PRIMEIRO CICLO DA ESO

O primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria consta de dous cursos coa particularidade de que a promoción do primeiro ó segundo é automática, e dicir, as calificacións finais do ciclo son as acadadas ó rematar ó segundo curso da ESO.

1º ciclo ESO

ÁREAS COMÚNS

MATERIAS OPTATIVAS

Lingua Galega e Literatura

Lingua Castelá e Literatura

Lingua estranxeira

Ciencias Sociais

Matemáticas

Educación Física

Ciencias da Natureza

Educación Plástica e Visual

Tecnoloxía

Música

Titoría

 

Escoller unha entre:

 Relixión

 Actividades de Estudio

 

Escoller unha entre:

 2ª Lingua estranxeira

Obradoiro de Expresión Oral

 Obradoiro de Matemáticas

Neste ciclo, xunto coas áreas comúns, o alumno deberá cursar unha materia optativa, que será a mesma durante os dous cursos , preferentemente a segunda lingua estranxeira.

Non obstante, por razóns motivadas, o director do centro poderá autorizar que o alumno curse como materia optativa o Obradoiro de Matemáticas ou o Obradoiro de Expresión Oral. Para solicitar estes obradoiros é preciso o informe do titor de 6º de Primaria, a solicitude dos mesmos no centro por parte dos pais ou titores do alumno e o informe do departamento de orientación. A finalidade e contido destes obradoiros, exponse a continuación:

OPTATIVAS ESPECÍFICAS PARA O ALUMNADO QUE PRESENTE NECESIDADES DE FORMACIÓN COMPLEMENTARIA NO ÁMBITO LINGÜÍSTICO OU MATEMÁTICO.

Obradoiro de matemáticas 
O obradoiro de matemáticas terá unha finalidade primordial: potenciar unha actitude positiva cara ás matemáticas e unha mellora na súa aprendizaxe significativa.

Isto acadarase mediante o traballo en grupo, a manipulación de obxectos, o xogo e o traballo de investigación.

Os contidos, especialmente os procedementais, traduciranse en actividades amenas e de resolución de problemas que propicien o gusto polo traballo ben feito e o aumento da autoestima; deberán , tamén, fomenta-la imaxinación e a creatividade.

Obradoiro de comunicación oral
D
ebido ás deficiencias observadas na expresión oral da maioría dos alumnos, consideramos necesario este obradoiro.

Ten como finalidade mellora-la capacidade comunicativa dos alumnos e das alumnas na súa dimensión oral, xa que o uso que ó longo da súa vida cotiá fan da linguaxe verbal é un uso, básicamente, oral e non sempre é suficiente o tempo que se lle pode dedicar á súa aprendizaxe desde ás áreas de linguas.

Non ten intención de propoñer un estudio teórico, o que se trata é de organizar actividades que presenten situacións reais de comunicación, a través de conversas, debates, exposicións, narracións, descricións, dramatizacións...Con isto preténdese que os alumnos aprendan a falar, falando.

PÁXINA PRINCIPAL

OUTRAS OFERTAS EDUCATIVAS