O  MUÍÑO DE CELEIRO

por Fátima Barrera López 1º ESO. Xuño de 2004

 

Recorrendo o territorio galego podense atopar moitos muíños (aparatos movidos pola forza da auga, do vento ou por enerxía eléctrica) que serven  para moer trigo,millo...

Entre eses, hai un nun pequeno pobo de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros.

  Muíño de Celeiro

 

 

Este muíño funcionaba mediante a forza que ten a auga dun río, ese río chámase “Masma”.

O muíño foi construido aproximadamente fai 200 anos. Gracias a él moita senté do pobo tiña traballo. Ou ben traballaban no muíño ou ben traballaban  nas terras  do dona deste.

A forma de pago  que había era a “maica” (intercambio) e o que se lle daba o muiñeiro era un neto (720 g. de millo e 520 g.de trigo) por ferrado moído, (16 kg. de millo ou 14 kg. de trigo).

Había catro muíños, dous de trigo e dous de millo. A sente que ía alí tiña que esperar moitas horas  e as veces dìas. Para facer un pouco menos pesado o caso de ter que esperar tanto tempo,  alí  cantaban e bailaban.

Os elementos de transporte, que naquel tempo eran os animais, atabanse nunha corte chamada “corte das burras” xa que poloo xeral eses eran  os animais utilizados e tamén tiñan  que esperar.

   


                                                                              Corte das burras

 

Neste muíño ademais de haber isto , tamén había unha turbina que xeneraba  enerxía eléctrica para o pobo e para os poibos  dos arredores: Vilamar, Cabarcos, San Xusto e Gondán.Nas casas  non había contadores, polo tanto a senté non reparaba en usar a luz aínda que fora moito o consumo ou pouco, tiñan que pagar o mesmo. Debido a isto o dono do muiño pasou por unha crise económica e decidiu serrar so a electricidade para consumo propio.

   

¿CÓMO FUNCIONABA O MUÍÑO?

A auga do río chegaba ata o muíño por unha canle.


 
Parte da canle pola que chegaba a auga o muíño

 

Ó chegar ó muíño a auga ía pasando polas pedras deste, e conseguindo coa súa forza  que xiraran, desta maneira  ía machacando  o trigo ou o millo, que se lle botaban nunha “muxega” (parecido a unha cunca), despois ían saíndo eses productos, xa en forma de fariña, e caendo nunha especie de caixón de madeira ou de outro material.

 

Pedra  do muíño

 


Maquinaria do muíño

 

A fariña recollíana as persoas que estaban a traballar alí, e antes de ser devolta  ós seus donos cobrábase o acordado.        

 

VOLVER