Álbum de fotos: Curso 2004 - 05
![]() |
| Actuación do grupo de Teatro do IES "Francisco Aguiar" na Aula Municipal de Cultura de Betanzos o 5 de novembro de 2004, baixo a dirección do profesor do Centro Constantino Chao, que representou "Farsas e monólogos de outono". |
![]() |
| Charlas de educación sexual dirixidas ó alumnado de 3º de ESO patrocinadas polos Servicios Sociais do Concello de Betanzos. |
![]() |
| Exposición do "Plan de dinamización turística de Betanzos" dirixido ó alumnado do Ciclo Superior de Información e Comercialización Turísticas impartida por D. Luis Osorio, da Fundación Comarcal de Betanzos. |
![]() |
| Decembro 2004. Conferencia-recital da escritora Enma Couceiro sobre "Poesía galega actual: a xeración dos 90", dirixida ó alumnado de 2º de Bacharelato. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Algunhas imaxes da celebración do Nadal: Actuacións do grupo de teatro do Instituto que dirixe o profesor Constantino Chao, simultáneas de xadrez con alumnos que entrena o profesor Óscar García, actuación da Banda Municipal na que tocan varios alumnos e ex-alumnos do Instituto e actividades deportivas organizadas polo profesor Raimundo Fernández. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Actos de Entroido. Comparsas, teatro, deportes, etc. |
![]() |
| Un grupo de alumnos 4º de ESO de visita ó Verbum - Museo da Palabra, de Vigo |
![]() |
| Conmemoración cunha concentración e cinco minutos de silencio do aniversario do 11 de marzo. |
![]() |
| A alumna de 1ºD de Bacharelato, Lúa Mosquera Tenreiro, obtivo un Accésit en narrativa do Premio Minerva convocado polo colexio M. Peleteiro de Santiago. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Excursión a Barcelona, Tarragona e PortAventura de alumnos de 4º de ESO coas profesoras Luisa Muiño, Pilar Ríos e Mª Xesús Suárez. |
![]() |
![]() |
| Visita do Arcebispo de Santiago ó Instituto "Francisco Aguiar" de Betanzos, onde protagonizou unha charla-coloquio cos alumnos do Instituto. Na mesa presidencial do acto, de esquerda a dereita: D. Julián Barrio (Arcebispo de Santiago), D. José M. Montero (Director do Instituto) e D. Manuel Ares (Arcipreste de Betanzos). |
![]() |
![]() |
| Visita que o alumnado de Ciencias Medioambientais fai á Fraga do Eume, acompañados polos seus profesores. |
![]() |
![]() |
| Visita que fixo o grupo de Ciclo Superior de Xestión Comercial e Márketing á empresa GADISA |
| o 8 de abril. Na visita tiveron a charla "La organización y la logística" a cargp de Patricia Guitián (RRHH) e Adolfo Díaz (Adxunto ó Director do Departamento de Logística). Posteriormente percorreron todas as instalacións. |
![]() |
| Os alumnos Néstor Domínguez Varela e Laura Peteiro Mahía, de 1º de Bacharelato, expoñendo o seu traballo, "Dinosaurios, aquellas extrañas criaturas" no X CONGRESO DE XÓVENES INVESTIGADORES, patrocinado polo Instituto Nacional de Ciencias e Investigación e a Consellería de Xuventude, levado a cabo entre o 28 de abril e o 1 de maio no albergue de Gandarío. |
![]() |
| Os alumnos de 2º de ESO Andrés Teijo, Virginia Pérez, Tania Roel, Daniel Pereiro, Carolina Cordal, Carla Díaz, Xoan C. Núñez, Diego Pico, María Schmidt e Elena Veiga participan no concurso "Mellor periodista xoven" da Voz de Galicia baixo a dirección da profesora do Instituto Elvira Castro. |
![]() |
| Joan Manuel Gisbert, destacado escritor da actual narrativa fantástica de misterio e aventuras, impartiu unha conferencia no Instituto, organizada polo Departamento de Lingua Castelá e en particular pola profesora do mesmo Elvira Castro, dirixida ó alumnado de 2º de ESO que nesta 3ª avaliación están traballando e lendo o libro do citado autor "El misterio de la isla de Tökland". |
![]() |
![]() |
