O máxico número sete
Hai números e
números, uns asócianse á boa sorte, outros a catástrofes e desgracias. Pero
se algún número ten soa de trae-la boa sorte ese é o sete.
Mais non é
só un tópico, xa que se observamos o noso redor atoparemos moitos exemplos de
setes en campos tan dispares como: relixión, arte, matemáticas, química,
física, filosofía . . . que nos deixarán sorprendidos pola frecuencia coa que
aparece e descubriremos que é un número realmente curioso.
Ademáis ten
unha consideración mística, xa que está en relación coa maior parte da
materia que nos rodea.
Arte, Música e
Literatura
Relixión
Outras
Relixións
Ciencias e
Tecnoloxía
Cine e
Televisión
Xeografía
Conflictos
Bélicos
Refráns
Setes
Variados
Arte, Música e
Literatura:
- As sete Marabillas do Mundo Antigo: as
Pirámides de Gizeh en Exipto, os Xardíns Colgantes de Babilonia (actual
Iraq), a Estatua de Zeus en Olimpia (na actual Grecia), o Templo de
Artemisa en Éfeso (Asia Menor), o Mausoleo de Halicarnaso, o Coloso de
Rodas e o Faro de Alexandría en Exipto.
- O Hommo Cuadratus, de Leonardo da Vinci,
quen sustentaba que o corpo perfecto era sete veces a medida da cabeza.
- As Sete figuras musicais: redonda, blanca,
negra, corchea, semicorchea, fusa e semifusa.
- Os Sete silencios correspondentes ás
sete figuras musicais: silencio de redonda, silencio de blanca, silencio
de negra, silencio de corchea, silencio de semicorchea, silencio de fusa e
silencio de semifusa.
- As sete notas musicais da escala diatónica:
do, re, mi, fa, sol, la e si.
- Os sete intervalos simples: segundas,
terceiras, cuartas, quintas, sextas, séptimas e oitavas.
- As sete claves musicais: clave de Sol en
segunda liña, claves de Fa en terceira e cuarta liñas, claves de Do en
primeira, segunda, terceira e cuarta liñas.(Septiclave)
- Acorde de Séptima dominante.
- Septimino, corporación musical para sete
instrumentos musicais, por exemplo: nas Vodas de Fígaro, e nos Hugonotes.
- "Os sete contra Tebas", traxedia
de Esquilo.
- As sete partidas do rei Afonso X
"O Sabio". É a codificación legal máis importante da Idade
Media (1256-1348) glosado por Gregorio López.. Nestas partidas afírmase xa claramente a preeminencia do poder
real sobre calquera outro (relacións de vasalaxe, poderes
eclesiásticos...). A función lexisladora pasou a ser atributo real, así
como outras funcións (facer xustiza, acuñar moeda,...).
- "Marqués de Seteiglesias", obra
de Calderón Rodrigo.
- "O Septenario" de Afonso X "O
Sabio". Obra de carácter variado: xurídico, moral e relixioso.
- "Siete ensayos de interpretación de la
realidad peruana". Libro do escritor peruano José Carlos
Mariátegui.
- "Los siete libros de Diana" de
Jorge Montemayor. Foi a obra fundamental deste escritor. Trátase duna
serie de obras historias profanas, entre as que destacan: "A infeliz
historia de Píramo e Tisbe", "A historia de Alcida e
Silano" e "Os verdadeiros mores de Abencerraxe e a fermosa
Xarifa". Foi editado no século XVI.
- Sete artes liberais na Idade Media:
Trivium ( retórica, gramática e lóxica) e Quatrivium (aritmética,
xeometría, astronomía e música).
- O segundo conto máis corto máis corto da
Literatura ten sete palabras "Cuando desperté el dinosaurio todavía
estaba allí" de Augusto Monterroso.
- "Los siete tratados" libro
publicado por Juan Montalvo. Son unha serie de ensayos do ecuatoriano Juan
Montalvo, que se distinguen pola súa prosa brillante. Datan do ano 1873.
- Septillo, grupo de valoración especial en
música.
- "Sete bicos, sete rosas",
canción.
