O  MUÍÑO

DE

AUGA

 

 

 

Jorge Fdez. Sordo

1º ESO

 

O muíño de auga que eu coñezo está no Carboeiro, é un muíño privado. Hoxe aínda moe, pero moi pouco, xa que nesta zona  non se cultiva trigo.

Este muíño ten trescentos anos de antigüidade.

Foi restaurado no 1936. Durante a posguerra traballaba día e noite, turnabanse os da casa e tiñan uns camastros de palla para descansar entre moenda e moenda, xa que ía moer xente de Rinlo, A Devesa, Vilaframil, Ove…

Hoxe esto non sería posible dado a escasez de auga que se padece e terían que esperar a que se volvese a encher a presa.

 

O que levaban moer era millo e trigo. O xeito de transporta-lo gran e logo a fariña era con burros. Levaban o gran ou a fariña metida en sacos, nos cancelos ou nos cestos.

 

A forma de pago era mediante maquilas, que consiste en que por cada parte de gran moído, o muiñeiro quedábase  cunha parte. Unha maquila era un neto que equivale máis ou menos a un quilo, sacaban unha maquila por ferrado de gran, e un ferrado son doce ou trece quilos.

Netos (Medidas para a maquila)

 

¿COMO FUNCIONA O MUÍÑO?

 

As primeiras mostras que atopamos en Galicia remóntanse ós tempos do Neolítico, aparecendo nalgunhas mámoas  muíños de man, nos que se moía o gran frotando unha pedra contra outra, variando de tamaño. Este tipo de muíños empregáronse durante moito tempo.

 

Máis tarde, alá pola Idade Media, estes muíños aumentaron de tamaño e pasaron a ser moídos por auga coma os que podemos ver hoxe.

 

O muíño de auga empeza pola construcción para o aproveitamento da auga, desviando ésta a unha presa ou banzao.

 Presa ou banzao

 

O muíño debe estar por enriba do río, para que a auga que sae movendo o rodicio saia directamente hacia o río, seguindo o seu curso normal.

 

A canle, tubos que levan a auga dende a presa ata o inferno, lugar en donde se atopa o rodicio, ten que ter o longo que sexa necesario para que a auga ou levada gañe forza para move-lo muíño.

 Canles

 

No final da canle atópase o cubo funiforme que remata nun cano de madeira chamado canela que dirixe a auga cara ó rodicio. Á saída da canela ten un artilugio para deter o muíño, que consiste nunha táboa ou plancha de ferro que por medio dunha vara longa, tapa ou abre a saída, podendo controlar así o funcionamento do muíño, este aparello chámase afiadoiro.

 

 

ENTRAMOS NO MUÍÑO

 

Está metido nunha construcción  rectangular adosada a outra onde gardaban os burros mentres esperaban pola moenda.

Está dividido en dous andares: o superior ou termiñado, así tamén se chama onde cae a fariña, e o inferior, coa parte que da cara ó río totalmente aberta chamada inferno na que xoga o rodicio.

 

 Rodicio

 

O rodicio consiste nunha serie de culleres de madeira, que se chaman penas e saen radialmente dun anaco de madeira, cabazo, e que levan para asegurar un aro de ferro ó redor.

 

Non se poñerá en marcha o muíño ata que accionemos o tempero ou apeadoiro, que é un mecanismo de pau que dende enriba deixa libre a saída da auga  para que saia con forza contra ó rodicio e lle faga xirar sobre si mesmo, movendo as moas e comece a moenda.

 

O rodicio está apoiado nunha vara de madeira lonxitudinal a todo o ollo de saída da auga que se chama mesa ou baixo. Sobre ela percute o apeadoiro, baixándoa ou subíndoa e liberando ou aprisionando a roda.

 

 

 

Do rodicio sae un eixe, o barol, hacia a parte superior. Este engancha enriba cos mecanismos de trituración a través dos buratos. A unión é coa pedra plana, moa, chamada capa que xira pola parte superior sobre a de maior volume, o pé.

 

O barol transmite á moa o movemento circular que lle fará tritura-lo gran ata convertelo en fariña.

 

Na parte superior das dúas pedras, suxeita a unha viga de madeira, atópase a muxega, en forma piramidal, que é onde se deposita o gran. Contén sobre unha fanega (catro ferrados)

 

 Muxega

 

O gran vai caendo polo cano que é a canlilla, e vai directamente ó ollo da moa, capa, polo que penetra hacia a zona de contacto entre as dúas pedras.

 

 Tambor coas pedras

 

O gran descende da canlilla pola vibración que produce o varelón, pao de madeira unido ó barol e que está en cotacto coa moa, chámase tenxedoira ou tangano.

Cando se pon en marcha o mecanismo de trituración, o gran vaise introducindo entre a moa e o pé, estando éste inmóvil, ata que poidan convertelo en fariña que pode ser máis fina ou máis grosa. Esto depende de

varias cousas:

-   Si baixamos o apeadoiro a moa subirá e o gran de fariña será máis groso ó aumentar a ranura de trituración.

-         Si baixamos a moa o gran será máis fino xa  que o espacio de trituración será menor.

 

A fariña moída vai caendo polo termiñado e recóllese nun caixon de madeira con tapa superior e que logo se distribue para os sacos cunha pá.

Os muíños que moen trigo levan uns borteles instalados no eixe dotados dunha tela moi fina que fai de tamiz, chamada peneira, separando o salvado da fariña blanca e fina, a fariña cae por un lado e a casca (salvado) por outro. A fariña fina destínase para face-lo pan e o salvado para alimento dos animais.

 

TRABALLOS PARA MANTE-LO MUÍÑO

 

-Teñen que reparar todo o que rompe.

-Limpalo despois de varios usos.

-Unha das cousas máis importantes é o de picalas pedras; cando se desgastan ou están moi novas para que así moan mellor.

Era necesario picalas cando o gran esta húmedo ou era moi novo e estaba verde, quedaba pegado nas pedras.

Para picalas pedras teñen que ter un guindastre de madeira  a modo de grúa con dous ganchos de ferro, a esto chámaselle burro, utilízase para saca-las pedras.

 

 Burro (guindastre)

Este picado é unha labor de moita precisión, pícase máis tosco hacia dentro e máis fino hacia os bordes.

Cando había moita moenda facíase cada semana ou cada 15 días, esto dependía do uso do muíño.

 

 Pedras (Capa e pé)

 

 

 

O MUIÑO COMO NUCLEO DE RELACION SOCIAL

 

Era o muiño un lugar no que xiraban as relacións da xente da comarca.

Foi usado como lugar de encontro. Necesariamente os veciños debían de acudir o muiño con asiduidade, e mentras se procedía a moenda aproveitábase este tempo para os cánticos, contos, parolas…

 

Relato algunhas curiosidades:

 

-O noso baile por excelencia é a Muiñeira, danzando en sentido circular simulando a rotación das moas ó moer.

- No muiño fan cantigas, no muiño fan concellos, no muiño fanse amores, e contan contos os vellos.

- Copla:  “un cura foi ó muíño,

                 foille mellor que non fora,

                 que coa beira da sotana,

                 barreu a fariña toda”

 

 

 

 

 

                                              

 

BIBLIOGRAFÍA

1.     TÍTULO: “Hórreos, molinos y fuentes de la Tierra de Viveiro

          AUTOR: José María Leal Bóveda

 

 

 

2.     TÍTULO: “Os oficios

          AUTOR: Xaquín Lorenzo

 

 

 

FOTOGRAFÍA: Jorge Fdez Sordo

 

 

DOCUMENTACIÓN ORAL: Familia propietaria do muíño.

 

VOLVER