AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Álbum de fotos: Curso 2006 - 07

1º Trimestre
3º Trimestre

2º Trimestre

16 de xaneiro de 2007. Os alumnos de 2ºA de ESO fixeron unha visita á feira de Betanzos, acompañados polos profesores Roberto Sobrino e Concha Castro. A saída incluíu a realización dun traballo sobre os cambios do mercado, enmarcado na área de Ciencias Sociais. Ver reportaxe gráfica de Concha Castro.
Alumnos de 3º de ESO e 1º de BAC visitaron a exposición "Eclipse", sobre problemas medioambientais, nas instalacións do CEIDA, no castelo de Santa Cruz (Oleiros).
31 de xaneiro de 2007. A Conselleira de Educación, Da. Laura Sánchez Piñón, visitou o Instituto e presentou a serie documental "25 anos de Autonomía" producida polo Centro Territorial de TVE en Galicia.
Na primeira foto a Conselleira, acompañada da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Da. María José Pérez Mariño, do director do Instituto D. Xosé Manuel Montero e do profesor D. Constantino Chao, visitan unha aula de 3º de ESO.
Na segunda foto, no acto de presentación da serie, de esquerda a dereita: O catedrático de Dereito Constitucional da USC D. José Antonio Portero Molina (quen explicou a importancia e o significado que para calquera comunidade autónoma supón a posesión dun Estatuto de autonomía propio), o director de TVE en Galicia D. Domingo González, a Conselleira de Educación Da. Laura Sánchez Piñón (que salientou que esta obra servirá para achegar ás novas xeracións a importante evolución histórica desta Comunidade nas últimas décadas), o director do Instituto D. Xosé Manuel Montero Gómez e o director da serie D. Agustín Díaz.
Rportaxe gráfica de Viviana Rivera de 2ºE de BAC.

Blog de Lingua Castelá de 2ºA de ESO, dirixido pola profesora Elvira Castro

Actividades realizadas no Carnaval
22 febreiro 2007. Recepción no Concello dos alumnos e profesoras do Liceo Scientifico "Niccolo Rodolico" de Florencia dentro dun programa de intercambio organizado polas profesoras Lucía Sáez e Uxía López. Máis
Intercambio escolar co Instituto Bilingüe "Károlyi Mihály" de Budapest. Vistia dos alumnos do IES "Francisco Aguiar" a Hungría, do 17 ó 25 de febreiro de 2007, nunha actividade organizada polos profesores Sebastián Buedo e Julián Ferrer. Máis.
Recepción no Concello de Betanzos a profesores e alumnos do Liceo Willstätter-Gymnasium  de Nüremberg, Alemania, nun intercambio organizado polos profesores Sebastián Buedo e Julián Ferrer. Os alumnos de Nuremberg estarán en Betanzos do 27 de febreiro ó 8 de marzo. Máis.
Joan Manuel Gisbert, destacado escritor da actual narrativa fantástica de misterio e aventuras, impartiu unha conferencia no Instituto, organizada polo Departamento de Lingua Castelá e en particular pola profesora do mesmo Elvira Castro, dirixida ó alumnado de 2º de ESO.

Actividades gastronómicas dos alumnos de 4ºC de ESO na materia de Fogar, baixo a dirección da profesora Carmen Souto.
Un grupo de vinte alumnos de 3º de ESO acompañados do profesor Constantino Chao realizaron o pasado 30 de marzo unha camiñata polo Camiño Inglés a Santiago de Ferrol a Pontedeume. A pesares das inclemencias meteorolóxicas tódolos participantes remataron con éxito a andaina.
Actividade extraescolar na Costa Dourada dun grupo de alumnos de 1º BAC deste Instituto entre o 27 de marzo e 3 de abril de 2007, organizada polas profesoras Luisa Muiño, Ana Ruiz e Mª Jesús Suárez. Ver máis fotos

1º Trimestre
3º Trimestre

Páxina inicialAtrás