
IES
"Francisco Aguiar"
Sobre o centro: Cronoloxía
- Curso 2007-08
- Entra en vigor a orde de gratuidade de libros de texto en 1º e 3º de ESO
- Entra en vigor a Lei de Ordenación Educativa, LOE, en 1º e 3º de ESO
- Curso 2006-07
- Entra en vigor a orde de gratuidade de libros de texto en 4º de ESO
- Curso 2004-05
- Entra en vigor a orde de gratuidade de libros de texto en 2º de ESO
- Curso 2003-04
- Implántase o Ciclo Formativo de Grao Superior INFORMACIÓN E
COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICAS
- Implantación das cualificacións numéricas, exames de setembro e materias
pendentes na ESO
- Reestructuración do Bacharelato: desaparece unha optativa e introdúcese a
Historia como obrigatoria en 2º
- Novos currículos na ESO e BACH
- Entra en vigor a Lei Orgánica de Calidade da Educación, LOCE
- Curso 2001-02
- Implántase o 2º de Bacharelato
- Implántase o Ciclo Formativo de Grao Superior XESTIÓN COMERCIAL E
MÁRKETING
- Impártese un último curso de COU con alumnado con materias parciais.
- Implántase o 3º curso da EOI na materia de Inglés.
- Curso 2000-01
- Implántase o 1º de Bacharelato
- Último curso de COU (Curso de Orientación Universitaria)
- Entra en funcionamento o polideportivo cuberto e a pista deportiva e
patio do edificio do 1º ciclo.
- Implántase o 2º curso da EOI na materia de Inglés.
- Curso 1999-2000
- Implántase 4º de ESO
- Último curso de 3º de BUP
- Comeza a impartirse 1º curso da EOI na materia de Inglés, dirixido
ó alumnado de Secundaria.
- Curso 1998-1999
- Implántase 3º de ESO
- Último curso de 2º de BUP
- Incorporación do alumnado do 1º ciclo da ESO (1º e 2º de ESO) ó
IES "Francisco Aguiar", procedentes do CP "Vales
Villamarín"
- Incorporación dos mestres do 1º ciclo da ESO ó IES "Francisco
Aguiar", procedentes do CP "Vales Villamarín"
- Incorporación do edificio do 1º ciclo o IES "Francisco
Aguiar", edificio procedente da 2ª etapa de EXB do CP "Vales
Villamarín"
- Curso 1997-98
- Implántase 2º de ESO
- Último curso de 1º de BUP
- Curso 1996-97
- Implántase 1º de ESO
- Inaugúrase a páxina web do Instituto.
- Curso 1989-90
- Primeira edición do Premio de Poesía e Relato Curto Francisco Aguiar:
Premiados. Fotos.
- Curso 1985-86
- O Instituto "Francisco Aguiar" gaña o concurso da TVG Saber e Xogar.
- Curso 1980-81
- Cambia a súa sede ó actual edificio
- Curso 1973-74
- Implantación do COU.
- Primeiro curso mixto.
- Curso 1972-73
- Último curso de 7º de Bacharelato Agrícola-Gandeiro.
- Curso 1957-58
- Cambiou a súa sede (ata ó curso 1980-81) ó fermoso edificio do
arquitecto Antonio Tenreiro Brochón.
- Curso 1955-56
- En novembro de 1955, o Instituto Laboral de Betanzos foi autorizado
polo Ministerio de Educación Nacional a utilizar a denominación
oficial de "Francisco Aguiar".
- Comenzou a funcionar a primeira emisora laboral en España, emitindo
dúas horas e media diarias. Deixou de emitir en xuño de 1966.
- Curso 1952-53
- Comeza a funcionar o Instituto de Betanzos (Instituto Laboral,
modalidade agrícola e gandeira) creado por Decreto do Ministerio de
Educación Nacional de 7 de setembro de 1951 (BOE do 20 de setembro). A
súa sede foi o convento de Santo Domingo ata o curso 1957-58.

