Información sobre os Bacharelatos do curso 2004/2005

Información do Dpto. de Orientación a tódolos alumnos e pais

OPTATIVAS 2º Ciclo ESO

 

TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA:

No centro téñense detectado bastantes deficiencias de expresión escrita nas distintas materias.

Esta asignatura ten como finalidade paliar estas carencias para lograr que o alumno se poida expresar por escrito nas situacións máis habituais de comunicación. Para iso traballarase sobre textos escritos atendendo á súa coherencia, cohesión, corrección ortográfica,etc. Polo tanto, a metodoloxía será totamente práctica.

CIENCIAS AMBIENTAIS E DA SAÚDE:

Esta materia está pensada para que os alumnos da E.S.O., aclaren, melloren e aumenten os coñecementos ambientais do noso Planeta e do noso País. Tamén está pensada para que se den conta da incidencia da problemática ambiental na súa propia saúde. Compleméntase tamén o programa desta materia cunhas unidades didácticas sobre drogodependencia, alimentación e nutrición e sobre sexualidade.

FRANCÉS

Os franceses son os nosos veciños (¿recordas?) e cada vez que queiras poñer un pé en Europa terás que visita-los. Apetecerache deterte, ¡asegúrocho!: a "Douce France" é un privilexiado país de rico patrimonio natural e cultural.

E para viaxar, ¡que mellor que ter a liberdade que supón o coñecemento da lingua!. Poderás moverte con autonomía e sobre todo, poderás coñecer ben ós franceses. ¡ Un país non é só unha paisaxe!

¿Francia faiseche pequena?. Pois segue viaxando: de Quebec a Senegal e de alí a Nova Caledonia, moitos son os países ou rexións francófonas. E se prefires algo máis exótico, direiche que tamén en Tahití "on parle français".

A nivel profesional ben sabes que cada vez valórase máis o dominio dunha segunda Lingua Estranxeira. O francés pode abrirche moitas portas aínda que agora creas que co inglés xa tes abondo.

Traballaremos partindo de "intencións de comunicación" elementais para ir enriquecendo pouco a pouco a nosa expresión. Non vos preocupedes, non é tan difícil e ademáis... ¡soa tan ben!

INICIACIÓN TÉCNICA Á INFORMÁTICA

Ten como obxectivo fundamental dotar ós alumnos de estratexias xerais de procesamento da información, que lle faciliten o seu propio traballo. Preténdese que os alumnos acaden unhas ideas e conceptos claros dos programas informáticos utilizados, conceptos que lles permitarán no futuro investigar e profundizar por sí mesmos sobre eses programas, ou sobre otros semellantes que haxa no mercado.

Contidos xerais en 3º da ESO: Introducción á informática. Elementos e funcionamento dos compoñentes esenciais do hardware. Diferencias entre hardware e software. Periféricos. Sistemas operativos: MS-DOS e Windows 95/98. Uso dun programa de deseño gráfico, para crear debuxos, anagramas, logotipos, etc. Uso dun procesador de textos incluíndo elementos gráficos. Introducción á telemática: uso de navegadores da Web (internet) e do correo electrónico. Elementos básicos de multimedia: reproducción de vídeo, son e música, recoñendo os formatos máis comúns en cada caso.

Contidos xerais en 4º da ESO: Neste curso, ademáis do visto en 3º da ESO, preténdese aprender a usar un programa de base de datos, crear unha base de datos, manexo das tablas, filtar información mediante as consultas, administración da información usando formularios e presentación impresa de datos a través dos informes.

CULTURA CLÁSICA

Esta materia abarca dos componentes temáticos, Cultura y Lengua, muy diferenciados, en principio, pero, que pueden converger de manera armónica en virtud de una metodología conveniente.

En el primer bloque, más informativo y humanístico, se conecta con todas las manifestaciones culturales del mundo clásico grecolatino: Literatura, Historia, Arte, Derecho, Política, Economía, Urbanismo, etc., con una información detallada incluso sobre determinadas instituciones como la familia o la enseñanza.