- "A las siete en Moncloa", canción
de Ismael Serrano.
- "Siete crisantemos", canción de
Joaquín Sabina.
- "Siete puertas", canción de Pedro
Guerra.
- "Siete calaveras", de "La
frontera".
- "El siete mares", de Lola
Beltrán.
- "El séptimo día" canción de
Avalanch.
- "El siete de septiembre", de
Mecano.
- "Eleven to your seven", de Hey
Mercedes.
- "Seven days", de Craig David.
- "Seven faces", de Slayer.
- "Siete Muelles" grupo de música
español.
- "Setes mulleres bolivianas" obra
de teatro.
- "Sclub7" grupo de música
adolescente.
- "Zero 7" grupo de música.
- "I was dead for 7 weeks in the city of
Angels" título do último disco de Dover.
- "Seven Seas of Rhye", canción de
Queen.
- "Siete vidas", canción de Antonio
Flores.
- "Seven Nation Army" canción de
White Strippers.
- "Siete notas, siete colores",
grupo musical.
- Los Siete Delfines, grupo de rock arxentino.
- A danza dos sete veos (variedade da danza do
ventre).
- As botas de sete leguas.
- Os sete poderes Rinconcito, conto
fantástico da Idade Media.
- As sete pegadas de Satán, novela de
Abrahám Merrit (Seven footprints to Satan)
- Consérvase sete traxedias de Esquilo
(Persas, Prometeo encadeado, Agamenón, Euménides, Coéforas,
Suplicantes, Os sete contra Tebas) e sete de Sófocles (Antígona, Edipo
Rei, Edipo en Colono, Áiax, Electra, Traquinias, Filoctetes)
- "As sete fillas de Eva" libro de
Bryan Sykes (Eva, a primeira muller tivo sete fillas).
- "Eclipse de Sete Lúas" poesía de
Aurora Reyes.
- Seventh Avenue, Grupo Heavy.
- Breath 77, grupo Heavy xibraltareño.
- Tintín e as sete bolas de cristal.
- "Seventh Coming", album do grupo
Cathedral (doom metal)
- "Seventh son of a seventh son"
canción de Iron Maiden.
- Siete infantes de Lara, poema épico
español, século XI, anónimo.
- "Sete obras de misericordia" cadro
de Caravaggio (1607) na Igrexa de Pio-Monte de Nápoles.
- "Sete noites e un amencer" libro
de Francisco X. Fernández Naval.
¬Relixión
- Sete pecados capitais: soberbia, avaricia,
luxuria, ira, gula, envidia e preguiza.
- Os sete sacramentos: bautismo,
confirmanción, penitencia, eucaristía, unción de enfermos, orde
sacerdotal e matrimonio.
- A Teoría dos Sete Planos da Alma.
- A séptima morada, é onde se produce a
divinización do espírito.
- O Antigo Testamento, considera ritualmente
impuras a tódalas mulleres durante os sete días da menstruación. Se un
home toca a unha muller menstruante ou se ten relacións sexuais con ela,
quedará impuro outros sete días. Se a muller dá a luz a un neno, a súa
impureza durará sete días e non poderá asistir ó Templo durante 33
días. Se ten unha nena, a impureza é dobre, permanecendo 14 días nese
estado e prohibíndoselle ir á Igrexa durante 66 días. Ademáis, se unha
muller durante os sete días da menstruación, mira, bica ou toca a un
neno, este sufrirá mal de ollo, se toca nunha flor, esta marchítase e
morre.
- Os sete dons que se reciben do Espírito
Santo: sabiduría, entendemento, ciencia, consello, fortaleza, piedade e
temor de Deus.
- Pregón das sete palabras por Semana Santa
en Valladolid.
- As sete virtudes: tres virtudes teologais
(fé, esperanza e caridade), e catro virtudes morais (prudencia, xustiza,
fortaleza e templanza).
- A coroa das sete Avemarías
- Os sete camiños a Santiago: Camiño Norte,
Camiño Francés, Vía da Prata, Camiño Portugués, Camiño Inglés,
Camiño de Fisterra-Muxía e Camiño da Fonsagrada.
