AtrásPáxina inicialIES "Francisco Aguiar"

Estación meteorolóxica    Acceso ós datos

Estación meteorolóxica instalada no IES "Francisco Aguiar"O Centro Meteorolóxico Territorial en Galicia participa, xunto co Departamento de Teoría da Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, nun proxecto de investigación, financiado pola Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía, para estudiar a atenuación que as precipitacións provocan na propagación de certas sinales radioeléctricas.

Para este fin instalaron en 2003 un conxunto de estacións meteorolóxicas na provincia de A Coruña, unha delas neste Instituto.

A estación meteorolóxica instalada no Instituto "Francisco Aguiar" suministra información cada minuto de

información que é enviada á sede central ás 18 h (hora Z*) do día seguinte mediante un módem GSM instalado na propia estación.

Acceso ós datos: Facer clic no gráfico central e despois na estación S05. Móstrase unha táboa cos últimos datos recollidos cada minuto, así como unha gráfica por cada magnitude medida. A columna da esquerda permite acceder a máis información sobre o proxecto, datos históricos, gráficas personalizadas, etc.

* Hora Z
É similar á hora Universal Coordinada, UTC ("Universal Time Code"), que se obtén sincronizando reloxios atómicos. A hora 0 UTC corresponde á medianoite en Greenwich, Inglaterra. España ten un horario UTC+1 no inverno, polo que as 18 h Z ou UTC son as 19 h oficiais, e un horario UTC+2 no verán. A hora UTC implantouse en 1972 en substitución da hora GMT que era usada pola "Britan's Royal Navy" desde 1840 e que os soldados na 2ª Guerra Mundial pronunciaban como "Zulú" que no alfabeto internacional de comunicacións corresponde á letra Z.

 

Páxina inicialAtrás