En el segundo bloque, más técnico y científico, se ponen las bases para un ulterior desarrollo de los contenidos lingüísticos y gramaticales con vistas al estudio de las lenguas Latina y/o Griega, opción inexcusable para quien piense seguir cualquier rama de Filología.

La convergencia de ambos campos se logra con la lectura y/o traducción de textos clásicos, acompañados siempre del análisis y comentario pertinentes.

 

MATERIAS OPTATIVAS.

E n 3º da E.S.O. tes que elixir 1 materia optativa de entre as seguintes:

Francés.
Iniciación Técnica á informática.
Cultura Clásica.
Técnicas de expresión escrita.

É importante reflexionar e ter en conta as seguintes consideracións:

 

    1. FRANCÉS: o francés pode cursarse en 3º e 4º. É convinte que escollas esta materia en 3º se despois queres cursa-la en 4º. Polo tanto, se estás interesado en cursar Francés en 4º, a optativa que debes escoller en 3º é Francés.
    2.  

    3. CULTURA CLÁSICA: esta optativa podes cursa-la en 3º e 4º da ESO ou só nun deses cursos. É convinte que escollas esta materia en 3º se despois queres cursa-la en 4º. Polo tanto, se estás interesado en cursar Cultura Clásica en 4º, a optativa que debes escoller en 3º é Cultura Clásica.
    4.  

    5. INFORMÁTICA: ofértase en 3º e 4º pero só a podes escoller nun dos dous cursos. Polo tanto, se a escolles en 3º da ESO, en 4º non a podes escoller. Só poderían cursar informática en 4º de ESO aqueles que en 3º escolleron Francés, Cultura Clásica ou Técnicas de Expresión Escrita.
    6.  

    7. TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA: ofértase en 3º e 4º, pero só a podes escoller nun dos dous cursos. Polo tanto, se a escolles en 3º da E.S.O., en 4º non a podes escoller. Só poderían cursar Técnicas de expresión escrita aqueles que en 3º escolleron Francés, Cultura Clásica ou Iniciación á Informática
    8.  

    9. Para que unha materia optativa poda ofertarse no centro, en xeral, é necesario un mínimo de 10 alumnos no caso de Francés e Cultura Clásica, e un mínimo de 15 alumnos no resto de optativas. Non obstante, se a disposición horaria e o profesorado o permite, o centro poderá impartir calqueira optativa aínda que non acade o número mínimo de alumnos
    10.  

    11. A túa elección en 3º pode influír no que elixas en 4º. Por isto, na outra cara desta folla, dámosche información do que terás que escoller en 4º da ESO.

En 4º da ESO tes que escoller 2 optativas dentre as seguintes:

Francés.
Cultura Clásica.
Informática.
Cc. Medioambientales.
Técnicas de Expresión Escrita

 

Ademáis, é importante que sepas que en 4º terás que escoller 2 de entre as seguintes áreas troncais:

 

Educación Plástica e Visual. Música Física e Química Bioloxía e Xeoloxía

Tecnoloxía

 

Podes escoller coma optativas en 4º de E.S.O. calquera das áreas troncais non escollidas. Polo tanto as optativas que quedarían en 4º serán:

 

Escoller 2 :

Francés

Cultura Clásica.

Ciencias medioambientais e da Saúde

Informática ( só se non se cursou en 3º)

Técnicas de Expresión Escrita (só se non se cursou en 3º)

Educación Plástica eVisual ( se non se colle como troncal)

Música. (se non se escolle como troncal)

Física e Química (se non se escolle como troncal)

Bioloxía e Xeoloxía. (se non se escolle como troncal)

Tecnoloxía (se non se escolle como troncal)

 

MATERIAS COMÚNS

Educación Física; Relixión /Activ.; Lingua estranxeira; Lingua Galega e Liter.; Lingua Castelá e Liter.; CC. Sociais, Xeografía e Historia; Ética; Matemáticas; Titoria

 

MATERIAS OPTATIVAS E TRONCAIS

En 4º da E.S.O. hai que escoller dúas optativas de entre as seguintes:

Francés.
Cultura Clásica.
Ciencias Medioambientais e da Saúde.
Informática (só se non se cursou en 3º).
Técnicas de Expresión Escrita (só se non se cursou en 3º)

Ademáis das optativas, hai que escoller dúas áreas troncais de entre as seguintes:

Educación Plástica e Visual.
Física e Química.
Bioloxía e Xeoloxía
Tecnoloxía.
Música.