- Sete fillos de Xacob (con Lía): Rubén,
Simón, Leví, Judá, Isacar, Zabulón e Dina.
- A oración que Cristo revelou ós seus
discípulos componse de sete súplicas que se denominan as sete peticións
do Pai Noso.
- 70 veces 7, aparece en varios contextos da
Biblia.Deus creou a Terra en sete días e descansou o séptimo.
- Noé meteu na Arca sete parellas de
animais puros e sete parellas de animais volátiles.
- Sete dias tardou Deus en facer chover dende
o anuncio do Sete dias tardou Deus en facer chover dende o anuncio do
Diluvio.
- No séptimo mes do Diluvio, a Arca de Noé
asentouse sobre o monte Ararat.
- Ós sete días de finaliza-lo Diluvio, Noé
soltou unha pomba, pero ó non atopar esta onde pousarse voltou á Arca;
pasados outros sete días, Noé voltou soltar outra pomba que regresou
cunha póliña de olivo, por iso é o símbolo da paz.
- Os sete selos, mentados no Apocalipse.
- Sete trompetas, nomeadas no Apocalipse, que
representan a caída das murallas de Xericó.
- Sete frautas, Apocalipse.
- Sete reis, Apocalipse.
- Sete estrelas, Apocalipse.
- Sete xuíces, Apocalipse.
- Sete tronos, Apocalipse.
- Sete cabezas, Apocalipse.
- Sete copas, Apocalipse.
- Os sete espíritos ante o trono de Deus,
mentados no Apocalipse.
- As sete plagas de Exipto, Apocalipse.
- O Templo de Salomón foi construido en sete
anos.
- Xoan fala no Apocalipse das súas visións
sobre sete Igrexas: Éfeso, Esmirna, Pérgamo, Tiatira, Sardes, Filadelfia
e Laodicea.
- Cofradía das sete palabras de San Xoan
Evanxelista, Zaragoza.
- Setenta, versión grega do Antigo
Testamento, o seu nome "Versión dos Setenta" procede da lenda
segundo a cal esta versión foi realizada por setenta e dous científicos
xudeos en 72 días en Alexandría e baixo o reinado de Ptolomeo II
Filadelfo (283-246 aC).
- Sete vacas gordas e sete vacas fracas. Unha
noite o faraón tivo un soño. Estaba preto do Nilo e de repente sete
vacas gordas e saudables puxéronse a pastar xunta una xuncos. Ó pouco
tempo, sete vacas moi fracas tamén subiron do río, e parecían tan
febles que nin sequera se mantiñan en pé. Entón as vacas fracas comeron
ás vacas fracas. O faraón espertou sobresaltado, pero volveu durmir e
soñou de novo. No seu soño viu que sete espigas brotaban duna cana,
cheas e fermosas, pero tras elas nacían sete espigas máis, menudas e
queimadas, que devoraron as espigas cheas. Pola mañá o faraón pediu que
buscasen a laguen que interpretase os seus soños, pero ningún dos sabios
foi capaz. Mais Xosé, un escravo xudeo, foi capaz e interpretou: "
Exipto pasará sete anos de plenitude e prosperidade, pero logo deles
virán sete anos de seca e fame. No tempo de prosperidade, conviña
almacenar grao para poder consumilo no período de seca", e así foi.
O faraón marabillado nomeou a Xosé alto oficial.
- Segundo a tradición latina da Biblia,
Cristo dixo sete palabras antes de morrer na cruz: "Pater in manus
tuas commendo spiritum meum (Pai, nas túas mans encomendo o meu
espírito). Sobre este texto compuxo unha obra orquestral F.J. Haynd:
"As sete palabras do Redentor na cruz".
- Auga das Sete Pascuas (auga bendita sete
anos consecutivos nas cerimonias do sabado Santo).
- Exercicio das Sete palabras ou Agonía
do Salvador e co Salvador.
- Sete alegrías da Santísima Virxe María.
Coroa Franciscana,
- 7 de Xullo. Actualmente celébrase o San
Firmino, pero antes, no século VII a C celebrábase a inmolación de
Rómulo. Posteriormente ofrecíanselle a Santa María de Tebra, en
Tomiño, sete vacas mortas para conmemorar as antigas hecatombes.
