Sobre o centro: Características
O Instituto de Educación Secundaria "Francisco Aguiar" de Betanzos toma o seu nome dun ilustre betanceiro do século XVII, D. Francisco Aguiar y Seijas, que foi arcebispo de México, onde fundou distintas institucións docentes e benéficas.Aínda que o Instituto vén funcionando desde os anos cincuenta, a súa ubicación e instalacións actuais datan de 1980 e a el acoden diariamente para seguir estudios de ESO, BACHARELATO, Ciclo Superior de Formación Profesional de XESTIÓN COMERCIAL E MARKETING e alumnado de Programa CUALE-ESO (Ciclo elemental) e preparación do Ciclo medio da Escola Oficial de Idiomas en Inglés, arredor de 800 alumnos e alumnas, procedentes non só do propio Betanzos, senón tamén de varios concellos que forman parte da súa zona de influencia.
O persoal do Centro está composto no curso 2007-08 por 77 profesores, 1 coidadora, 2 administrativas, 4 conserxes e 5 membros do persoal de limpeza.
O Instituto "Francisco Aguiar" dispón das seguintes instalacións: Álbum de fotos do novo edificio
Durante o curso, o alumnado ten acceso a unha extensa e variada oferta de actividades complementarias e extraescolares: asistencia a representacións teatrais, concertos, conferencias, viaxes didácticas, talleres de medio-ambiente, actividades de orientación sexual, competicións deportivas, concursos, etc...
Existe tamén un grupo de teatro que leva a cabo representacións en datas sinaladas do curso.
Conta, así mesmo, o Instituto "Francisco Aguiar" cun Departamento de Orientación e un Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.