Cristina Suárez González

1º Bacharelato

POLONIA

 

 

 

 

 Polonia é país situado na beira do Mar Báltico. Limita con Rusia, Lituania, Bielorrusia, Ucraína, Eslovaquia, República Checa e Alemaña, por eso é que contén unha enorme variedade lingüística. O nome oficial do país é "Rzeczpospolita Polska", que se traduce coma República de Polonia. A existencia de Polonia como estado remontase ó século X. 

En Polonia, o idioma oficial é o polaco, aínda que tamén se fala alemán, ucraíno, bielorruso, lituano, ruso e un pouco de checo. Esta gran variedade lingüística fai que o propio polaco presente dialectos, o estar en contacto con outras linguas. O 98% da poboación polaca sabe falar dous idiomas.

O alemán é o idioma, a parte do polaco, que goza de máis popularidade en  por un lado por ser o idioma falado polo veciño economicamente máis potente de todos, e por outro porque hai rexións de Polonia nas que case todos teñen familiares ou amigos que emigraron a Alemaña.

A seguinte lingua en número de falantes é o ucraíno, porque nun momento da historia, Ucraína e Polonia pasaron a ter unha mesma rexión en común. Galitzia era un antigo Principado de Halych-Volynia, un dos tantos nos se dividira o Reino de Ucraína a finais da Idade Media.
        No ano 1569 a nobreza terratenente polaca invadiu a rexión Galitzia, incorporándoa ó Reino de Polonia. Ós campesiños ucraínos entonces foron sometidos ó réxime da servidume semifeudal, terrible sistema de opresión social e de explotación económica baixo o cal o campesiño de Polonia xa estaba sometido dende séculos pola súa propia nobreza. Con a finalidade de afianzar a súa dominación sobre os territorios galitzianos, os nobres terratenentes polacos comezaron desde 1569 a colonizar a zona con campesiños polacos, os que eran internados forzosamente naquela rexión.
            Deste xeito os campesiños ucraínos e os campesiños polacos comezaron a convivir naquela rexión traballando en condicións de servos para a nobreza semifeudal polaca. O sometemento adquiriu características brutais e no foron poucos os levantamentos ou rebelións dos campesiños polacos e ucraínos no seu intento de liberarse do sistema de servidume imposto pola aristocrática nobreza terratenente polaca.

A situación chegou ó límite cando no ano 1848, ó producirse o movemento liberal en toda Europa, o campesiño ucraíno e polaco de Galitzia  sublevouse en masa. Procedendo a executar a centenares de membros de la nobreza polaca. Austria, que sempre tivo a oposición dos nobres polacos, viu con agrado a espantosa matanza realizada polos campesiños.

Para congratularse cos mesmos, o Congreso de Viena en 1848 emitiu un decreto, avalado polo Emperador de Austria, Francisco José I, declarando a abolición do réxime da servidume e outorgando a propiedade da terra ós campesiños, dándolles un prazo de 49 anos para pagala.

(É lóxico, que despois do que pasaron os campesiños polacos e ucraínos, non se fixesen amigos e acabasen vivindo xuntos).

Outro idioma que cabe mencionar é o bielorruso, que con máis de 200.000 falantes convértese no cuarto idioma máis falado en Polonia, despois do polaco, alemán e ucraíno.

As demais linguas que se falan en Polonia son: ruso, lituano, checo y macedonio, dos que non encontrei ningunha información, tan só o seu número de falantes. A continuación fago unha pequena táboa onde mostro eses datos.

 

LINGUAS FALADAS EN POLONIA

Linguas

Número de falantes

alemán

300.000-350.000

ucraíno

200.000-300.000

bielorruso

200.000

ruso

13.000-15.000

lituano

20.000-25.000

checo

2.000-3.000

macedonio

4.000-5.000

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Páxinas Web:

-www.embpolonia.com

-www.rilco.com

-www.gouverment.lu/publications/download/fiches_tout_savoir_esp

-www.uoc.es/euromosaic

-www.elmundo.es/aula/elgrantest

  Libros:

- Costas, H (2002): Guía das linguas de Europa. Positivas. Santiago

- Enciclopedia de las lenguas de Europa

 

Cristina Suárez González- 1ºBAC.A

novembro do 2003

VOLVER