- Sete dores da Virxe.
¬ Outras Relixións:
- Sete Budas da felicidade.
- Igrexa dos Sete Concilios (ortodoxa).
- Cidade das Sete Pagodas, chamada
Mahabalipuram. O nome déronllo os primeiros visitantes europeos que
recibiu.
- Os candelabros dos hebreos teñen sete
velas.
- Algúns textos musulmáns relacionan os sete
sentidos esotéricos do Corán cos sete centros sutís do home. Manteremos
que o Ioga coñece tamén os sete centros sutís (o seis chakra máis o
sahasâra-padma).
- Sete sabios da Selva dos Bambúes. Eran unha
serie de pensadores, filósofos e poetas da época das seis dinastías.
Destacan: Xi Kang e Ruan Ji.
- Sete ramas do saber: Raja, Karma, Jnana,
Ata, Laya, Bhakti e Mantra.
- Sete centros de peregrinación ou nágara,
é dicir, sete cidades sagradas: Ayodhya, Máthura, Gaya, Casi, Kânci,
Avanti e Dvâraka.
- Sete é o número dos ceos budistas.
Avicena, describiu tamén "os sete arcanxos príncipes dos sete
ceos", que son os sete vixías de Hénoch, e corresponden ós sete
Rishi védicos. Estes residen nas sete estrelas da Gran Osa, cos cales os
chineses poñen en relación as sete aberturas do corpo e as sete
aberturas do corazón.
- Sete centros de enerxía principais ou
chakras: Sahasrara, Ajna, Vishudda, Anahata, Manipura, Swadisthana e
Muladhara.
- A constitución septenaria do home, é
dicir, dos sete corpos: Sthula Sharira, Linga Sharira, Kama Rupa, Kama
Manas, Manas, Buddhi e Atma.
- Madame Blavatsky revela o plan evolutivo da
terra a partir de sete razas: Polar, Hiperbórea, Lemúrica, Atlante, Aria
(actual), Koradí e Futura.
- Os sete raios do Universo: raio do poder,
vontade e propósito; raio do amor-sabiduría; raio da intelixencia activa
creadora; raio de armonía a través do conflicto; raio da ciencia
concreta e coñecemento; raio do idealismo ou devoción; e raio do orde e
da maxia ceremonial.
- As sete esferas de Buda.
- As sete Igrexas de Asia Proconsular.
- Sete profecías maias.
- As sete cabezas do Naja de Angkor.
- Unha tradición hindú atribúelle ó Sol
sete raios, seis correspondentes ás direccións do espacio, o séptimo ó
centro.
- As sete ramas da árbore cósmica e
sacrifícea do Chamanismo.
- Os musulmáns teñen que dar sete voltas á
Kahaba cando van á Meca.
- Os sete santos fundadores dos Servitas
(Alexio de Falconieri, Bonfiglio, Bonaxunta, Amideo, Sosteneo, Lotoringo e
Vigocio).
- O número sete é característico do culto a
Apolo. As cerimonias Apolianas celébranse cada séptimo día do mes.
- Na China, as festas populares tiñan lugar
nos séptimos días.
- Os raëlianos van construír unha especie de
embaixada con sete habitacións para a chegada dos Elohim.
- As sete caras do monte Meru vólvense verdes
en cada un dos sete dvîpa (continentes) correspondentes ás sete
direccións do espacio hindú (seis máis o centro).
- Igrexa Adventista do 7º día.
¬ Ciencias e
Tecnoloxía:
- Os sete aminoácidos:
-Glu-Ala-Val-Ser-Asp-Gly-Pro-
- Sete unidades fundamentais do Sistema
Internacional: metro, quilogramo, segundo, amperio, kelvin, candea, mol.
- O número de porcións (Chunk) de
informacións que a memoria (rápida) humana é 7+2, é dicir, que se
observamos unha lista de obxectos, palabras, locais... , lembraremos, como
media, 7.
- Un DVD ten sete veces máis capacidade que
un CD.
