curso 2002-03

FOTOPOEMAS

Seguindo o modelo de experiencias similares, propúxose que cada alumno aportase unha foto e, inspirándose nesa imaxe, outro alumno tería que escribir un texto poético.

Velaquí unha pequena escolma dos resultados:

 

 

 

 

 

Ángela Mariña 

1º bacharelato   

 

 

   A VELOCIDADE QUE ME LEVA A TI

 

    Morte do vento que se achega a min rapidamente

    Aire que me leva a gran velocidade

    sen darme conta de que o tempo pasa.

    As rodas van marcando o destino que me leva a ti

    deixando atrás o pasado do noso amor.

    Non queda nada de que falar

    as palabras fóronse co apresuramento dos teus bicos.

    Que máis podo dicir da velocidade coa que pasou o noso amor!

    Da tenrura que nos percorreu durante uns segundos

    dos ollos que saltaron no baleiro fitando o destino

    Botarei man ó teu colo,

    e queimaremos o triste final,

    deste amor que se consome.

    Avanzaremos sempre xuntos cara á fin.

 

 

 

 

Santiago Sanjurjo Díaz

1º bacharelato

A DESPEDIDA

 

Intre derradeiro.

Só queda vivir

os últimos instantes,

ó teu lado.

Os ollos cansos

elevan a mirada

e vente a ti

e vén o ceo,

meu ceo.

Derradeiro intre.

Só bicarte queda,

tentando roubarche

un último alento

que me manteña

con vida dabondo,

para verte a ti

e ó solpor,

meu ceo.

Intre derradeiro.

Só queda observarte,

os tonos alaranxados,

mortalmente amarelos

e dun azul mortalla

do neutral morrer,

que se entremezclan

coa túa mirada,

meu ceo.

Derradeiro intre.

Só despedirse queda,

o beixo dos teus beizos,

ver a luz final,

antes da escuridade,

e renacer, quen sabe,

coma o sol, cada día

eternamente, eternamente,

meu ceo

 

UN ANXO...

A noite achégase silenciosa e expectante. Pouco a pouco a escuridade inunda a infinita casa de Deus, coma se de unha lixeira capa de seda gris se tratara.

As nubes xogan a perseguirse, formando unha perfecta combinación de luces e sombras, cambiante, que rematará por extinguirse e quedar unicamente na lembranza. A lúa ocúltase tímida tralas nubes, inqueda, fuxitiva. Semella querer pasar desapercibida. A néboa fica queda no ambiente, penetrando ata o máis profundo da alma, e buscando lugar nos pensamentos para quedar a durmir.

E alí está ela, inmóvil, segura de si mesma, pero á vez fráxil coma un castelo de naipes.

As súas ás, delicadas coma o vidro, mestúranse coa escuridade da noite. Os seus cabelos xogan ó compás do vento. Pecha os ollos, parece durmir.

A lúa será a única dona dos seus soños, os soños da pureza con forma de muller.

 

 

 

María Guerra Álvarez

1º bacharelato

 

 

VOLVER