PRUEBAS PAAU DE CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE

XUÑO 2002

SETEMBRO 2002

XUÑO 2002

Instruccións: A proba componse de cinco apartados; deberá optar entre as preguntas ou bloques segundo as normas que se especifican en cada un deles.

Cualificación: Cada unha das cuestións que integran os apartados 1, 2 e 3 poderá recibir un máximo de 1 punto. O apartado 4 cualificarase con 1 punto e o 5, cun máximo de 2 puntos.

 

1. Contesta a 3 das 5 cuestións que se formulan a continuación do texto.

A sociedade Siglo XXI Solar S. A. Creouse para acometer a construcción dunha grande central solar que producirá enerxla eléctrica. O proxecto Sol de La Mancha construirá a maior central solar fotovoltaica do mundo e ubicarase no municipio de Villarrubia de los Ojos (Ciudad Real). Nesta Sociedade, na que participan Greenpace, empresas dedicadas ás enerxlas renovables e particulares, usarase unha tecnoloxla de vangarda, pero fiable e contrastada. Con este proxecto preténdese que esta enerxia limpa se desenvolva a gran escala.

 NATURA, xaneiro 2002

a. Realiza unha clasificación das fontes de enerxía atendendo a súa capacidade de renovación b. ¿Que diferencia existe entre os termos recurso e reserva?

c. Sinala dúas vantaxas e dous inconvenientes de tres tipos de enerxías convencionais.

d. Define sistema enerxético. ¿Cales son as fases dun sistema enerxético?

e. Sinala dúas vantaxas e dous inconvenientes de tres tipos de enerxías alternativas.

2. Observa o esquema adxunto e contesta a 2 das actividades que se formulan a continuación.

a. Indica os principais contaminantes químicos da auga e un efecto producido por cada un deles.

b. ¿Como evoluciona a DBO en relación co O2 no proceso de autodepuración? Razoa a contestación.

c. Cita os principais contaminantes físicos da auga. ¿ Que ocorre cos sólidos en suspensión ó longo deste proceso?

d. ¿Que son os bioindicadores?¿Que vantaxas aporta a súa utilización?

 

3. Dos dous bloque, A e B, que se propoñen, elixe un deles e contesta as dilas cuestións que se formulan. Non se poderán mesturar as cuestións dun bloque coas do outro.

Bloque A: a. ¿Que é un hidrograrna e cal é a súa utilidade? ¿Que se entende por caudal punta e por tempo resposta? b Explica en qué consiste o fenómeno da choiva ácida e indica os axentes responsables do mesmo

Bloque B: a. Explica os mecanismos que poden orixinar un afloramento oceánico. b. Indica as causas que poden desencadear inundacións ou riadas. ¿Cales son as medidas que se poden adoptar para a súa prevención?

 

4. Cos termos que se presentan a continuación, construír 4 frases nas que se integren só 3 en cada unha delas. Os termos non poderán repetirse. As frases poderán construírse empregando outros termos que non figuren na lista e que se consideren precisos, pero nunca empregar máis de 3 dos que se propoñen; haberá por tanto 3 que non se utilizarán. Kárstico- Escala Mercalli - Biomasa - Aerosoles - Disolución - Producción neta - Clímax - Danos - CFCs - Sucesión - Sísmicos - Calizas - Nivel trófico - Madurez - Ozono.

 

5. Dos 8 conceptos que se indican a continuación, definir 5 deles: Movementos gravitatorios de ladeira - Pirámides ecolóxicas - Illa de calor - Productividade - Solos expansivos - Erosión - Ciclo do nitróxeno - Competencia.

INICIO


SETEMBRO 2002

Instruccións: A proba componse de cinco apartados; deberá optar entre as preguntas ou bloques segundo as normas que se especifican en cada un deles.

Cualiticación:Cada unha das cuestiónsque integran os apartados 1,2 e 3 poderá recibir un máximo de 1 punto. O apartado 4 cualificarase con 1 punto e o 5, cun máximo de 2 puntos.