- Fago T-7, virus parasito de bacterias da
serie T-impar.
- O sistema Raunkjaer, é un método de
clasificación dos vexetais en función da altura das xemas respecto ó
chan, e á maneira de supera-las estacións desfavorables, distínguense
sete formas vitais: Fanerófitos, Caméfitos, Henicriptófitos,
Criptófitos, Terófitos, Hidrófitos, Xeófitos.
- Sete períodos da Táboa Periódica de
Mendeleiev.
- Os sete sistemas cristalinos (xeoloxía):
cúbico, tetragonal, hexagonal, trigonal ou romboédrico, rómbico,
monoclínico, triclínico.
- As sete cores do Arco da Vella: amarelo,
laranxa, vermello verde, azul, añil e violeta.
- Sieteenrama, pranta chamada tormentilla, ten
as follas compostas por sete folliñas.
- O maior número de eclipses posibles nun ano
son sete.
- A clasificación das especies de Linneo ten
sete taxóns: especie, xénero, familia, orde, clase, filo e reino.
- Séptima aproximación: sistema de
clasificación dos solos proposta en 1960 polo servicio de conservación
do solo do departamento de agricultura de EEUU.
¬ Cine e
Televisión:
- O cine é a Séptima Arte.
- Os sete cabritiños e o lobo.
- Os sete ananiños e Brancaneves.
- Fila siete, críticos de cine.
- Sete anos no Tibet. Película protagonizada
por Brad Pitt.
- Seis días e sete noites. Película que
trata sobre un piloto de avionetas que acepta levar a unha rapaza a un
viaxe. De camiño sofren un accidente e caen nunha illa deserta. Alí
sobreviven durante seis días e sete noites gracias á astucia do rapaz e
nese tempo, namóranse.
- As sete charcas sagradas. Película.
- Sete bolas do Dragón (Son- Goku)
- Sete aneis (" O señor dos Aneis")
- 007 o axente Bond, James Bond.
- Os setes irmáns de Polgariño
- As sete moscas que o Xastriño Valente matou
dun só golpe.
- As botas de sete leguas ( do Gato con Botas)
- Sete para un secreto, película de Carlos
Borcosque, 1947.
- Sete días e unha vida. É unha película
sobre a vida duna xornalista á que lle din que ten sete días para
cambialo seu futuro ou senón morrerá.
- Ana e os sete. É unha serie de televisión
que trata sobre a vida dun viúvo que ten sete fillos e a muller que se
encarga de coidalos (Ana).
- Sete no Paraíso. É unha serie de
televisión que trata sobre a vida dun pastor da Igrexa Ortodoxa, a súa
dona e os seus sete fillos.
- Sete vidas. Serie de televisión que trata
sobre un rapaz que despois de estar moitos anos en coma, un bo día
esperta e os seus antigos amigos e a súa irmá teñen que poñelo ó
corrente de todo o que pasou nese tempo. Despois diso comeza a vivir unha
vida máis ou menos normal.
- Os sete magníficos
- Tendido 7. Noticias taurinas de Radio
Caracol, Colombia.
- Siete torres. (¿años 30?) con George
Sanders, Margaret Lindsay, Vincente Price, Dick Foran, Nan Grey. El
film de grandes emociones y sugestivo asunto. La tragedia y la felicidad
de dos corazones separados por el orgullo y la ambición. Rezaba la
publicidad de la época.
- El séptimo cielo. Película de los años 30
¿?, de la que ampliaremos datos.
- Éramos 7 a la mesa. (años ¿30-40?)
Película de Florán Rey, con Blanca de Silos y José Nieto.
- Flanagan 007. Libro de Andreu Martín e
Jaume Ribera.
- Sete noivas para sete irmáns. Musical.
¬ Xeografía:
- Sete illas canarias: Gran Canaria, Tenerife,
Palma, Hierro, Gomera, Lanzarote e Fuerteventura.
- Sietes, poboación próxima a Villaviciosa.
- Sete provincias galegas do Antigo Reino de
Galicia: Lugo, Mondoñedo, Santiago, Betanzos, Tui, Pontevedra e Ourense.
