PENSAMENTOS

 

"A Matemática honra ó espíritu humano" (Leibniz)

***

"Toda educación científica que non se inicia coa matemática é imperfecta na súa base" (Compte)

***

"A escala da sabedoría ten os seus peldaños feitos de números" (Blavatsky)

***

"A matemática é a chave de ouro que abre tódalas portas" (Duruy)

***

"Quen non coñece a matemática morre sen coñecer a verdade científica" (Schelbach)

***

"As leis da natureza son simplemente pensamentos matemáticos de Deus" (Kepler)

***

"A matemática é o máis marabilloso instrumento creado polo xenio do home para o descubrimento da verdade" (Laisant)

***

"Quen quere facer algo atopa un medio; quen non quere facer nada atopa unha excusa" (Proverbio árabe).

***

"En cuestións de ciencia, a autoridade de mil non vale tanto como o humilde razonamento dun só individuo"
(Galileo Galilei, 1564-1642)

***

"Un viaxeiro que non queira pasar por unha ponte ata comprobar personalmente a solidez de cada unha das súas partes, non irá moi lonxe; é necesario arriscar algo, incluso en matemáticas". (Horace Lamb, 1849-1934)

***

"Se Homero ou Esquilo non houberan existido, se Dante e Shakespeare non houbesen escrito unha soa liña, se Bach e Beethoven houberan estado en silencio, a vida diaria da maioría das xentes da nosa época tería sido exactamente a mesma. Pero se Pitágoras e Galileo e James Watt non houbesen existido, a vida diaria, non só dos occidentais -europeos e americanos- senon tamén a dos habitantes da India ou dos labregos rusos e chinos sería diferente do que é agora". (Bertrand Russell).

***

"Os matemáticos son como os franceses: vostede cóntalles unha cousa, eles póñenna na súa língua, e vostede xa non volve a entender nada do asunto". (Goethe)

***

"A Xeometría existía antes da Creación. É co-eterna coa mente de Deus... A Xeometría ofreceulle a Deus un modelo para a Creación... A Xeometría é Deus mesmo". (Johanes Kepler)

***

"Sen matemáticas non se penetra ata o fondo da filosofía; sen filosofía non se chega ao fondo das matemáticas; sen as dúas non se ve o fondo de nada". (Bordas-Desmoulin)

***

"A álxebra é xenerosa; sempre da máis do que pide". (D'Alembert)

***

"Un matemático que non é tamén algo de poeta nunca será un matemático completo". (Karl Weierstrass)

***

"A matemática é a única actividade humana infinita. É concebible que a humanidade poida chegar a coñecelo todo en física ou bioloxía, pero o certo é que nuca será capaz de descubrilo todo en matemáticas, porque o tema é infinito. Os propios números son infinitos". (Paul Erdös)

***

"Un matemático é un cego nunha habitación oscura que busca un gato negro que non está alí". (Charles Darwin)

***

"As matemáticas non só poseen a verdade, senon a suprema beleza, unha beleza fría e austera, como a da escultura, sen atractivo para a parte máis débil da nosa natureza ..." (Bertrand Russell)

***

"Un matemático, como un pintor ou un poeta, é un fabricante de modelos. Se os seus modelos son máis duradeiros que os destes últimos, é debido a que están feitos de ideas. Os modelos do matemático, como os do pintor ou os do poeta deben ser fermosos. A beleza é a primeira proba; non hai lugar permanente no mundo para unhas matemáticas feas". (G.H.Hardy)

***

"O suizo Leonhard Euler foi un matemático de primeirísima categoría, ainda que case totalmente descoñecido polo gran público. Que un matemático comparable con personalidades como o pintor Rembrandt, o músico Bach ou o escritor Shakespeare - Euler é o Shakespeare das matemáticas- teña un recoñecemento público tan pequeno é verdadeiramente lastimoso". (William Durham)

***

"Todo saber ten de ciencia o que ten de matemática". (Poincaré).

***

"Newton foi un home afortunado; só unha vez pode descubrirse o sistema do mundo, e el foi quen o descubríu".  (Lagrange).

***

"As matemáticas son a música da razón". (Silvester) 

***

"Non hai rama da matemática, por abstracta que sexa, que non poda aplicarse algún día aos fenómenos do mundo real". (Nikolay Lobachevsky)

***