Aló polas letras galegas deste ano, o Instituto inzouse de cores.
Por unha banda comezaron a xurdir por todos os recunchos uns folios de cores cunhas frases que parecían anaquiños de poemas e con outras que semellaban cachiños dunha biografía. Era a homenaxe da biblioteca e da CNL á poeta María Mariño, na honra de quen se celebraba este ano o día das nosas letras.
Por outra banda no Instituto comezou a estar de moda o verde mazá. Camisetas e máis camisetas da cor das froitas das maceiras vestían a mozos, mociños, mozas e mociñas. Era a homenaxe da CNL á nosa lingua. Eran tres medias ducias de razóns para falar galego, tres medias ducias de razóns, espalladas pola cor da froita da tentación. ¡¡Déixate tentar pola nosa lingua!!
Día das letras galegas |
IES Francisco Sánchez |
| Tui |
letras01.jpg |
letras02.jpg |
letras03.jpg |
letras04.jpg |
letras05.jpg |
letras06.jpg |
letras07.jpg |
letras08.jpg |
letras09.jpg |
letras10.jpg |
letras11.jpg |
letras12.jpg |
letras13.jpg |
letras14.jpg |