- Sete Augas (Levante)
- Sete cidades de Cíbola (México).
- Sete Igrexas de Trabancos (Valladolid).
- Seteigrexas (poboación próxima a
Monterroso)
- Seteventos (poboación próxima aos Ancares)
- Arroyo de Siete Arroyos (Sierra Morena)
- Las Siete Lagunas ( Sierra Nevada)
- Siete Puertas (norte de Gran Canaria)
- Siete Sogas (pico de Salamanca)
- Siete Venados (pico próximo ao Guadiana en
Cidade Real)
- Sete Coros (poboación próxima a Catoira,
en Pontevedra)
- Siete Iglesias de Tormes (poboación da
provincia de Salamanca, próxima ó Tormes)
- Hermita de Siete Iglesias (hermida próxima
a Matapozuelos e a Medina del Campo, Valladolid)
- Sete-Mares. Conxunto de lagoas do delta do
Padus, en Polonia.
-
Lago das Sete Cidades
(Açores)
-
País das Sete Cidades
(Américas)
- Sete Picos (monte)
- Sete emiratos árabes: Abu Dhabi, Dubai,
Sarya, Fuyayra, ‘Ayman, Umm al-Qawayn, Ra’s al-Jayma.
- Sete Puntas (río de Paraguay)
- Sete Barras (Brasil)
- Sete Lagoas (Brasil)
- Setenil (Andalucía)
- Sete Quedas (Illa Grande ou Dasisla, sureste
do Brasil)
- Sete Voltas (serra do Brasil)
- Sete illas sobre as que se asenta Samoa
Occidental
- Sevenhill (cidade de Australia)
- Grecia aséntase sobre sete colinas.
- Roma é a cidade dos sete montes.
- Seven Shilling Beach (praia de Sydney,
Australia)
¬ Conflictos Bélicos:
- Existen tres conflictos bélicos que reciben
o nome de Guerra dos sete anos. Un deles foi o conflicto que opuxo Suecia
a unha coalición comprendida entre Lübeck, Dinamarca e Polonia, entre os
anos 1563 e 1570. Suecia tivo que firmala paz perdendo Gotland e foron
obrigados a respetala liberdade de tráfico de Narva.
Outro dos conflictos que recibe o mesmo nome
foi a guerra que tivo lugar entre Gran Bretaña e a súa aliada Prusia
contra Francia, Austria e os seus aliados entre os anos 1756 e 1763. As
causas radicaron na rivalidade económica e colonial suscitada entre Francia
e Gran Bretaña por América do Norte e na India, e porque María Teresa de
Austria pretendía recuperar Silesia que estaba baixo o poder de Prusia. O
cinco de maio de 1762 firmouse a paz co tratado de San Petersburgo e
posterioremente cos tratados de París e de Hubertusburg.
A primeira guerra Carlista tivo lugar en
España entre os anos 1833 e 1840. Nela enfrontáronse rexentes e liberais.
Os carlistas eran a nobreza, o clero e as masas campesinas. Remata co
"abrazo de Vergara" en tre Espartero (liberal) e Maroto
(carlista).
- Batalla dos Sete Días.
- Guerra dos Sete Xefes. Conflicto que
enfrontou ós dous fillos de Edipo, Eteocles e Polinices, pola posesión
do trono de Tebas. Sete xefes gregos participaron na guerra na que
perderon seis deles e os dous irmáns matáronse entre sí. Este tema
inspirou a Esquilo ("Os sete contra Tebas") a Eurípides
("As fenicias") e a Racine ("A Tebaida").
- Séptimo de Cabalería (americanos cun
esaxerado don da puntualidade)
- Guerra das Sete Semanas (1861) en Italia.
- As sete décadas que durou a etapa comunista
na URSS.
- Murcia, sete veces conquistada e sete veces
coroada.
¬ Os refráns e o
sete:
- Sete ó saco, e o saco na terra. Dificultade
de realizar correctamente determinadas tarefas para un grupo reducido de
persoas.
- Sete irmáns dun ventre, cada un da sua
mente. Sete fillos dunha nai, cada un do seu pai. Dúas variantes para un
mesmo refrán. Refírense ós irmáns con diferentes caracteres.