Podes escoller como optativas en 4º curso da E.S.O. calquera das áreas troncais non escollidas. Polo tanto, as optativas que quedan en 4º son:

Francés.
Cultura Clásica.
CC medioambientais e da saúde.
Informática (só se non se cursou en 3º)
Técnicas de expresión escrita (só se non se cursou en 3º)
Educación Plástica e Visual (se non se colle como troncal).
Física e Química  (se non se colle como troncal).
Tecnoloxía (se non se colle como troncal).
Música (se non se colle como troncal).
Bioloxía e Xeoloxía (se non se colle como troncal).

Calquera que sexa a vosa elección, o título de Graduado en Educación Secundaria é igual para todos, e capacitará para acceder a tódolas modalidades de Bacharelato e os ciclos formativos de grao medio. Non obstante presentamoste os itinerarios máis axeitados segundo as modalidades do Bacharelato e as preferencias ós diferentes ámbitos.

 

BACHARELATO DE CIENCIAS DA SAÚDE, CIENTÍFICO E CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS

TRONCAIS:

 

- FÍSICA E QUÍMICA.

- BIOLOXÍA E XEOLOXÍA.

-CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS E DA SAÚDE.

 

 

OPTATIVAS ( MARCAR 1):

 

~ 2ª LINGUA EXTRANXEIRA (FRANCÉS).

~ INICIACIÓN TÉCNICA Á INFORMÁTICA.

~ EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

~ TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA

 

BACHARELATO TECNOLÓXICO, DE CIENCIAS E CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS

TRONCAIS:

- TECNOLOXÍA.

- FÍSICA E QUÍMICA.

- EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

OPTATIVAS ( MARCAR 1):

~ INICIACIÓN TÉCNICA Á INFORMÁTICA

~ 2ª LINGUA EXTRANXEIRA (FRANCÉS).

~ TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA

 

BACHARELATO DE HUMANIDADES E CC. SOCIAIS 

 

TRONCAIS:

 

MÚSICA

Escoller 1:

~ BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

~ EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

 

 

 

OPTATIVAS:

 

Escoller 1 entre:

~ CULTURA CLÁSICA ~ CC. MEDIOAMBIENTAIS.

 

Escoller 1 entre:

~ 2ª LINGUA EXTRANXEIRA ( FRANCÉS)

~ INICIACIÓN TÉCNICA Á INFORMÁTICA.

~ TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA

 

ACCESO E MATRICULACIÓN ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

En Galicia:
ACCESO DIRECTO:
Inscripción: Do 17 de Xuño ó 2 de Xullo, presentando unha instancia no centro do ciclo formativo que solicita en primeiro lugar.
Resolución: Antes do 10 de Xullo saldrá a adxudicación definitiva de prazas
Formalización da matrícula: Entre o 15 e o 23 de Xullo
ACCESO POR PROBA:
Inscripción: Do 19 ó 27 de Maio, en calquer centro de F.P. con carácter público
Data do exámen: 6 Xuño
Resolución: A cualificación provisional da proba de acceso farase pública antes do 14 de Xuño (existen 2 días para reclamar). A cualificación definitiva realizarase antes do 27 de Xuño

ACCESO E MATRICULACIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

En Galicia:
ACCESO DIRECTO:

- Inscrición: Do 17 de Xuño ó 2 de Xullo, no centro que imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar

- Resolución: O día 8 de Xullo fárase pública a relación provisional de solicitantes, unha vez resoltas as reclamacións o día 21 de Xullo

publicarase a relación de admitidos

- Matriculación: Do 21 ó 30 de Xullo

ACCESO POR PROBA:
Presentación de solicitudes: Do día 19 ata o 27 de Maio, en calquer centro onde se imparta ás ensinanzas de F.P.
Examen: Día 6 de Xuño a partir das 9:30
Resolución: Cualificacións provisionais antes do 14 de Xuño (existen 2 días para reclamar). Cualificacións definitivas antes do 27 de Xuño
En Asturias: ACCESO DIRECTO:

