Actividades e Premios: Curso 1999-2000
1º TRIMESTRE:
Charlas sobre doazón de sangue destinadas ó alumnado de C.O.U.
Campaña de doazón de sangue centrada nos alumnos de cursos superiores.
Charla-coloquio sobre transplantes, impartida polo Xefe da Unidade de Trasplantes do Juan Canalejo, Dr. Vilela. Destinada ó alumnado de C.O.U.
Exposición de comics realizados por alumnado de 4º da ESO e organizada polo profesorado de Lingua Galega de dito curso.
Saída cultural a Madrid para alumnos/as do Taller de matemáticas (3º BUP), organizada polo profesor José Antonio Varela.
Representación da obra de teatro"Algo que contar en Navidad" polo alumnado da EATP de teatro dirixido polo profesor Constantino Chao. Dirixida ó alumnado de 1º ciclo da ESO.
Organización de actividades: concursos de postais de nadal, calendarios, etc., polo Equipo de Normalización Lingüística.
Actividades relacionadas coa elaboración do xornal "Papeis Morea".
Visualización da película "A lingua das bolboretas" no cine Alfonsetti e para alumnos/as de 3º de BUP.
Representación na Aula de Cultura de Betanzos, en colaboración co Concello, da obra de teatro "A Barraca dos títeres no camiño de Santiago" a cargo da Compañía Cachirulo teatro.
Actividades para conmemorar o fin de trimestre (Nadal):
Representación da obra de teatro "Cantiga de Nadal" polo alumnado da EATP de teatro e dirixidos polo profesor Constantino Chao.
Actuación da Banda Municipal de Música de Betanzos.
Actuación do grupo musical "Francisco Aguiar" constituído por alumnos/as de 3º e 4º da ESO e dirixidos pola profesora Mª Dolores Tagarro.
Competicións deportivas:
Partido de fútbol entre IES As Mariñas SIES Francisco Aguiar.
Partido de baloncesto feminimo entre alumnas do IES Francisco Aguiar.
2º TRIMESTRE:
Actividades realizadas no marco do intercambio escolar co Instituto Norteamericano de Wayland, que comprendía visita a A Coruña, a Santiago, as dunas de Corrubedo etc.
Participación dun grupo de alumnos e alumnas de 3º de BUP no concurso escolar EUROSCOLA.
Concurso de fotografía organizado polo Equipo de Normalización Lingüística
Charla-Coloquio para alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO Sobre a reciclaxe de residuos sólidos urbanos, organizada polos responsables da planta de reciclaxe de Nostián dentro das actividades informativas que se desenvolveron na Mancomunidade de municipios.
Participación no concurso "Un slogan e unha mascota para a campaña de reciclaxe" para alumnos de 1º e 2º de ESO
Participación dun grupo de alumnas de 2º de ESO no concurso de redacción organizado por Coca-Cola.
Asistencia a Riazor para presenciar partidos do Deportivo. Destinado a alumnado de 2º ciclo de ESO e BUP.
Desenvolvemento dos Talleres de Orientación Sexual destinado o alumnado de 1º e 3º de ESO.
Actividades desenvolvidas para a celebración do Entroido:
Actividades deportivas entre os centros IES As Mariñas - IES Francisco Aguiar
Representación de dúas obras de teatro a cargo do alumnado da EATP de teatro e dirixido polo profesor que imparte a materia.
Concurso de charangas e disfraces para alumnos de 1º ciclo de ESO
Concurso de charangas e disfraces para alumnos de 2º ciclo da ESO , BUP e COU
Presentación do xornal realizado polo Equipo de Normalización Lingüística
Desenvolvemento do torneo de Xadrez durante os recreos do centro
3º TRIMESTRE:
Visita a Santiago como parte das actividades realizadas no ámbito socio-lingüístico de 3º da ESO
Participación nas xornadas "Mostra ensino" para alumnos de 4º da ESO e COU
Encontro transnacional dentro do marco das actividades realizadas no Proxecto Europeo Comenius Acción 1
Asistencia a ensaios da Orquesta Sinfónica de Galicia, para alumnado de 3º e 4º da ESO
Actividades que se desenvolverán na semana das letras galegas:
Conferencia a cargo de Enrique Rabuñal: "A importancia de Murguía e Rosalía como impulsores da cultura do século XIX"
Visualización da película "O pai de Migueliño" para alumnado de 1º ciclo da ESO, en colaboración co Concello de Betanzos.
Conferencia a cargo do escritor Angel Abella "Literatura Galega, significación social e histórica"
Representación da obra " O bululú do linier" pola compañía ADRO TEATRO. Colabora o concello de Betanzos. Aula de Cultura.
Conferencia sobre o papel do periodismo na sociedade española a cargo de Manuel Guisande, periodista da Voz de Galicia.
Representación de dúas obras de teatro a cargo do alumnado de dita asignatura e dirixidos polo profesor D. José Antonio Rodal Fraga.
Participación no concurso Musical intercentros celebrado no IES de Cambre.
Celebración dunha jinkana, Recital poético
Actos de clausura de curso para alumnado de COU, concerto de jazz a cargo de alumnos de COU, entrega de diplomas
Saída o entorno natural de Verdes para o alumnado gañador de concurso de charangas e disfraces-alumnos de 2º ESO, 4º ESO, COU E.
Actividades deportivas: partidos de baloncesto, balonman. Fútbol para alumnado de 1º e 2º ciclo de ESO. Celebrarase un torneo intercentros entre IES Francisaco Aguiar, IES Virxe da Cela de Monfero, IES As Mariñas.
Exposición dos traballos realizados polos alumnos/as nas clases de Fogar. Comezará o 6 de xuño.
Exposición conmemorativa de Miguel de Cervantes organizada polo Departamento de Lengus-Literatura Española.
Charlas de iniciación á Astronomía, organizada polo I.E.S Francisco Aguiar e coa colaboración da Facultade de Matemáticas d a Universidade de Santiago de Compostela. Celebración en Aula de Cultura do Concello de Betanzos