- Ser un setemachos.
- Ano de sete, deixa España e vaite.
Referencia a unha visión negativa sobre o número sete.
- A fermosura, sete faltas disimula.
- ¡Quen non quere caldo, sete cuncas!
- Siebensachen. Expresion alemana equivalente
á galega "catro cousas".
- Máis ca sete. Significa "moitísimo,
excesivamente"
- Falar máis ca sete. Frase feita.
- To be at sixes and sevens. Locución
inglesa, que quere dicir "estar feito un lío"
- "Correr os sete correres"
- Pechar con sete chaves.
- Atribúeselle a Hipócrates esta sentencia
"o número sete, polas súas virtudes agochadas, mantén no ser
tódalas cousas, dispersa vida e movemento, inflúe ata os seres
celestes".
- "Dende Lobeira a Monte-Cabalos / hai
unha mina de sete reinados / sete de ouro, sete de prata / sete de veleno
que mata". Lenda de Vilagarcía de Arousa.
- "Rirse ós sete rires"
- De Deus, "Corazón do Universo",
escribiu Clément d'Alexandrie, emanan as seis extensións e as seis fases
do tempo "este é o segredo do número sete, a volta ó centro, ó
Principio, ó Nacemento do desenvolvemento senario, ás veces o
septenario".
¬ Setes
Variados:
- Os sete Sabios de Grecia: Tales de Mileto,
Pítaco de Mitilense, Bías de Priene, Cleobulo de Lindos, Misón de
Quenea e Quilón de Lacedemonia.
- Escola das Sete Illas, Grecia.
- Sete de Rota: antiga administración do
Reino de Aragón entre os anos 1519 e 1528. constaba de sete letrados que
auxiliaban á xustixa maior.
- Goberno dos sete patriotas. Ministerio de
liberais exaltados formado por Evaristo San Miguel, durante o trienio
constitucional español, despois do fracaso de sublevación da garda real.
Ano 1822.
- Sociedade dos sete. Sociedade secreta
constituída na banda oriental de Uruguai co obxectivo de fomentar as
ideas independentistas no ano 1810. Debe o seu nome ó número dos seus
directores.
- Os sete fillos de santa Felicitas. Eran
mártires romanos: Félix, Felipe, Marcial, Vidal, Alexandre, Silvano e
Xenaro.
- Ropa Siete Leguas S.A. Fábrica mexicana de
roupa a medida.
- Grupo Siete Informática Sociedade Anónima.
- Siete Leguas, empresa de Turismo Activo.
- Os sete santos fundadores. Sete mercaderes
florentinos que en 1233 fundaron a orde dos Servitas. Trátase de Alessio
Falconieri, Bonfilio Monaldi, Giovanni de Bonajuncta, Manetto dell’Antella,
Amideo de Amidei, Ugo d’Ugoccio e Sosteno da Sostengo.
- Os sete mares.
- Sietecolores, paxaro coas patas e pico
negros, plumaxe manchada de cor vermella, amarela, azul, verde e branca.
Ás e cola negruzcas, na cabeza un moño vermello. Chile.
- Sietecueros. Tumor que se forma no talón do
pé, especialmente os que andan descalzos. Recibe este nome en: Colombia,
Chile, Ecuador e Honduras.
- "As sete pontes" bar-restaurante.
- "Siete puertas" restaurante
barcelonés.
- Séptimo ceo. Rexión da felicidade
perfecta.
- Séptimo eclesiástico. Tributo concedido
polo Papa Pío VII a Carlos IV de España (1806) co que lle autorizaba a
vender a séptima parte dos predios das ordes relixiosas e militares para
contribuir ós gastos da monarquía.
- As sete musas. Denomínanse así pola
especial significación do número sete, cando na realidade, son nove:
Erato (musa da poesía de amor), Euterpe (musa da música), Calliope (musa
da poesía épica), Clío (musa da historia), Melpómene (musa da
traxedia), Polihymnia (musa da música sacra), Terpsícore (musa da
danza), Thalía (musa da comedia) e Urania (musa da astronomía).
