ENTIDADES  CATÓLICAS  RIBADENSES

CLARISAS

A bula fundacional do mosteiro non foi atopada. Puideron proceder de Oviedo. A primeira relixiosa da que temos noticias, no ano 1465, é Inés González. As clarisas actuais, como as de tódalas épocas, tratan de ter as virtudes que cultivaron Santa Clara e San Francisco de Asís: amor, espírito de oración e devoción, pobreza, humildade, fraternidade. O traballo é considerado por elas como un bo medio para aumentar a compenetración fraterna. Nos últimos tempos, as clarisas de Ribadeo adicáronse á costura e á elaboración de doces. Canto ós pasteis, xa se facían no século XVII para obsequiar, nalgúns días sinalados, ós protectores da comunidade. No século XIX facíanse uns pasteis de froitas moi aprezados. As receitas sempre se transmitiron oralmente. Na actualidade, elabóranas por encargo.

 

MONXAS  DE  SAN  VICENTE  DE PAÚL

 O hospital de anciáns de Ribadeo está rexentado por varias monxas da orde de San Vicente de Paúl. Acollen especialmente ós maiores que teñan ingresos económicos mínimos, cos que contribuirán na medida do posible ós gastos. En total son cincuenta persoas que se distribúen por plantas en función das súas capacidades. Na súa maioría pertencen ó concello de Ribadeo. As monxas brindan todo o cariño e apoio ós residentes, que se senten como na súa casa, pero con coidados constantes.

 Tamén hai monxas de San Vicente de Paúl a cargo do colexio Sagrado Corazón.

 

PARROQUIA  DE  SANTA  MARÍA  DO  CAMPO

CARITAS

 É o organismo da comunidade cristiá para impulsar e coordinar as actividades caritativas e de promoción social que se desenvolven no ámbito da parroquia.

 Na zona rural de Ribadeo están cubertas as primeiras necesidades, salvo excepcións. E na zona urbana hai unha pobreza relativa.. En todo o concello hai unhas trinta familias con necesidades asistenciais e que son axudadas con bolsas de comida, roupa, alimentos de farmacia para bebés, etc. e, nalgúns casos, poucos e moi concretos, axudas económicas como pagos de arrendamento de vivenda e algún billete de autobús para facer unha viaxe de verdadeira necesidade. Colabórase tamén asesorando nos trámites de pensións e outras axudas oficiais. Aténdese tamén a un numeroso grupo de transeúntes que pasa pola localidade continuamente e que durante o ano poden chegar a ser 2000 persoas.

 En Ribadeo hai sete voluntarios segrares, presididos polo Párroco.

 A financiación baséase nas colectas que se fan na Igrexa, cotas de socios, donativos, etc.

ADORACIÓN  NOCTURNA  MASCULINA (A.N.E.)  E  FEMININA (A.F.E)

 Unha das institucións de máis arraigo en Ribadeo, pois foi creada en 1906. O obxectivo principal é dar culto a Deus, renderlle homenaxe e ofrecerlle adoración. As reunións son o último xoves de cada mes (rama masculina) e os últimos venres de mes (A.F.E.). Hai adoracións conxuntas e abertas a todo mundo o Xoves Santo e o día de Corpus Christi. Cada socio aporta 3 euros para financiar a institución.  

ASOCIACIÓN  DE  AMIGOS  DA  SEMANA  SANTA

 A finalidade desta asociación é axudar en todo o relacionado cos actos relixiosos da Semana Santa. Finánciase por medio de sorteos, venda de productos alimenticios.

Horario de cultos os domingos e festivos:

Nove da mañá Convento de Sta. Clara 
Nove e media da mañá Hospital
Doce Sta. María do Campo
Unha
Oito da tarde

Horario de cultos os sábados e vésperas de festivos:

Oito: Sta. María do Campo

Horario de cultos os días laborables:

Nove da mañá Convento de Sta. Clara
Nove e media da mañá Hospital
Oito da tarde Sta. María do Campo

Horario de catequese: domingos ás 11:30

Enderezo da casa rectoral: Rúa San Francisco, 6     Teléfono 982 128046

 

 

 

   

PÁXINA PRINCIPAL

OUTROS DEPARTAMENTOS