Álbum de fotos: Curso 2003 - 04
![]() |
| Outubro de 2003. Comida de homenaxe á Profesora Elvira Barge González con motivo da súa xubilación académica. |
![]() |
| Concentración e lectura de manifesto contra a violencia de xénero que se celebrou o 25 de novembro con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero. |
![]() |
| Novembro 2003: Aspectos das aulas de 1ºA e 1ºD de ESO durante a parte titorial, e gravación pola TVG, da actividade enmarcada no plan "Cinensino" de prevención de drogodependencias, patrocinado polo Concello de Betanzos. |
![]() |
| 15 Decembro 2003. Conferencia pronunciada polo avogado e ex-Conselleiro da Xunta de Galicia Antolín Sánchez Presedo sobre a Constitución Española con motivo da conmemoración do 25º aniversario da súa promulgación e dirixida ó alumnado de 2º de Bacharelato. |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Nadal 2003. Algunhas imaxes das distintas actividades realizadas na
celebración do Nadal. • Na primeira, actuación da Banda Municipal de Música de Betanzos, da que forman parte moitos alumnos deste Instituto. En primeiro termo, o Director da mesma. • Na segunda algúns dos equipos que participaron nos campionatos deportivos. • Na terceira, o grupo de teatro do Instituto, dirixido polo profesor Constantino Chao, puxo en escena as obras Algo para contar en Navidad, de Alberto Miralles, e Monólogos navideños, do Club de la Comedia. Estas obras representáronse no Instituto e na Aula de Cultura do Concello de Betanzos (esta última, á que pertence a fotografía, dentro das actividades navideñas do Concello). |
![]() |
| 13 de febreiro de 2004. Momento no que o coordinador e profesor Pedro Luis Rodríguez Porca recolle o premio outorgado a este sitio Web na categoría de deseño de contidos de páxinas web de centros educativos do I CONCURSO DE PREMIOS SIEGA convocado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia no ano 2003. |
![]() |
| Visita que o grupo do Ciclo Superior de Información e comercialización turísticas realizou ó Concello de A Coruña o 17 de febreiro de 2004. Nesa visita tiveron unha charla co xerente de Tursimo Coruña D. Moisés Jorge sobre o presente da cidade en materia turística e os proxectos futuros. |
![]() |
![]() |
| Actos de Entroido: Actuación do grupo de Teatro do Instituto e de comparsas. |
![]() |
![]() |
| 12 de marzo. Concentración contra os actos terroristas en Madrid o 11 de marzo, baixo a dirección do alumno Daniel González de 1º de Bacharelato. |
![]() |
|
Alumnos que se proclamaron campións provinciais no Concurso Escolar O.N.C.E. "ÁNIMO, CAMPEONES". Este concurso ten por finalidade crear a mascota do equipo paralímpico que participará en Atenas 2004. O equipo do Instituto "francisco Aguiar", que participou na categoría correspondente ó alumnado de terceiro e cuarto de ESO, está composto (de esq. a der.) polos alumnos Eva Cordal Lagares, Néstor Domínguez Varela, Laura Peteiro Mahía, Mónica Corral Zas e Monserrat Fernández Grandal, baixo a dirección do profesor José Manuel Rey Bao. |
![]() |
![]() |
| Dúas instantáneas do grupo de Ciclo Superior de Información e Comercialización Turísticas xunto coas profesoras Reyes Durán e Marta Novo nas visitas que fixeron en varios días a Lugo, Santiago e Pontevedra-Rías Baixas. |
![]() |
| Visita que os alumnos de 4º de ESO fan con seus profesores á Fraga do Eume |
![]() |
| Visita que os grupos de Ciclo Superior de Xestión Comercial e Márketing do IES "Francisco Aguiar" e de Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES "As Mariñas", xunto cos seus profesores, realizaron ás instalacións de Citroen en Vigo, onde foron guiados pola azafata Ana Coto. Tamén visitaron a Área comercial de Valença de Miño (Fortaleza) e o o monte Aloia. |