1. Contesta a 3 das 5 cuestións que se formulan a continuación do texto.

O programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) establece en 50 litros por persoa e día a necesidade básica de auga. Os datos aportados pola Conferencia sobre Auga Doce, celebrada en Bonn (Alemania) do 3 ó 7 de decembro do 2001, subverten este reparto: mentres os países pobres consumen lO litros por persoa e día os ricos sobrepasamos os 250. Ademais 1.200 millóns de persoas non dispoñen de auga potable, e a escaseza a contaminación deste recurso para a alimentación e a 'hixiene provocan a morte de 12 millóns de persoas ó ano. A reunión incidiu unha vez máis na necesidade de desenvolver estratexias que limiten esta desigualdade, incluído o financiamento do acceso á auga que evite o seu mercadeo nos países en desenvolvemento. 

BIOLÓGICA xaneiro 2002

a. Analiza o texto anterior e comenta as causas que orixinan a problemática que se contempla.

b. ¿Que vantaxes obtén o home ó intervir sobre o ciclo hidrolóxico? Indica dúas medidas de carácter técnico encami:ñadas a palía-la crecente demanda de auga.

c. Indica dúas medidas en cada un dos sectores (agrícola, industrial e doméstico) palas que se consiga unha reducción do consumo de auga.

d. ¿Cal é a actividade que máis auga demanda actualmente en España? Explicar cál será a tendencia da demanda de auga por sectores no futuro en España.

e. Diferencia o uso consuntivo e non consuntivo da auga e pon un exemplo de cada un.

2. Observa os datos da táboa adxunta e contesta a 2 das actividades que se propoñen a continuación:

ECOSISTEMA

BIOMASA
(mg C/m2)

PRODUCCIÓN
(mg C/m2 día)

Plantas

60.000

1.200

Herbívoros

6.000

40

Carnívoros I

400

1

Carnívoros II

48

0,03

a. Comparar os valores de biomasa e producción nos diferentes niveis tróficos e sacar algunha conclusión.

b. ¿Qué ocorre coa productividade e o tempo de renovación ó longo da cadea trófica?

c. ¿Porqué o número de elos é tan reducido?

d. Explicar porqué falamos de fluxo para describir a circulación de enerxía, mentres que usamos ciclo cando nos referimos á materia que circula por el.

3. Dos dous bloque, A e B, que se propoñen, elixe un deles e contesta ás dúas cuestións que se formulan. Non se poderán mesturar as cuestións dun bloque coas do outro.

Bloque A: a. Diferenciar entre especies r estrategos e k estrategos. b ¿Cales son os aspectos que se deberán de ter en conta nunha explotación sostible dos bosques?

Bloque B: a. Nomear brevemente os procesos naturais susceptibles de ser considerados como riscos; para cada un deles, se procede, sinala a zona ou zonas de maior perigosidade en España. b. Realiza un esquema e comenta brevemente os tratamentos e procesos que se aplican na liña de auga dunha planta de depuración de augas residuais.

4. Cos termos que se presentan a continuación construír 4 frases nas que se integren só 3 en cada unha delas. Os termos non poderán repetirse. As frases poderán construírse empregando outros termos que non figuren na lista, pero nunca empregar máis de 3 dos que se propoñen; haberá por tanto 3 que non se utilizarán. .

Límite de carga - Sobreexplotación - SO2 - Risco - Sistema - Disolución - Acuíferos - Auga - Choiva ácida - Vento - Tropopausa - Solos expansivos - Biomasa - Arxila - Ácido sulfúrico.

5. Dos 8 conceptos que se indican a continuación, definir 5 deles: Desertización - Biocenose - DBO - Calidade visual da paisaxe - Tasa de Renovación - Sucesión ecolóxica - Meteorización mecánica - Acuífero.

INICIO

Páxina principal Departamento Ciencias Naturais Probas PAAU