CHISTES MATEMÁTICOS



airplanewht.gif (27155 bytes)

Unha vez houbo un señor que tivo que viaxar en avión, e estaba moi preocupado pola posibilidade de que algún terrorista puxera unha bomba no avión. Moi inquieto, abrochou o seu cinto de seguridade, e preguntou á azafata:
- Señorita, ¿podería dicirme cal é a probabilidade de que haxa unha bomba no avión?
- "¡Oh, moi pequena!, pode estar tranquilo." responde a azafata.
- ¿E a de que haxa dúas bombas?
Co mellor do seus sorrisos a "aeromoza" contesta:
- Asegúrolle que a probabilidade desa situación é prácticamente nula.
O home reláxase cheo de beatífica paz, e sinalando ao seu maletín de man contesta:
- Algo así xa supoñía que ocurrise; por iso trouxen esta bomba comigo.
A continuación unha histérica gargallada percorreu o avión ata a cabina do comandante.

***

Unha conclusion é o que consegues cando cansas de pensar.

***

shepwht.gif (7152 bytes)

Un astrónomo, un físico e un matemático estaban de vacacións en Galicia. Mirando a través da ventá do tren viron unha ovella negra no medio dun prado.
- Qué interesante, dixo o astrónomo, as ovellas galegas son negras.
Ao que o físico respondeu:
- Non, non. Algunhas ovellas galegas son negras.
O matemático mirou fixamente cara o ceo, e suplicando perdón para os seus compañeiros, correxíunos dicindo:
- Estades equivocados, o único que se pode dicir é que en Galicia hai polo menos un prado, que ten alomenos unha ovella, un lado da cal é, polo menos, negro.

***

5465422.gif (13337 bytes)

Un matemático está en África tentando apresar un león. Cando atopa un decide construír un valado arredor de sí, dicindo: "Defino este espacio como o exterior, e ... xa teño o león dentro".



***

Vai a función exponencial pola rúa e crúzase cun integrador, quen, todo fanfarrón dille: "¡A que che integro!", ao que a exponencial contesta: "E a mín qué ..."

***

TEOREMA : todos os números enteiros son interesantes.

DEMOSTRACIÓN: Supoñamos que non; polo tanto, existe un mínimo número enteiro non interesante. Este numero é, obviamente interesante, o cal contradi o feito de que non é interesante. Por reducción ó absurdo, a suposición de que existen números enteiros non interesantes é falsa.

****

baloonWHT.gif (7345 bytes)

Dous amigos viaxaban en globo, pero un forte vento arrastrounos durante moitas horas, o que fixo que se perdesen. Descenden sobre un prado, e sen baixarse do globo, pregúntanlle á única persoa que atopan por alí:
- Perdoe, ¿pode dicirnso onde nos atopamos?
O home párase a pensar un rato e responde:
- Nun globo.
Entón un dos amigos dille ao outro:
- Ímonos de aquí a preguntarlle a outro, porque éste é parvo.
- Non, home, non é parvo. O que pasa é que é matemático.
- Ah, ¿sí?, ¿E cómo o sabes?
- Pois moi fácil, porque lle fixemos unha pregunta ben simple que cualquera persoa normal podería responder inmediata e eficazmente; pero el pensouna largamente, e ao final dixo algo totalmente certo, absolutamente exacto, pero que xa sabíamos, e que ademáis non nos sirve para nada.

***

Se vostede entendeu este artigo, non dubide en poñerse en contacto comigo, e gustosamente volvereillo a explicar ata que non o entenda.

***

schule06.gif (4353 bytes)

CÓMO SE POÑEN AS NOTAS

DEPARTAMENTO DE ESTATÍSTICA: Colócanse os estudiantes por orde alfabética sobre unha gráfica, distribuidos ao longo dunha gaussiana.
DEPARTAMENTO DE PSICOLOXÍA: Os estudiantes fan un debuxo no exame, e o profesor pon a nota de acordo co primeiro que lle suxire o debuxo.
DEPARTAMENTO DE COMPUTACIÓN: Usa un xenerador de números aleatorios.
DEPARTAMENTO DE HISTORIA: Cada estudiante recibe a mesma nota que o ano anterior.
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN: Deus pon as notas. (Inapelable)
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA: ¿Para qué queredes notas?
DEPARTAMENTO DE DEREITO: Os estudiantes teñen que defender por qué se merecen un sobresaliente.
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS: As notas son variables aleatorias.

