SEGUNDO CICLO DA ESO

O segundo ciclo da ESO consta de dous cursos independentes coa seguinte distribución de materias:

3º ESO

 

ÁREAS COMÚNS

 

 

ÁREAS OPTATIVAS

 

Lingua Galega e Literatura

Lingua Castelá e Literatura

Lingua estranxeira

Ciencias Sociais

Matemáticas

Educación Física

Ciencias da Natureza

Educación Plástica e Visual

Tecnoloxía

Música

Titoría

 

Escoller unha entre:

 Relixión

 Cultra Relixiosa

 

Escoller unha entre:

2ª Lingua estranxeira

 Iniciación Técnica á Informática

 Cultura clásica

 Técnicas de Expresión Escrita

 

En 4º da ESO a estructura do curso é un pouco diferente á de terceiro, hai unhas materias que son comúns a tódolos alumnos, e ademáis cada alumno deberá escoller un dos tres itinerarios que se ofertan segundo se adapten mellor ás súas futuras expectativas (bacharelatos ou ciclos de grao medio).

Debes ter presente que independentemente do itinerario que escollas o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria é igual para todos e dá acceso a calquera bacharelato ou ciclo de grao medio.

Non obstante para orientar a túa elección ofrecémosche despóis das áreas comúns os itinerarios para 4º ESO segundo a súa vinculación coas modalidades de bacharelato e ciclos relacionados.

Se queredes ampliar esta información podedes ter en conta tamén a estructura de cada un dos cursos de bacharelato e as materias que se cursan neles.

4º ESO

 

ÁREAS COMÚNS

 

 

Lingua Galega e Literatura

Lingua Castelá e Literatura

Lingua estranxeira

Ciencias Sociais Xeografía e Historia

Matemáticas

Educación física

Relixión / Cultura relixiosa

Titoría

 

OPTATIVAS PARA O 2º CICLO DA ESO

TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA

(Optativa para 2º ciclo da ESO, 3º ou 4º curso)

No centro téñense detectado bastantes deficiencias de expresión escrita nas distintas disciplinas. Esta materia ten como finalidade paliar estas carencias para lograr que o alumno se poida expresar por escrito nas situacións máis habituais de comunicación. Para iso traballarase sobre textos escritos atendendo á súa coherencia, cohesión, corrección ortográfica, etc. Polo tanto, a metodoloxía será totamente práctica.

 

CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS E DA SAÚDE

(Optativa para 2º ciclo da ESO, 4º curso)

Esta materia está pensada para que os alumnos da ESO aclaren, melloren e aumenten os coñecementos ambientais do noso Planeta e do noso País. Tamén está pensada para que se dean conta da incidencia da problemática ambiental na súa propia saúde. Compleméntase tamén o programa desta materia cunhas unidades didácticas sobre drogodependencia, alimentación e nutrición, e sexualidade.

 

INICIACIÓN Á TECNOLOXÍA INFORMÁTICA

(Optativa para 2º ciclo da ESO, 3º ou 4º curso)

Hoxe en día é obvia a importancia da informática na sociedade actual. Cada vez é máis impensable deixar de lado o gran potencial que presentan as súas poderosas ferramentas á hora de emprender calquera proxecto. A súa presencia está tan xeneralizada que as necesidades de formación nesta área de coñecemento son evidentes. Tódolos sectores, e especialmente os productivos, están controlados ou afectados dalgunha forma polos computadores.

A introducción das tecnoloxías da información no E.S.O., como materia optativa, ten como obxectivo fundamental dotar aos alumnos de estratexias xerais de procesamento da información, que lle faciliten o seu propio traballo, e introducir os elementos curriculares necesarios para complementar, dende a perspectiva das tecnoloxías da información, a unidade que cada modalidade de bacharelato supón. Convén ter en conta que o seu estudio terá un caracter claramente instrumental, ao servicio do resto das asignaturas do bacharelato. Preténdese que os alumnos acaden unhas ideas e conceptos claros dos programas informáticos utilizados, conceptos que lles permitirán no futuro investigar e profundizar por sí mesmos sobre eses programas, ou sobre outros semellantes que haxa no mercado.

En 3º da ESO esta asignatura conta con dúas horas semanais, e en 4º con tres horas, o que influirá na cantidade de temas tratados, polo tanto os alumnos que desexen unha formación máis estensa nesta asignatura deberían optar por elixila en 4º curso.

Contidos xerais

As liñas básicas que se pretenden seguir en cada curso son as seguintes:

3º ESO

Introducción á informática. Elementos e funcionamento dos compoñentes esenciais do hardware. Diferencias entre hardware e software. Periféricos. Sistemas operativos: MS-DOS e Windows 95/98. Uso dun programa de deseño gráfico, para crear debuxos, anagramas, logotipos, etc. Uso dun procesador de textos incluíndo elementos gráficos. Introducción á Telemática: uso de navegadores da Web (Internet) e do correo electrónico. Elementos básicos de multimedia: reproducción de vídeo , son e música, recoñecendo os formatos máis comúns en cada caso.

4º E.S.O.

Neste curso, ademáis do visto en 3ºde ESO, preténdese aprender a usar un programa de base de datos: crear unha base de datos, manexo das tablas, filtrar información mediante as consultas, administración da información usando formularios e presentación impresa dos datos a través dos informes.

En calquera dos dous cursos sería interesante, se hai tempo dentro da progamación, tratar, comentar en breves pinceladas, ou facer unha demostración dalgún dos seguintes aspectos:

-uso dalgún programa ou asistente matemático como o Derive, para resolver ecuacións sinxelas, representar funcións dunha variable, etc.

-introducción moi básica á programación, mediante unha linguaxe especialmente deseñada para aprender a programar como é o Pascal.

-uso e aplicación dunha folla de cálculo mediante a resolución de problemas básicos, interpretando os resultados mediante a súa representación gráfica.

CULTURA CLÁSICA

(Optativa para 2º ciclo da ESO, 3º e/ou 4º curso)

Chamamos Cultura Clásica a aquela que crearon os gregos e latinos no curso de varios séculos. O seu legado sobre política, literatura , arte, ciencia, pensamento, linguas, … é a base da nosa cultura actual. Así esta materia axudarache a ampliar o teu vocabulario, a emplealo nos contextos axeitados e a coñecer como naceu a nosa cultura occidental.

SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA ( FRANCÉS)

(Optativa para 2º ciclo da ESO, 3º e/ou 4º curso)

INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN SOBRE AS CONDICIÓNS DE ELECCIÓN DAS MATERIAS OPTATIVAS.

É importante reflexionar e ter en conta as seguintes consideracións:

FRANCÉS e CULTURA CLÁSICA: Ambas materias poden cursarse en 3º e 4º. Polo tanto, se estás interesado en cursar Francés en 4º, deberías escoller Francés en 3º, e o mesmo para o caso da Cultura Clásica.

INICIACIÓN Á TECNOLOXÍA INFORMÁTICA e TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA: ofértanse en 3º e 4º pero só as podes escoller nun dos dous cursos. Polo tanto, se escolles unha delas en 3º da ESO, en 4º non a podes volver escoller.

Para que unha materia optativa poida ser ofertada polo centro, en xeral, é necesario un mínimo de 10 alumnos que a escollan no caso de Francés e Cultura Clásica e un mínimo de 15 alumnos no resto de materias optativas. Non obstante, se a disposición horaria e de profesorado o permite, o centro poderá impartir calquera optativa aínda que non se acade o número mínimo de alumnos.

PÁXINA PRINCIPAL

OUTRAS OFERTAS EDUCATIVAS