O CONCELLO DE BARREIROS

Concello da provincia de Lugo e Diócese de Mondoftedo -O Ferrol.

Limita ó Norte co Mar Cantábrico, ó Sur cos concellos de Trabada e Lourenzá, ó Oeste co concello e ría de Foz. Ten unha extensión de 72 Km e unha poboación de 4.165 habitantes, agrupadas nas parroquias de Barreiros, Benquerencia, Cabarcos, Celeiro, S. Miguel de Reinante e Vilamartín Pequeno, Reinante, San Xusto e Vilamartín Grande.

A capital do municipio, está situada nunha altitude de corenta metros sobre o nivel do mar. Ten 464 habitantes e dista 91 Km da capital provincial, Lugo.

A principal vía de comunicación é a estrada N-634, de Santander á A Coruña que atravesa o concello de Este a Oeste.

Que se difurca na cruz do Lobo, seguindo pola costa cara a O FerroI, ademais a de Vegadeo, a Pontevedra que se une á anterior en Villamar.

O relevo, practicamente chan na zona costeira, é bastante accidentado na parte do Sur do Concello, próxima ás estribacións da serra de A Cadeira. Sen embargo non hai elevacións importantes, sendo as principais o Penabor, Castrillón, Costa de Arxán, Pateira, Gondán e San Estevo.

Na costa, xeralmente rocosa hai boas praias de ría e de mar. A de Fontorto, San Bartolo, San Cosme, San Pedro e San Miguel de Reinante.

Bafian o termo numerosos regatos ( o de Cabarcos, Barranca, Reinante, Merille, San Xulián, San Xusto) pero o único río importante é o Masma, que nace en Mondoñedo e desemboca na ría de Foz.

A súa principal fonte de riqueza é a gandería, á que se adica o 75% da poboación, conxuntamente coa agricultura, turismo, marisqueo e pesca, con destacados cotos salmoneiros e troiteiros no río Masma.

O visitante pode practicar excursións e senderismo polas rutas de mar e de montaña, tantas diferencias como a que transcorre dende a Capela de San Estevo da Pagá en paraxe natural de San Estevo do Ermo; a ruta do parapente, dende o monte comado ata a praia de Reinante; para finalizar coa ruta do Camiño Norte de Santiago que transcorre polas parroquias interiores de San Xusto de Cabarcos, co retablo barroco do século XVIII presidido pola imaxe de Santiago Peregrín.

Páxina principal Actividades Didácticas Costumes relixiosos