|
Álbum de fotos: Actos do cincuentenario, celebrados en abril de 2002. (1ª Parte) |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Inauguración da Mostra Fotográfica e Documental "O INSTITUTO "FRANCISCO AGUIAR". 50 ANOS DE EDUCACIÓN EN BETANZOS", organizado polo Instituto "Francisco Aguiar" e o Concello de Betanzos e que permaneceu aberta desde o 12 ata o 26 de abril no edificio Liceo. |
![]() |
| Concerto do grupo musical do Instituto "Francisco Aguiar", baixo a dirección da profesora Dª Ángeles Dolores Tagarro. Acto celebrado no Salón de Actos do Instituto. |
![]() |
| Conferencia de D. José Antonio Taibo: "Internet. Nuevas tecnologías. Nuevas oportunidades" celebrada no Salón de Actos do Instituto. |
![]() |
| Conferencia do catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña D. José Antonio Fernández de Rota: "Betanzos como proyecto" celebrada no Salón de Actos do Instituto. |
![]() |
| Presentación do libro conmemorativo do 50 Aniversario da creación do Instituto "Francisco Aguiar" (fotografía do libro), organizada polo Instituto "Francisco Aguiar" e o Concello de Betanzos, celebrada na Aula Municipal de Cultura do Concello. A presentación estivo a cargo de D. José Antonio Míguez Rodríguez, catedrático xubilado de Lingua e literatura do Instituto "Francisco Aguiar" e D. Francisco Iglesias González, profesor titular de Periodismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Na fotografía, de esq. a der.: Xosé M. Montero (Director do Instituto "Francisco Aguiar"), José A. Míguez, Manuel Lagares (Alcalde de Betanzos), Antonio Erias (Vicepresidente Primeiro da Deputación Provincial da Coruña) e Francisco Iglesias. |
![]() |
| Mesa Redonda sobre "Radio Instituto Laboral de Betanzos". Interveñen D. José Luis de Tena Noguerol (á esquerda), Dª Carmen García Martín e D. Marcelino Álvarez, celebrada no Salón de Actos do Instituto. |