![]() |
|
Á esquerda a alumna Raquel Vázquez Díaz que obtivo o primeiro posto na Fase de Zona da VI Olimpíada Matemática Galega de 2º de ESO, organizada por AGAPEMA e ENCIGA, que se desenvolveu o pasado 30 de abril e na que participaron 368 alumnos. Á dereita está a alumna Sabela Caamaño Pérez que tamén participou nas probas e detrás, a profesora Ana Ruíz que as preparou. |
![]() |
| Peregrinación que alumnos de 4º de ESO, con profesores, fixeron os días 7, 8 e 9 de maio a Santiago. |
![]() |
| Grande exhibición de simultáneas que se realizou o 13 de maio entre o mestre de xadrez Tomás Corona García e alumnos do Instituto entrenados polo profesor Óscar García. Os alumnos Álvaro Couto Mesejo (1ºB ESO) e Nicolás García Fernández (4ºE de ESO) quedaron en táboas. O alumno Iván Núñez Vales (4ºE e ESO) gañou a partida. |
![]() |
![]() |
| 13 maio. Arriba, equipo de balonmano de 4ºD de ESO (xunto co profesor -e organizador- de Educación Física Raimundo Fernández) finalista da Liga masculina de balonmano do Instituto entre os grupos de 4º de ESO e que tamén foi a gañadora absoluta do campionato ó gañar na final ó equipo de 1ºC de Bacharelato (na foto inferior) que foi así mesmo o finalista da Liga de 1º de Bacharel. |
![]() |
![]() |
| 14 maio. Arriba, equipo de balonmano de 1ºC de Bacharelato finalista da Liga feminina de balonmano do Instituto entre os grupos 1º de Bacharelato e que tamén foi a gañadora absoluta do campionato ó gañar na final ó equipo de 4ºC de ESO -con algunhas alumnas de 4ºB e 4ºE- (na foto inferior) que foi así mesmo o finalista da Liga de 4º de ESO. A Liga estivo organizada polo profesor de Educación Física Raimundo Fernández. |
![]() |
| Actuación, dentro do programa do Día das Letras Galegas, no Salón de Actos do Centro do grupo de TEATRO DE TÍTERES "SADIVAS" formado por alumnos de Obradoiro de Comunicación Oral de 1º B de ESO, dirixidos pola profesora Carmen Laíño, que representou a obra "O cura de cucuñán" (de Alphonse Daudet) |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| 21 de maio. Distintos momento do acto de clausura do curso 2003-04 no que os titores fixeron entrega de diplomas, pins e fotos de grupos ó alumnado de 2º BAC e dos Ciclos Superiores de XCM e ICT. Actuou o grupo musical "Guarner Brass" formado por alumnos e ex-alumnos do centro, conduciron o acto os alumnos de 1º BAC Raquel Freire e Daniel González e interviron a alumna de 2º BAC Ángela Meijide e a profesora de Lingua Castelá Lourdes Blanco. |
![]() |
| Elaboración de gravados inspirados nas obras de "Xocas" e elaboracións de carpetas de traballo por alumnos de 3ºF e 4ºE de ESO baixo a dirección da profesora do Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) Anne Heyvaert. Patrocina o Concello de Betanzos. |
![]() |
| Exposición de Fogar organizada anualmente pola profesora Carmen Souto, con traballos realizados polos alumnos da materia ó longo do curso. Na fotografía, alumnos do grupo 3ºE de ESO. |
![]() |
| Xuño. O profesorado celebra o fin de curso coa tradicional xira ós Caneiros a bordo da lancha Diana Cazadora. |
![]() |
| As profesoras Concha Paz, Lourdes Blanco e Menena Martínez reciben uns obsequios dos seus compañeiros con motivo da súa xubilación. |
![]() |
| As alumnas de 2º BAC Thais Sánchez Rilo e Lidia Sánchez Edreira premiadas no certame "Protagonistas del mañana" convocado polo Rotary Club de Betanzos. |