Ciencias Medioambientais e da saúde
Esta
é unha materia optativa enfocada cara temas moi concretos e que debe ter como
obxectivo profundar no coñecemento que o alumnado ten das ciencias naturais, do
medio ambiente e dos problemas de saúde ocasionados pola degradación e a
alteración do medio natural. Así mesmo, se abordan problemas da vida cotiá
que, directa ou indirectamente, nos afectan e que están relacionados coa
alimentación e nutrición, as drogodependencias e a sexualidade.
Ademais das clases teóricas, pretendese atinxir os obxetivos con unha serie de
actividades de laboratorio e de campo, a realizar tanto individualmente como en
grupo. Se contempla a realización de enquisas, traballos de investigación ao
nivel da ESO como, por exemplo, o estudio da problemática ambiental dos
concellos de Ribadeo, Trabada ou Barreiros e os seus posíbeis alternativas.
As Unidades Didácticas de Ciencias Medioambientais e da Saúde son:
Unidade
1: A sobreexplotación dos recursos.
Unidade 2: Contaminamo - la atmosfera.
Unidade 3: Contaminamo - las augas e o solo.
Unidade 4: Proceso urbanizador e medioambiente.
Unidade 5: Os alimentos como fonte de materia.
Unidade 6: Alimentación e consumo.
Unidade 7: Reproducción humana e anticoncepción.
Unidade 8: Sexualidade e saúde.
Unidade 9: Drogodependencias e saúde.
| Páxina principal | Departamentos Didacticos | Departamento Ciencias Naturais | Materias |