Curso 2003-04  

Palabras bonitas

Somos conscientes de que falar de linguas “feas” e “bonitas” é unha trapallada sen xeito ningún, pero tamén de que en cada idioma non todas as palabras resultan igual de eufónicas.

Tendo claro isto, propuxémoslles ós alumnos de 1º de BAC que indicasen as que considerasen as 10 palabras máis fermosas do galego.

O resultado era previsible. Sabiamos que ían saír moitas palabras de uso cada vez menos frecuente e, en realidade, ese era o noso verdadeiro obxectivo: chamar a a tención sobre o empobrecemento do noso léxico e sobre o perigoso proceso de converxencia co castelán.

Así, detrás desta proposta case lúdica, agachabamos a intención de levar a cabo unha actividade de recuperación de léxico e de reflexión sobre a súa perda, e nesa liña orientamos as actividades posteriores. A cuestión estética, sen estar allea, parécenos secundaria.

Velaquí o listado completo:  

20 votos

 bolboreta

14 votos 

 agarimo, agarimar

10 votos

andoriña  

8 votos

ledicia,morriña

7 votos

axóuxere, xoaniña

6 votos

bágoa  

5 votos

arco da vella, aloumiño, aloumiñar, rapariga, raparigo

4 votos

crocodilo, estrela, paixón, panxoliña, pícara, pícaro, xeonllo, xeonllos 

3 votos

amorodo, amencer, beizos, boneca, ceo, coello,  fermosa- fermoso, golfiño, lúa, nadal,  paseniño, peirao, ronsel, saudade, vagalume, agasallo  

2 votos

alecrín, amizade, árbore, avelaíña, axexo-axexar, badalada, biquiño, cabalo, cabazo, cabelo, caluga, carapuchiña, caravel, cogomelo, croqueta, curruncho,    esquío, falcatruada, folerpa, lambonada, lóstrego, meixela, meniña, morea, papoula, pescuda, pescudar, píntega, primavera, raposo, sapoconcho, seara, troco, xeada, xograr, xoia,

1 voto

abelurio, abisal, abril, aguia, alacrán, alelí, albor, alboarda, alpendre, amarela, ameixa, amoriño, anxo, anxiño, aperta, apreixar, arado, arboreda, argalleiro, arrefriar, arriscar, artemisa, asubía, atopar, avoa, bacoriño, bailanocribo, balandra, barbeito, belida, berce, bico, bicar, billa, boneco, broa, bubela, bulir, buxaina, cabalgata, cabaliño do demo, cabozo, cadeira, caderno, caimán, cálitro, campá, campión, can, cancro, canivete, cantáride, caratuxa, carballo, cegoña, celigras, cheminea, chirla, chousa, chuchamel, chuspir, chuvia, cinsenta, cobla,coitada,corzo, cousiña,crebaolas, culler,cuncha, demora, denociña, desexo, de vagariño, doce, donicela, eiruga, emancipar, entroido, envés, enxebre, esnaquizar, espantallo, estaca, estela, estorniño, estrelamar, faciana, fariña, fazula, feira, feitizo, fervenza, fiar, fidelidade, fiestra, fiúncho, fogar, fogaxe, foliada, foraxido, forza, friaxe, fume, fuxir, gaita, gandaina, garavanzo, gragarexo, goleta, grelos, guindar, ínfula, lar, larada, larica, lagoa, lambetada, landra, lapis, larpeiro, lavalouza, ledo, leito, lenda, lentella, lesma, libeliña, lirio, lixo, loanza,longueiro, lousa, luceiro, lume, maceira, mágoa, maimiño, mala, pécora, marexada, margarita, máxico, mazaroca, mel, menciña, mestre, migalla, millo, miñato, miñoca, moeda, monifate, monicreque,morcego, mouro, moza, muiñeira, nenúfar, néboa, ollomol, ondas, orballo, ovo, panxoliña, papaventos, parálise, parrulo, paxaro, peiteado, peneira, peperetada, percatarse, pergamiño, pexego, picapleitos, pita, pobo, poema, pomba, pombal, porco, porco espiño, preguiceira, queixiña, rapaz, raposa, recanto, recuncho, regueifa, resío, ringleira, rosa, ruxe-ruxe, saia, saloucar, san, saraiba, senlleiro, sentimento, serea, siareiros, sinatura, sol, tarabelo, tartaruga, titiriteira, toxo, trapallada, trebello, vacaloura, ¡vaia croio!, vasoira, verbas, vermello, verxel, verza, vincallo, voíña, xabaril, xanela, xantar, xarope, xasmín, xaxún / xexún, xeito, xelado, xenreira, xerpa, xiz, xoíña, xornal, xouba, xuíz

VOLVER