CICLO SUPERIOR EDUCACIÓN INFANTIL

 

Perfil profesional:

O/A educador infantil traballa desenvolvendo programas de atención á infancia, con nenos/as de 0 a 6 anos e tanto no ámbito da educación formal (escola infantil), como no ámbito da educación informal: actividades recreativas, de tempo libre, lúdicas, no campo da natureza, turismo, tempo de lecer, sociocultural, etc., así como no sector do traballo social a través do traballo con menores en situacións de risco ou descompesación social (Servicios Sociais de menores, centros de acollida).

A especialización do/a educador/a infantil depende dos tres ámbitos nos que pode desenvolver a súa actividade. Os espacios nos que ten cabida como profesional son garderías/escolas infantiles, ludotecas, centros de menores, centros de atención á infancia, programas de tempo de lecer destinados a infancia...

O Ciclo ten unha duración de 2.000 horas. Abrangue 4 trimestres no centro educativo e aproximadamente 6 meses de formación en centros de traballo.

Tendo esto en conta, os contidos formativos do Ciclo recóllense nos seguintes módulos:

 

1º - 2º - 3er TRIMESTRES:

Didáctica da educación infantil.........................................185 horas.
Autonomía persoal e saúde...............................................185 horas.
Metodoloxía do xogo...........................................................185 horas.
Desenvolvemento cogntivo e motor..................................185 horas.
Desenvolvemento socioafectivo e intervención
coas familias.......................................................................110 horas.
Formación e horientación laboral........................................55 horas.
Horas a disposición do centro.............................................55 horas.

4º TRIMESTRE:

Expresión e comunicación.................................................165 horas.
Animación e dinámica de grupos......................................110 horas.
Proxecto integrado............................................................... 55 horas.

5º TRIMESTRE.

Formación en centros de traballo (FCT)...........................710 horas.

 

PÁXINA PRINCIPAL

OUTRAS OFERTAS EDUCATIVAS