AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Álbum de fotos: Antigo edificio

En 1954 deron comezo as obras de construcción do novo (hoxe antigo) edificio do Instituto, do arquitecto Antonio Tenreiro Brochón, que entraría en funcionamento en 1957. Dese fermoso edificio, hoxe desaparecido, que constituíu un modelo arquitectónico entre os do seu xénero, gardan grata e entrañable lembranza cantos nel estudiaron e traballaron. O paso do tempo foino deixando pequeno para atende-la crecente demanda de matrícula e en xaneiro de 1980 produciuse o traslado ó edificio que ocupa na actualidade.

Vista xeral do edificio e entrada principal.
En primeiro término a Biblioteca. Ó fondo a sala de Profesores e o vestíbulo con guardería de bicicletas.
Debuxo do vestíbulo, orixinal do arquitecto da obra.
Ángulo da chimenea na sala de Profesores.
Corredor da planta superior de acceso ás aulas.
Corredor da planta baixa de acceso ós laboratorios.
Vista parcial da Biblioteca.
Vista parcial dos talleres de carpintería e mecánica.

Páxina inicialAtrás