas instalacións do Polideportivo Municipal.

SEGUNDO TRIMESTRE:

- Participación no concurso EUROSCOLA. Un grupo de alumnos/as de 3º de BUP realizaron o proxecto dunha campaña para a integración dos diminuídos na sociedade. As actividades realizáronse entre os meses de novembro e xaneiro en horario non lectivo.

- Programación de actividades relacionadas co intercambio escolar que se levará a cabo entre 22 alumnos do IES Francisco Aguiar e 22 alumnos/as do IES Mare de Deu de la Candelera. As datas previstas para dito intercambio son as seguintes: os alumnos/as do noso centro viaxarán a Catalunya na primeira semana de maio e eles virán a Betanzos na segunda semana do mes de Xuño. Para a realización desta actividade solicitouse unha subvención a través da Secretaría de Becas (M.E.C.) que foi concedida ós dous centros.

- Participación nos Proxectos Educativos Europeos - COMENIUS (Acción 1). Proxecto común entre o noso centro, un centro de Illa Reunión e un centro da cidade de Roma.

- Charlas sobre Monitores de Senderismo destinada a alumnado de 3º de BUP e organizada polo persoal da Casa da Xuventude de Betanzos.

- Actividades para a celebración do Entroido:

. O alumnado da EATP de Teatro coordinado polos profesores Carmen Pizarro e Juan Vázquez (Departamento de Lingua e Literatura Española) representaron as obras: Unha noche de Primavera sin sueño e Ciencias exactas.

. Concurso de charangas e disfraces no que participaron alumnos/as e profesores do Centro.

- Actividad de Contacontos destinada ó alumnado de 1º ciclo de ESO (1º curso) patrocinado polo Excmo. Concello de Betanzos.

- Campaña de doazón de sangue para alumnado do centro.

- Saída ó Complexo dunar de Corrubedo organizada polo Departamento de Ciencias para alumnado de 3º de ESO (3º B).

- Saída á Coruña (Domus e Casa das Ciencias), para alumnado de 3º de ESO (3º C, D, E), organizado polos Departamentos de Matemáticas e Ciencias.

- Representación da obra de teatro Cabalos desbocados a cargo do persoal especializado en Drogodependencias de Santiago. A obra estivo destinada ó alumnado de 2º de BUP.

- Talleres de Orientación Sexual a cargo do persoal do Centro Xove de Anticoncepción de Santiago. A actividade estivo destinada ó alumnado de 3º de ESO e 3º de BUP.

- O alumnado de 1º ciclo de ESO coordinado polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá, participou no concurso literario organizado pola empresa Coca-Cola.

- O alumnado de bacharelato coordinado polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá participou no concurso literario organizado pola empresa REPSOL.

- Representación de dúas obras de teatro, Aprobado en inocencia e Los Esclavos, a cargo do alumnado da EATP de Teatro de 2º F e G, coordinado polo profesor de Lingua e Literatura Castelá D. Juan José Vázquez Pousada. A actividade estará destinada ó alumnado de 1º ciclo de ESO.

- Charla literaria das poetisas Iolanda Castaño e Enma Couceiro, dirixida ó alumnado de Literatura Galega de COU e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas.

TERCEIRO TRIMESTRE:

- Actuación do grupo de teatro do Instituto na Aula Municipal de Cultura coa posta en escena das farsas contemporáneas tituladas La Opinión e Los Opositores, das que é autor Antonio Martínez Ballesteros e a obra Aprobado en Inocencia de Luis Peñafiel. O grupo teatral está formado por alumnos de 2º de BUP e actúan baixo a dirección do profesor D. Juan José Vázquez Pousada.

- Intercambio escolar IES "Francisco Aguiar" de Betanzos - IES "Mare de Deu de la Candelera" de L'Ametlla de Mar (Tarragona). Participan alumnos de 3º de ESO.

- Actividades de celebración das Letras Galegas:

. Actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística vinculadas á celebración das Letras Galegas en torno á figura do escritor Blanco Torres.

. Actividades organizadas polo Taller de Matemáticas, consistentes nunha xincana matemática, baloncesto matemático, concurso de TANGRAM e concurso de POLINOMIOS.

. Proxección da película O Desexo do director Miguel Castelo, sobre o conto de Rafael Dieste O vello que quería ve-lo tren, dirixida a alumnos de 2º de 3º de ESO. A actividade realízase na Aula de Cultura Municipal e está patrocinada polo Concello de Betanzos.

. Charla do escritor Pepe Carballude.

. Representación da obra Qui pro quo polo grupo de teatro OLLOMOL TRANVÍA na Aula de Cultura Municipal, dirixida ó alumnado de 3º de BUP e patrocinada polo Concello de Betanzos.

- Exposición "Miguel de Cervantes: vida e obra", organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura. Os traballos foron realizados por alumnos do Instituto.

- Exposición de traballos realizados polo alumnado de 3º de ESO na asignatura de Tecnoloxía.

- Exposición de traballos realizados polo alumnado da EATP de Fogar.

- Concerto didáctico da Banda de Música Municipal.

- Representacións teatrais a cargo do alumnado da asignatura de Teatro, baixo a dirección dos profesores Carmen Pizarro e Juan José Vázquez.

- Acto de clausura do curso 1998-99 con entrega de diplomas e insignias do Instituto ós alumnos de COU.

Páxina inicialAtrás