***

­¡Papá, papá!, ¿podes facerme o problema de matemáticas?
-Non fillo, non estaría ben.
-Bueno, inténtao de todas formas.

***

4fh54fgh.gif (15626 bytes)

Pregúntanlle a un matemático:
- E tú ¿qué farías se vises unha casa ardendo e xusto enfrente unha mangueira sen conectar á boca de suministro de auga?
- Conectaría a mangueira, obviamente, e apagaría o lume.
- ¿E se a casa non estivese ardendo, pero a mangueira estivese conectada?
- Entón prendería lume á casa, desconectaría a mangueira, e despois aplicaría o método anterior.

***

idea.gif (36868 bytes)

Examínanse un matemático, un físico e un enxeñeiro, e a única pregunta é calcular canto son dous e dous. O enxeñeiro contesta sen pestañear: "Catro". O físico pasa como media hora diante do papel facendo garabatos e acaba escribindo "Catro". O matemático escribe, escribe, escribe, e a súa cabeza bota chispas. Acaba o tempo e o tipo que non entrega. Con bágoas non ollos suplica ao profesor que lle deixe volver o día seguinte a primeira hora, convenceo e xa pola mañá segue escribindo ..., e segue ..., e segue ... Ata que o profesor xa farto pregúntalle que qué fai. O individuo contéstalle: 
"Acabo de demostrar que a solución existe e é única. Agora só me queda determinala."

***

¿ 2 + 2 = ?
Enxeñeiro: 3.9968743
Físico: 4.000000004 ± 0.00000006
Matemático: Espere, só uns minutos máis, xa demostrei que a solución existe e é única, agora estouna acotando...
Filósofo: ¿Qué quere dicir 2+2?
Lóxico: Defina mellor 2+2, e respondereille.
Contable: Tras pechar portas e ventás, pregunta en voz baixa: "¿Vostede, ... canto quere que sexa?"

***

buggy_scratching_head_md_wht.gif (4202 bytes)

Dúas pulgas (científicas) entre sí:
-¿Cres que haberá vida noutros cans?

 

 

***

Enxeñeiros e científicos nunca gañarán tanto diñeiro como os executivos de negocios. Agora temos a proba matemática que explica por qué esto é certo.

Postulado 1: Coñecemento é Potencia (Poder).

Postulado 2: Tempo é Diñeiro.

Como todos sabemos,

Traballo
-------- = Potencia
Tempo

Como Potencia = Coñecemento, e Tempo = Diñeiro, temos:

Traballo
-------- = Coñecemento 
Diñeiro

Despexando Diñeiro, obtemos:

Traballo
----------- = Diñeiro
Coñecemento

Desta forma vemos que, cando o coñecemento se achega a cero, o Diñeiro achégase a infinito, sen que importe moito o traballo feito. 

Conclusión: Canto menos saibas, máis diñerio gañarás.

***

Un médico, un enxeñeiro e un informático están falando sobre cal das súas profesións é a máis antiga. Empeza o médico:
- Pois mira, a Biblia di que Deus creou a Eva dunha costela de Adán; esto obviamente require ciruxía, e polo tanto a medicina é a profesion máis antiga.
O enxeñeiro replica:
- Sí, bueno, pero antes deso, a Biblia di que Deus separou a orde do caos; ésta foi obviamente unha obra de enxeñería.
O informático bótase para atrás na súa cadeira e, sabendo que gañou a partida, di sorindo tranquilamente:
- Sí, pero ¿cómo cres que Deus creou o caos?

***

couple_on_vacation_md_wht.gif (14929 bytes)

Un físico, un químico e un programador van nun coche por unha estrada. De repente, o coche comeza a facer un ruido raro. Paran o coche, e deixando o motor en marcha matinan sobre a causa mirando o motor. O fisico di:
- Evidentemente, hai un problema de rozamento entre os pistóns, de ahí o ruido.
O químico replica:
- Deso nada, o ruido é debido a que a gasolina está mal mesturada.
O programador vai e di:
- ¿Por qué non o apagamos, o encendemos, o apagamos, o encendemos, ...?

***