AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Álbum de fotos: Anos 2000

2000. Acto de clausura do curso 1999-2000 no Instituto. Arriba á esquerda e de esq. a der.: Ramón Roel, Xosé M. Montero e Emilio Pérez. Á dereita: Grupo de COU despois unha vez rematado o acto. Abaixo á esquerda: O alumno de COU Joaquín Serrano dirixíndose ós seus compañeiros de promoción. Á dereita: Entrega de diplomas e insignias.
2000. Celebración do Nadal. Á esquerda: Grupo de música do Instituto dirixido pola profesora Ángeles Dolores Tagarro. Á dereita, aspecto do Salón de Actos.
2001. Acto de clausura do curso 2000-01 no Instituto. Arriba e á esquerda: Entrega de diplomas e insignias. Á dereita: Un aspecto do Salón de Actos. Abaixo: Grupo de alumnos e profesores.
2001 As profesoras Mª Carmen Laíño e Leonor Seijo en Roma nunhas xornadas de traballo do programa europeo "Comenius", no que participou o Instituto "Francisco Aguiar" de Betanzos, xunto cun Instituto italiano e outro da illa francesa de Reunión.
2001. Profesores e alumnos do Instituto en Viena, no marco dun intercambio escolar entre o Instituto de Betanzos e un centro da capital austríaca.
2001. Recepción no Concello de Betanzos ós participantes nun intercambio escolar entre o Instituto brigantino e o IES "Mare de Deu de la Candelera" de l'Ametlla de Mar de Tarragona.

Páxina inicialAtrás