BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS

 

 

DESTINATARIOS REQUISITOS
MODALIDADES DURACIÓN

TITULACIÓN

SAÍDAS

 

 

DESTINATARIOS

 

Como norma xeral tódalas persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos.

Excepcionalmente e previa autorización poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que acrediten a súa condición de traballadores.   

REQUISITOS

 

Posuí-lo título de graduado en educación secundaria.

Ter superados os estudios do primeiro ciclo de programa experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

Posuí-lo título de Técnico Auxiliar de Formación Profesional de primeiro grao.

Ter aprobado o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente ou, como máximo, con dúas materias non superadas.

Ter superados os cursos comúns dos estudios de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.

Estar en posesión do título de Técnico correspondente á Formación Profesional de grao medio.

 

MODALIDADES

 

As mesmas que no Bacharelato ordinario. O currículo tamén será o mesmo.

A vantaxe que ofrece a ensinanza de adultos é que o alumnado pode levar o seu propio ritmo de aprendizaxe, xa que pode matricularse por curso completo ou por materias soltas.

Se opta por cursar materias soltas poderán cursarse, simultaneamente, materias do primeiro ou do segundo curso coa excepción de que non se supere a carga lectiva dun curso completo ou exista prelación entre materias.

É importante  destacar que neste réxime cando se aproba unha materia queda definitivamente superada.

 

DURACIÓN

 

O tempo de permanencia para cursar estas ensinanzas é de seis anos académicos.

De esgotar os seis anos, sen acadalos obxectivos previstos, os alumnos poderán seguir cursando as materias pendentes a través do réxime de ensinanza a distancia ata completa-la formación desexada.

 

TITULACIÓN
 

Ós alumnos e alumnas que acaden a avaliación positiva, por materias soltas, ó completar un itinerario formativo expediráselle o título de bacharel na modalidade que se complete.

Cando non se rematen os estudios correspondentes á unha modalidade educativa, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten as materias e maila cualificación obtida.

 

SAÍDAS
 

PAAU

Ciclos Formativos de Grao Superior

Universidade

Mundo Laboral