| Grupo de 53 alumnos de 1º BAC que realizaron unha marcha polo Camiño Inglés dende Betanzos ata Santiago os días 6 e 7 de maio acompañados polos profesores Victoriano Rodríguez, Xosé A. Varela, Constantino Chao e a ex profesora xubilada, Concha Paz. |
![]() |
| Grupo de 47 alumnos de 4º de ESO, que o 10 de maio visitaron o Museo da Palabra en Vigo e outros lugares da cidade acompañados polos profesores Concha Barrilero e Constantino Chao. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| 20 de maio. Distintos momento do acto de clausura do curso 2004-05 no que os titores fixeron entrega de diplomas, pins e fotos de grupos ó alumnado de 2º BAC e dos Ciclos Superiores de XCM e ICT. Actuou o grupo musical "Gallaecia", conduciron o acto os alumnos de 2º BAC Raquel Freire e Daniel González e interviron o alumno José Á. Calvo e o profesor de Relixión Serafín Caamaño. Clausurou o acto o Inspector de Educación D. Francisco Pérez Rivas. |
![]() |
| Presentación da 1ª Semana de Turismo de Betanzos organizada por Acebe e na que colabora o Ciclo Superior de Turismo do Instituto. |
![]() |
| Ensaio para a Semana de Turismo |
![]() |
| Alumnos que estudian galego como materia optativa no Colexio Público "Virgen de la Quinta Angustia" de Cacabelos (León) e que fixeron unha visita a Betanzos e comarca o 4 de maio e na que asistiron á representación teatral "A petición de man" de Antón Chejov a cargo do Grupo de Teatro do Instituto, dirixido polo profesor de Lingua Castelá Constantino Chao. Esta foto, xunto cunha carta, foi a resposta de agradecemento do Colexio ó trato que lle dispensou o grupo de teatro. |
![]() |
| Visita que alumnos de 1º e 2º de ESO fixeron ás instalacións da Voz de Galicia o 24 de maio, organizada polo Departamento de Lingua Castelá. |
![]() |
![]() |
| Actos das Letras Galegas: Torneo de fin de curso de Xadrez de partidas rápidas, no que resultou campeón Álvaro Couto de 2º D de ESO (o alumno da esquerda na segunda foto) e subcampeón Antonio Fuentes de 2ºE de ESO. O entrenador é o profesor de Lingua Galega Óscar García. |
![]() |
![]() |
| Actos das Letras Galegas: Actuación do Grupo de Teatro do Instituto, baixo a dirección do profesor de Lingua Castelá Constantino Chao. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| 27 de maio: "I Trofeo Concha Paz" de balonmán, profesora xubilada de Educación Física deste Instituto, pioneira do deporte feminino en Galicia. |
![]() |
| Actos das Letras Galegas: A catedrática de Lingua e Literatura Galegas Concepción Delgado presentou o 27 de maio na Aula de Cultura do Concello de Betanzos a obra "Betanzos, oficina literaria", nun acto no que estiveron presentes os seus alumnos do Instituto "Francisco Aguiar", coautores da obra con aportacións literarias extraídas dunha experiencia pedagóxica nas clases. |
![]() |
| Despois da charla sobre creación de empresas de charter náutico, os alumnos e profesoras do Ciclo de Turismo navegaron co xerente de Altavela a bordo dun veleiro pola ría de Betanzos. |
![]() |
| Exposición de Fogar, organizada pola profesora desta materia Carmen Souto, cos traballos que fixeron os alumnos desta materia ó longo do curso. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Caneiros 2005: Actividade lúdica-gastronómica-festiva do profesorado polas especulares, fermosas e tranquilas augas do Mandeo, a bordo da "Diana cazadora". |
![]() |
| Profesores xubilados en 2005: D. Serafín Caamaño, profesor de Relixión do Instituto desde 1977, e Dna. Josefina Otero, profesora de Galego desde 1998. |
![]() |
| José Ángel Calvo e Adolfo Barbeito (3º e 4º pola esquerda), alumnos de 2º de Bacharelato do Instituto "Francisco Aguiar", no Acto celebrado pola Universidade de Santiago para homenaxear ós mellores estudantes de ensino medio de Galicia o día 8 de xullo no Auditorio da Universidade. Páxina web da USC |