- Presentación de solicitudes: Do 10 ó 30 de Xuño

- Matriculación: pendente de confirmar

ACCESO POR PROBA:

- Inscripción: Do 2 ó 15 de Maio

- Solicitude de Admisión: Do 23 ó 25 de Xuño

- Data do exámen: 12 de Xuño

 

LIBROS RECOMENDADOS PARA TRABALLAR EN VERÁN

Estes libros son moi específicos e teñen que conseguirse a través dunha librería. Na librería de ITES Coruña, os hai fixo.

- "Compresión Lectora 2". Antonio Vallés Arándiga. Casal Vallés Tortosa. Edit. Promolibro

- "Resolución de Problemas 2". Antonio Vallés Arándiga. Casal Vallés Tortosa. Edit. Promolibro

- "Estrategias de Cálculo y Resolución de Problemas Numérico-Verbales". Progresint 17. Edit. CEPE

 

SAÍDAS Ó TERMO

DO CICLO SUPERIOR DE

EDUCACIÓN INFANTIL

  1. Continuar estudios universitarios de:
Licenciado en Pedagoxía
Licenciado en Psicoloxía
Licenciado en Socioloxía
Diplomado en Biblioteconomía e Documentación
Diplomado en Educación Social
Diplomado en Enfermería
Diplomado en Logopedia
Diplomado en Podoloxía
Diplomado en Terapia Ocupacional
Diplomado en Traballo Social
Diplomado en Turismo
Mestre (tódalas especialidades)
2. Continuar estudios en ciclos formativos da mesma Familia Profesional preferentemente ou doutra.
C.S. de Animación Sociocultural
C.S. Interpretación da lingua de signos
C.S. de Integración Social

3. Oferta de prazas de oposición

4. Saída ó mercado laboral ou formación dunha propia empresa

 

ESTUDIOS UNIVERSITARIOS

 

LICENCIADO EN PEDAGOXÍA:

Impártese na Universidade de Santiago de Compostela. Ensinanzas de 1º e 2º ciclo – 4 anos – 300 créditos. Facultade de CC. da Educación. Campus Universitario Sur. Tlf: 981 56 31 00.

 

LICENCIADO EN PSICOLOXÍA:

Impártese na Universidade de Santiago de Compostela. Ensinanzas de 1º e 2º ciclo – 5 anos – 310 créditos. Facultade de Psicoloxía. Campus Universitario Sur. Tlf: 981 56 31 00.

 

LICENCIADO EN SOCIOLOXÍA:

Impártese na Universidade da Coruña. Ensinanzas de 1º e 2º ciclo – 5 anos – 316 créditos. Facultade de Socioloxía. Campus Elviña. Tlf: 981 16 70 00

 

DIPLOMADO EN BIBLIOTECONOMÍA E DOCUMENTACIÓN:

Impártese na Universidade da Coruña – Ferrol. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos- 202 créditos. Facultade de Humanidades. Campus de Esteiro. Tlf: 981 33 74 00.

 

DIPLOMADO EN EDUCACIÓN SOCIAL

Impártese na Universidade da Coruña. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 207 créditos. Facultade de CC. da Educación. Campus de Riazor. Tlf: 981 16 70 00.

 

DIPLOMADO EN ENFERMERÍA

Impártese na Universidade da Coruña:

A Coruña: Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos- 236 créditos. Escola Universitaria de Enfermería. As Xubias. Tlf: 981 16 70 00.
Ferrol: Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 236 créditos. Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía. Campus de Esteiro. Tlf: 981 33 74 00.

