PREMIO ARCEBISPO XOÁN DE SANCLEMENTE
Seis alumnos do noso IES formaron parte do xurado do premio Arcebispo Xoán de Sanclemente. As obras premiadas foron Resistencia, de Rosa Aneiros, Los aires difíciles, de Almudena Grandes, e El club de los canallas, de Jonathan Coe.
Velaquí os vemos no claustro do Instituto Rosalía de Castro, en compañía dos outros alumnos participantes e de varios profesores,o día do fallo.Se buscades ben, atoparedes a Gemma Oseira, Míriam Álvarez, Uxía Vidaurrázaga, Cristina Piñeiro, Antonia Gamallo e Antón Martínez, todos eles de 2º de BAC no curso 2002-03.

E a continuación, varias fotos do día da entrega de premios, no IES Rosalía de Castro e no Hostal dos Reis Católicos:
Cristina Piñeiro entregándolle o premio a Almudena Grandes
Uxía Vidaurrázaga e Cristina Piñeiro con Almudena Grandes e co resto do xurado da modalidade de Literatura castelá.
Míriam Álvarez e Gemma Oseira con Rosa Aneiros e co resto do xurado da modalidade de Literatura Galega.
Antón Martínez con Jonathan Coe e co resto do xurado da modalidade de Literatura estranxeira
Os alumnos estiveron sempre acompañados por varios profesores, que tiveron que realizar un estresante traballo
Jonathan Coe, Almudena Grandes, Ubaldo Rueda (Director do IES Rosalía de Castro) e Rosa Aneiros
Toni Deaño, Rosa Varela, Suso F. Acevedo e Mª Rosa Rodríguez durante a entrega de premios
Organizadores, galardonados e patrocinadores presidindo o acto