Andrea Rivas Álvarez

1º Bacharelato

LUXEMBURGO

 

INTRODUCCIÓN

Luxemburgo foi un  histórico cruce de camiños en Europa, polo que a poboación nativa de Luxemburgo provén dunha mestura de pobos celta, latino (romano) e xermano (franco). Os luxemburgueses desenvolveron, a partir da súa rica herdanza cultural, unha peculiar conciencia social. Este país ten un dos índices de crecemento demográfico máis baixo de Europa; isto provocou unha carencia de man de obra, que foi compensada pola presencia dun nutrido grupo de inmigrantes.

Este elevado número de residentes estranxeiros e a coexistencia de varias linguas, converten a Luxemburgo nun microcosmos de Europa no seu conxunto. Dunha poboación total de 441.300 habitantes, un 37.33% son estranxeiros (aprox.  164.700); entre os que destacan os portugueses (58.400), os italianos (20.300), os franceses (20.100) e os belgas (15.100).

 

LUXEMBURGO, UN MICROCOSMOS DE EUROPA

A situación lingüística actual de Luxemburgo segue o fío lóxico da súa historia.

O bilingüismo tradicional de Luxemburgo, que recoñecía o francés e o alemán como linguas oficiais, modificouse no 1984 co recoñecemento do luxemburgués como lingua nacional.

Ó manter ambas linguas, Luxemburgo é o símbolo dunha terra de encontro entre a cultura romana e a xermánica, e entre moitas máis actualmente. O recoñecemento do luxemburgués reforza e enriquece o bilingüismo tradicional.

O réxime trilingüe non sitúa en pé de igualdade ós tres idiomas, xa que a lingua da lexislación é o francés mentres que no ámbito administrativo e xudicial pode empregarse calquera das tres.

A estas tres linguas oficiais hai que engadir outras, principalmente o portugués e o italiano que constitúen a lingua materna dunha parte importante da poboación, ademais do inglés que está  presente na actividade empresarial e financeira.

A presencia de distintas institución comunitarias que teñen a súa sede en Luxemburgo e o fenómeno dos frontaliers (poboación que reside nos tres países limítrofes e que traballa en Luxemburgo) completan a imaxe dun país no que a pluralidade de linguas constitúe unha necesidade e un factor de integración; é á vez, a apertura cara ó exterior e a vontade de acolle-lo exterior no Gran Ducado.

No ano 2000 a poboación activa do país ascendía a máis de 250.000 persoas das que só uns 160.000 tiñan a nacionalidade luxemburguesa; estas cifras dan ideas do modo na que a convivencia de distintas nacionalidades e linguas determinan a vida e o perfil do país.

 

PRESENCIA SOCIAL

No sistema escolar os ensinantes empregan o luxemburgués no ensino preescolar, logo é en alemán cando os nenos/as  aprenden a ler e escribir, o primeiro curso da escola primaria, e despois en francés, a partir do segundo curso. A práctica lingüística escolar reflexa a situación do país no uso das linguas, caracterizada por unha apertura cara a Europa, a nivel político e universitario (este trilingüismo permite ós universitarios cursar estudios en tódolos países francófonos, xermanófonos ou anglófonos).

O luxemburgués é o modo de comunicación oral habitual entre a maioría dos cidadáns, así como entre eles e os estranxeiros que foron escolarizados no sistema luxemburgués. A situación desta lingua, despois de ser recoñecida por lei con carácter de lingua nacional, é de clara diglosia respecto ás outras dúas linguas oficiais.

Tamén se emprega o portugués, o italiano e en menor medida, o español e outras linguas, como o serbocroata, pero a súa importancia é moi relativa.

O francés, lingua de prestixio por excelencia en Luxemburgo, é a principal lingua vehicular en todo o territorio.

O alemán, de uso xeral como medio de comunicación escrita, ten un carácter máis secundario de lingua vehicular.

O inglés, vai gañando terreo rapidamente nos ámbitos sinalados da empresa e as finanzas, pero previsiblemente irá consolidando a súa función vehicular, debido entre outros factores, á súa consolidación nalgunhas institucións comunitarias implantadas no país e a futura presencia de numerosos funcionarios comunitarios dos países que se adherirán á Unión Europea nos próximos anos.

BIBLIOGRAFÍA

Ø     Granville Prince: Enciclopedia de las lenguas de Europa. Editorial Gredos. Madrid, 2001.

Ø     Microsoft: Enciclopedia Encarta. Microsoft Corporation. 2001.

Ø     Páxinas web:

http://www.worldlanguage.com/Spanish/Languages/Italian.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Italiano_(lengua)

http://www.gouverment.lu/publications/download/fiches_tout_savoir_esp/Fiche_Langues.pdf.

http://www.europa.eu.int/comm/translation/events/almagro/html/rivas_corri_es.htm

 VOLVER