Impártese na Universidade de Santiago de Compostela:

Lugo: Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 225 créditos. Escola Universitaria de Enfermería. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Tlf: 982 23 12 10.
Santiago: Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 225 créditos. Escola Universitaria de Enfermería. Tlf: 981 56 31 00

Impártese na Universidade Vigo:

Ourense: Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 235 créditos. Escola Universitaria de Enfermería. Hospital Provincial Santa María Madre. Tlf: 988 24 60 25
Pontevedra: Ensinazas de 1º ciclo – 3 anos – 235 créditos. Escola Universitaria de Enfermería. Hospital Provincial. Tlf: 986 86 28 56
Vigo: Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 235 créditos. Escola Universitaria de Enfermería. Hospital do Meixoeiro. Tlf: 986 81 11 11. Povisa. Tlf: 986 48 32 96

 

DIPLOMADO EN LOGOPEDIA

Impártase na Universidade da Coruña. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 207 créditos. Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Riazor. Tlf: 981 16 70 00

 

DIPLOMADO EN PODOLOXÍA.

Impártase na Universidade da Coruña – Ferrol. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 224 créditos. Escola universitaria de Enfermería e Podoloxía. Campus de Esteiro. Tlf: 981 33 74 00

 

DIPLOMADO EN TERAPIA OCUPACIONAL

Impártase na Universidade da Coruña. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 188,5 créditos. Escola Universitaria de Terapia ocupacional. Campus de Oza. Tlf: 981 17 70 00

 

DIPLOMADO EN TRABALLO SOCIAL

Impártase na Universidade de Santiago de compostela. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 195,5 créditos. Escola Universitaria de Traballo Social. Plaza da Inmaculada. Tlf: 981 58 35 86

Impártase na Universidade de Vigo – Ourense. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos- 204 créditos. Facultade de Humanidades. As Lagoas. Tlf: 988 38 71 00

 

DIPLOMADO EN TURISMO

Impártase na Universidade da Coruña. Ensinanzas de 1º ciclo – 3 anos – 184 créditos. Escola Universitaria de Turismo " Centro de las Nuevas Profesiones". Zalaeta. Tlf: 981 22 58 30

 

MESTRE:
Especialidade de Audición e Linguaxe (Universidade da Coruña)
Especialidade de Educación Especial (Universidade de Vigo: Ourense)
Especialidade de Educación Física (Universidade da Coruña; Universidade de Santiago de Compostela: Lugo; Universidade de Vigo: Pontevedra)
Especialidade de Educación Infantil (Universidade da Coruña; Universidade de Santiago de Compostela: Lugo – Santiago; Universidade de Vigo: Ourense - Pontevedra – Vigo)
Especialidade de Educación Musical (Universidade de Santiago de Compostela; Universidade de Vigo – Pontevedra)
Especialidade de Educación Primaria (Universidade da Coruña; Universidade de Santiago de Compostela: Lugo – Santiago; Universidade de Vigo: Ourense – Pontevedra – Vigo)
Especialidade de Lingua Estranxeira (Universidade de Santiago de Compostela: Lugo – Santiago; Universidade de Vigo: Ourense).

CICLOS FORMATIVOS DA MESMA FAMILIA PROFESIONAL

C.S. de ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL: Duración: 1700 Horas – FCT: 740 Horas. Centros de Ensino:
Santiago de Compostela: "IES Pontepedriña". Tlf: 981 53 10 13
Sarria: "IES Xograr Alfonso Gómez". Tlf: 982 53 10 51
Baiona: "IES 1º de Marzo". Tlf: 986 35 51 11
C.S. de INTERPRETACIÓN DA LINGUA DE SIGNOS: Duración 2000 Horas – FCT: 380 Horas. Centros de Ensino:
A Coruña: "IES Ánxel Casal – Monte Alto". Tlf: 981 22 24 76
C.S. de INTEGRACIÓN SOCIAL: Duración: 1700 Horas – FCT: 740 Horas. Centros de Ensino:
Ourense: "IES Portovello". Tlf: 988 232 649

OPOSICIÓNS

- Prazas ofertadas de Emprego Público: "Técnico Especialista en Xardín de Infancia": 39 prazas.

Nota: A data de 13-5- 2003, non se sabe as prazas que se convocarán, nen está a disposición o temario que se impartirá. Tlf de contacto: 902 12 00 12 (Atención ó ciudadán – Xunta)

 

PÁXINA PRINCIPAL

DEPARTAMENTOS