| |
|
|
 |
| Novembro de 2002. Comida de homenaxe ó Profesor
Aurelio Parada González con motivo da súa xubilación académica. |
|
 |
 |
|
Actos realizados o 19 e 20 de decembro de 2002 no IES "Francisco Aguiar"
en protesta polo vertido do petroleiro Prestige.
Arriba á esq.: Lazo colocado por alumnos de 2º de Bacharelato nunha das
fachadas do centro.
Arriba e á dere.: Intervención dos alumnos Lucía García de 1º de Bacharelato
e Samuel Lata de 3º de ESO nos actos.
Abaixo: Aspecto parcial da concentración. |
|
 |
 |
 |
 |
| Representación de alumnos e profesores do Instituto
"Francisco Aguiar" de Betanzos participantes na CADEA HUMANA DO ENSINO
celebrada o 22 de xaneiro de 2003 na praia do Trece/O Foxo (nas proximidades
de Camariñas). |
|
 |
| Acto de protesta contra a guerra celebrado o 13 de febreiro
no patio do centro. |
|
 |
| Febreiro de 2003. Visita de alumnos de 4º de ESO de
Ciencias Medioambientais do IES "Francisco Aguiar" á Casa das Ciencias (Planetarium),
Casa do Home (Domus) e Casa dos Peixes (Aquarium) de A Coruña. |
|
 |
| Alumnos de 4ºC de ESO e Profesor que obtiveron o 2º Premio
na Edición do Rallye Matemático sen Fronteiras correspondente ó ano
2003. |
|
 |
| Abril de 2003. Viaxe cultural de alumnos de 4º de ESO e
Profesores ó Certame de Teatro Clásico de Almagro, organizada pola profesora
Margarita Fernández do Departamento de Lingua e Literatura Castelá. |
|
 |
| Equipo de xadrez do Instituto formado por alumnos de 2º, 3º
e 4º de ESO e o profesor adestrador Óscar García que se proclamaron campeóns
na 2ª edición do Torneo de Xadrez "AS ÍNSUAS" organizado polo
Instituto do mesmo nome de Muros, obtendo a victoria por equipos e a maior
parte dos premios individuais. |
|
 |
| Maratón de lectura na homenaxe a Antón Avilés de Taramancos,
na que participaron alumnos do Instituto, na Aula Municipal de Cultura. |
|
 |
| Alumnos do Instituto realizando unha carpeta de poemas e
gravados sobre a obra de Avilés de Taramancos baixo a dirección da artista
Anne Heyvaert, en colaboración co Centro Internacional de Estampa
Contemporánea e o Concello de Betanzos. |
|
 |
 |
 |
| 22 de maio de 2003. Imaxes do acto de clausura do curso. |
|
 |
| Vista parcial da exposición anual de traballos realizados
polos alumnos de 2º Ciclo de ESO na materia de Fogar, dirixida pola
profesora Carmen Souto. |
|
 |
| Xuño. O profesorado celebra o fin de curso cunha xira ós
Caneiros a bordo da lancha Diana Cazadora. |
|
 |
| Xuño: Os alumnos de 4º de ESO (de esqu. a der.) Ángel Navedo,
Manuel A. Vidal, Pedro Varela
e Daniel Seijo, baixo a dirección da profesora Teresa Cruz, resultaron
finalistas na 2ª edición da "Olimpiada de la Innovación Juvenil" patrocinada
pola Obra Social "Caja Madrid". |
|