Departamento de Orientación
A orientación vocacional ten por obxecto axudar ó alumnado ó longo da Educación Secundaria a valorar e actualizar as súas preferencias académico profesionais para que poida formular libre e responsablemente a súa decisión persoal, que deberá concretar nun plan ou proxecto concreto.
O proceso de toma de decisións ten que ser realizado polo propio alumno/a, nunca polos outros membros da comunidade educativa, que sí teñen, en cambio, a obriga de ofrecerlle a orientación e información que precisen para levala a cabo.
| Fases do programa de orientación académico-profesional: | ||
| 1. Fase de información | ||
| Pretende ampliar os coñecementos que o alumno/a ten de si mesmo, o sistema educativo e o mundo laboral, así como dotarlle das habilidades e estratexias persoais de búsqueda, selección, tratamento e transmisión de información. | ||
| 2. Fase de reflexión | ||
| Pretende promover as reflexións sobre o axuste entre a realidade persoal do alumno/a e as opcións e posibilidades que se lle presentan. | ||
| 3. Fase de toma de decisións | ||
| Debe optar por unha das alternativas educativas ou profesionais que se atopan na oferta. | ||
Obxectivos:
Membros do Departamento de Orientación:
Horario: