CRONOLOXÍA DE DIONISIO GAMALLO

1914, 25 de agosto.
Nace en Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, terceiro fillo do matrimonio formado por Antonio Gamallo García e Antonia Fierros Carrera, na casa que entón ocupaba o Rexistro da Propiedade, do que era titular seu pai, e onde despois se levantaría o Cine Colón.

1917, novembro.

Morre seu pai, e a famila trasládase a vivir á casa de súa avoa, Antonia Carrera, viúva do pintor Dionisio Fierros, en Porcillán. 

 

1919-1930.

Primeiros estudios en Ribadeo con D. Aniceto del Quinto e posteriormente no Colexio dos PP Agustinos.

Realiza os estudios medios por libre no Instituto de Lugo. 

A súa vocación investigadora, segundo confesa o propio Dionisio nas súas memorias, empeza cando ten 13 ou 14 anos o día en que súa nai lle abre as portas dunha estancia pechada, a da biblioteca de seu pai, rexistrador amante da historia e da literatura.

1931, marzo. 

Publica o seu primeiro artigo co título Concepto equivocado de la República; como el mesmo explica ”discurría acerca de que era compatible ese ideario político con la condición de buen católico”.

1931, outubro. 

Comeza en Santiago de Compostela a carreira de Dereito que remata en xuño de 1936.

1934, 14 de maio.

 Primeiro recital de versos orixinais a cargo de Dionisio na Universidade de Santiago.

1936. 

Comeza os estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela.

1936-1937. 

Profesor axudante de Xeografía e Historia (con desempeño de cátedra) e profesor de Filosofía e Ciencias Sociais no Instituto de Ribadeo.

1938-39. 

Presta servicios auxiliares no Goberno Militar de Lugo e no Cuartel General del Generalísimo, en Burgos.

1939, de xaneiro a maio. 

Profesor axudante de Literatura no Instituto de Lugo, con explicación de cátedra.

1940, 20 de xuño. 

Alumno  da Facultade de Filosofía e Letras de Valladolid, a onde se trasladara para rematar os seus estudios, dá un recital poético radifónico nesta cidade. Versos dos seus libros inéditos Versos de la edad romántica, Eternidad de Compostela  e El alma al desnudo.

1941, 19 de xuño. 

Licenciase en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid.

1942. 

Encargado da cátedra de Lengua e Literatura Española no Instituto Carreño de Miranda, de Avilés.

1942, outubro. 

Publica Albor, cuaderno de poesía. 14 poemas, pertenecentes ó seu libro inédito La voz derrotada (1932-1940).

  Decembro de 1942 a marzo de 1945.

Traballa como técnico da Sección de Colaboraciones de la Delegación Nacional de Prensa, en Madrid.

Técnico da Sección de Colaboraciones de la Vicesecretaria de Educación Popular.

1943, febreiro.

Inicia as súas colaboracións na prensa diaria e nas revistas madrileñas: Ya, Arriba, Informaciones, El Español, La Estafeta Literaria, etc.

1943, 5 de marzo. 

Acada o premio anual de literatura Pérez Lugín da Asociación de la Prensa de A Coruña, polo seu traballo Galicia  a través de sus poetas.

1943.

Premiado con diploma e metálico na Sección literaria del II Certamen del Trabajo de Ferrol.

1943. 

Dá fin a dúas monografías, aínda inéditas, unha sobre Una estirpe de escritores colombianos: los Caro, e outra sobre La aportación de Lugo  y su provincia a la literatura galaico-castellana.

1945, 29 de xullo.

Primeiro premio de poesía castellana nos Juegos Florales de Santiago de Compostela, co poema Piedra Viva.

1945, 4 de marzo.

É nomeado Académico correspondente da Real Academia Galega.

1945-46.

Profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e profesor auxiliar de Historia de España Moderna e Contemporánea.

1946, 23 de outubro.

Explica a súa primeira lección na Cátedra de Literatura Española da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela.

1946, 19 de noviembre, martes.  

Noméano profesor de Literatura española do Instituto “Ramiro de Maeztu”, de Madrid,  e con tal motivo cesa en igual cargo na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago.

Anos 1947, 1948, 1949, 1955 e 1956. 

Profesor de Literatura Española Contemporánea, en cursos de verán organizados pola Universidade de Madrid e o Instituto de Cultura Hispánica.

1948, abril.

Publica Bécquer y Sevilla, folleto, e Páginas abandonadas, con prólogo de Dámaso Alonso.

1948, setembro.

Premio periodístico en certame literario de Lugo.

1949. 

Obtén o único accéssit concedido en Ourense por Estudio bio-bibliográfico del poeta Lamas Carvajal,  tema obrigado do concurso.

1951. 

Premiado no Certamen del Centro Gallego de la Habana polo seu traballo Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez), na conmemoración do  nacemento do poeta. Convidado pola Universidad de San Marcos de Lima ó Primer Congreso Internacional de peruanistas.

1951-1955.

Exerce como asesor do Servicio de Publicaciones del Instituto de Cultura Hispánica. Múltiples colaboracións na prensa de Madrid e na de provincias.

1953, marzo, a outubro de 1955. 

Asesor do Servicio de Información Bibliográfica de la Biblioteca Nacional

1953, abril.

Primeiro premio no Certamen José Martí, concurso cubano-español, patrocinado pola Embaixada de Cuba e o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid.

1953, 

Publica Vida y obra de Ramiro de Maeztu, no número 33-34 de Cuadernos hispanoamericanos, Madrid.

Hacia un Maeztu total (proyecto de edición “Obras completas y selección de dispersos”, a base de recoger, en 76 tomos en 8.º, unos 5000 de los 13000 artículos publicados en diarios y revistas de España, América e Inglaterra). Separata del núm. 39, Cuadernos Hispanoamericanos, Madrid.

Hacia una bibliografía cronológica de Azorín (editado pola Dirección General de Archivos y Bibliotecas.

1955, 20 de xaneiro. 

O Centro Galego de Madrid homenaxea a Dionisio polo seu premio co traballo sobre Curros e faille entrega da medalla de membro correspondente da Real Academia Galega, regalada por este Centro.

É vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura.

Nestes anos madrileños, á parte do labor estrictamente académico, Dionisio desprega unha amplisíma actividade cultural, con recitais poéticos, conferencias, artigos, presentacións, etc.

1955, novembro. 

Volve a Ribadeo como profesor e director do Instituto Laboral, de recente creación.

1956, 20 de outubro. 

Noméano, por concurso de méritos, profesor de Lengua e Literatura da Universidade Laboral de Sevilla, cargó ó que renunciou.

1956. 

Reseña Dionisio: “He escrito cerca de 1000 ensayos distribuidos aproximadamente de esta forma: 400 en torno a figuras españolas no nacidas en Galicia, 200 referentes a libros y autores de mi amada Región y unos 300 acerca de escritores castellanos de Ultramar, especialmente uruguayos, colombianos, ecuatorianos y cubanos”.

1957. 

Membro organizador dos actos de homenaxe a “El Viejo Pancho”, con motivo do centenario do seu nacemento. 

1958. 

Recital de poemas  de Dionisio do seu libro inédito Con pie de corazón.     

1960, 30 de setembro. 

Cesa como director e profesor no Instituto Laboral de Ribadeo.    

1960 -1966. 

Anos de estancia  en Oviedo como profesor do Instituto de Enseñanza Media e da Facultade de Filosofía e Letras.

1960. 

Propáñeno como membro correspondente do Instituto de Estudios Asturianos.

1962, 15 de xuño. 

Elixido membro correspondente de Instituto de Estudios Asturianos.

1964, xaneiro.

Morre súa nai en Gijón e empeza  a pensar na posibilidade de volver a Madrid, ó desaparecer un dos principais motivos da súa estancia en terras asturianas: vivir con ela. 

1965. 

Mención honorífica á serie de artigos publicados  en La Nueva España, de Oviedo, nos anos 1964 e primeiro semestre de 1965, sobre “La vida de Unamuno en sus años  juveniles de Bilbao”

1966, 19 de xaneiro. 

Solicita lle sexa concedido o troco de tema de tese doutoral, dirixida por Dámaso Alonso. O tema inicial era Curros Enríquez.- Vida y obra. O novo tema: Feijoo, mente lírica.- Exhumación de su obra en verso.

É profesor de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Oviedo.

30 de setembro de 1966. 

Traslado definitivo a Madrid. Toma posesión como novo profesor do Instituto Emperatriz María de Austria, procedente do Instituto feminino de Oviedo.

1967, 18 de xaneiro. 

Recibe, en Nicaragua, a Condecoración de la Orden de Rubén Darío, no  Grado de Gran Oficial, o honor máis elevado que concede esta República, polos seus estudios e traballos sobre o insigne poeta nicaraguano.

1967.

Pronuncia  no Centro Galego de México D.F. unha conferencia sobre literatura galega.

1968. 

A Real Academia Española de la Lengua noméao Académico Correspondente en Galicia.

1968. 

Publica, na Revista del Instituto “José Cornide”, de Estudios Coruñeses, Menéndez Pidal en el año 1898.

30 de xuño de 1969. 

Cesa no Instituto Emperatriz María de Austria, por excedencia voluntaria.

De 1969 a 1971
 
Exerce  como profesor da Escuela Oficial de Periodismo de Madrid.  
1960-70         

Imparte varios cursos de literatura española na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, de Santander.

1971. 

É profesor do Instituto Lope de Vega, de Madrid, onde traballará ata a súa xubilación.

1971.

Obtén o “Premio al periodismo 1971”, instituído pola Diputación Provincial de A Coruña.

1971, febreiro. 

Viaxa a Londres a dar unha serie de conferencias.

1975.

Publica ¿Luz sobre la “Negra Sombra”?, breve ensaio sobre o poema de Rosalía, na revista Nordés de poesía e crítica en A Coruña.

1981. 

Publica, co patrocinio do Instituto de Estudios Asturianos, o ensaio Primera Etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905).

1984, 24 de agosto. 

Xubílase sendo profesor no Instituto Lope de Vega de Madrid.

1984. 

Publica La Regenta, a través de cartas inéditas de La Pardo Bazán a “Clarín”, opúsculo incluído no libro Clarín y la Regenta en su tiempo (actas del Simposio Internacional, Oviedo 1984).

1985. 

Publica na Revista “Magister”: Dos composiciones de Campoamor, extraídas de sus poesías (1840): “Al río Navia” y el pre-rosaliano “Su imagen”. Dos cartas a “Clarín”: pésame por la muerte de su padre y reacción ante el primer tomo de “La Regenta”.

1987. 

É nomeado Lucense do Ano pola Asociación de Radio e Televisión da provincia de Lugo.

1990,

Publica Toledo, ¿fiel de la balanza de Bécquer entre lo nórdico y lo meridional?  editado polo Colegio Universitario de Toledo, no seu Simposio “Toledo Romántico”.        

1991, maio. 

É premiado cun Trisquel de Ouro polo Ateneo de Madrid, a través da súa Cátedra de Estudios Galegos, en recoñecemento do seu traballo en prol da cultura galega. Neste mesmo acto recibe tamén outro Trisquel de Ouro o escritor, antiguo profesor e amigo persoal de Dionisio, don Gonzalo Torrente Ballester.

1998, 

É premiado coa Medalla Castelao, condecoración que concede a Administración galega.

1998. 

Presenta en Ribadeo a don Gonzalo Torrente Ballester, no congreso que analizou a figura de don Dámaso Alonso, nesta vila, no ano en que se cumpría o centenario do nacemento do escritor

1998, outono. 

Ten a súa derradeira intervención pública en terras do Eo, na casa da Cultura de Castropol, nunha homenaxe ó seu amigo, don Dámaso Alonso.

2000

16 de xaneiro. Morre Dionisio Gamallo na estación do metro  da Plaza de Castilla de Madrid, cando se dirixía á súa casa despois de pasar a tarde coa súa familia.

Xaneiro. O Concello de Ribadeo declara tres días de loito pola súa morte e fai un breve pero emotivo acto de homenaxe no salón de plenos, preludio dun máis amplo no seguinte verán.

O IES (Instituto de Ensino Secundario) número 1 de Ribadeo, Centro do que Dionisio foi director, acorda por unanimidade solicitar para o mesmo o nome de Dionisio Gamallo Fierros.

Por Orde do día 16 de marzo, publicada no D.O.G. do día 3 de abril, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia accede a dar o nome de Dionisio Gamallo Fierros ó Instituto de Ribadeo.

Maio, 30. 

A Casa de Galicia en Madrid homenaxea a  coa organización dunha mesa redonda sobre a súa figura, na que participan o Presidente da Xunta de Galicia, don Manuel Fraga Iribarne, o ex Presidente do Goberno Español, don Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, os membros da Real Academia Española, don Emilio Lorenzo Criado e don Alonso Zamora Vicente, e o profesor de literatura española da Universidade de Zaragoza, don Jesús Rubio.

  Agosto, 18.

O Concello de Ribadeo rende homenaxe á figura de Dionisio Gamallo cunha serie de actos que inclúen  dar o seu nome á rúa onde tiña a súa casa na vila; a colocación dun busto na cercanía da mesma; unha mesa redonda sobre a súa figura, na que participan o Presidente da Xunta de Galicia, don Manuel Fraga Iribarne, o escritor  ribadense don Daniel Cortezón Álvarez, a xornalista e escritora doña Olivia Tudela e o catedrático de lingua e literatura galega don Carlos Álvarez Lebredo; un recital pético de textos de Dionisio, a cargo do profesor e poeta don Xavier Rodríguez Baixeras; e finalmente, unha exposición de pintura, dedicada a Gamallo, do artista ribadense don Xusto Moreda, no Forte de San Damián.      

        

VOLVER A PORTADA