- Sete chaves gardan o sepulcro do Cid.
- Sete dias da semana: luns (día da Lúa),
martes (día de Marte), mércores (día de Mercurio), xoves (día de
Xúpiter), venres (día de Venus), sábado (do sabat xudeo) e domingo
(día do Señor, "Dominus").
- Sete eran o número de planetas visibles a
simple vista durante a época dos Babilonios: Mercurio, Venus, Marte,
Xúpiter, Saturno, Lúa e Sol.
- Sete vocais galegas.
- Sete linguas da Península Ibérica tra-la
Reconquista: galaico-portugués, astur-leonés, castelán, éuskaro,
navarro-aragonés, catalán e mozárabe.
- As sete Pléiades. Nome das fillas de Atlas
e de Pleione (Sterope, Taygeta, Celaeno, Electra, Merope, Maia e Alcyone).
Foron perseguidas por Orión polo que pediron ser transformadas en pombas.
Máis tarde, Zeus metamorfoseounas en estrelas. Atópanse na constelación
de Touro.
- Setesangrías, centaura menor.
- Os antigos exipcios dividían a face do ceo
en sete partes, que se vían figuradas polas sete estrelas da Osa Mayor.
- Septentrión, provén etimoloxicamente do
latín (septentrio, -onis; de septen, sete; e trio, -onis, boi de labrar)
- Sete principios do Universo: Mentalismo,
Correspondencia, Vibración, Polaridade, Ritmo, Causa-efecto e Xeración.
- Unha lóxica masónica é perfecta cando
está formada por sete membros.
- Nalgun tempo houbo sete accesos públicos ó
adarve da muralla de Lugo. Na actualidade consérvanse sete deses accesos.
- Sete cuartas por catro cuartas (medidas das
caixas dos mortos).
- Sete moedas de euro.
- Sete billetes de euro.
- Sete letras e díxitos nas novas matriculas
dos automóbiles españois.
- O séptimo fillo dun séptimo fillo é un
vampiro.
- O R7 (un coche)
- Cando no xogo da escoba se xunta os catro
setes, chámaselle "as setenta" e valen un punto.
- No xogo de cartas do Chichón, os xogadores
sempre deben de ter sete cartas na man.
- Séptima, no xogo dos certos, reunión de
sete cartas de valor correlativos.
- Tres setes, xogo de naipes que ten por
obxectivo chegar a vinteun puntos.
- Sietelevar, no xogo da banca, terceira
sorte, na que se gañan sete tantos.
- As sete vidas dun gato.
- As rebaixas comezan o 7 de xullo e o 7 de
xaneiro.
- G VII: os sete países máis poderosos da
Terra: Estados Unidos, Gran Bretaña, Xapón, Alemaña, Francia, Italia e
Canadá.
- Sete de Xullo: San Firmino.
- O velo: sete de ouros no xogo de cartas
"a vasoira".
- 7up, bebida carbonatada.
- Seven, marca de mochilas.
- Sete tripulantes mortos ó estalar a
lanzadeira espacial Challenger.
- Sete tripulantes mortos ó estalar o
transbordador espacial Columbia.
- As sete e media, xogo de cartas.
- Setena, pena coa que se obrigaba a paga-lo
séptuplo dunha cantidade determinada.
- Menciña hipocrática: dise que as
enfermidades teñen días críticos, días nos que pode aparecer a crise.
O cuarto día era a indicación de cómo sería o séptimo. Estaba baseada
na experiencia e na observación.
- Sete por oito: tipo de papel empregado polos
deseñadores de texidos para representar gráficamente os ligamentos.
- Os sete de Écija, os sete fillos de Écija.
- "Facer un sete". Nome que se lle
da ás pequenas rachaduras na roupa.
- 7 do 7: cumpreanos de Suso.
- As follas da marihuana que teñen sete
partes.
- Sete erros, busca-las diferencias entre duas
imaxes aparentemente iguais.
- 0.7% do orzamento dos países teoricamente
adicase á contribuir ó desenvolvemento dos países máis pobres.
- A última táboa da Lotería do Nadal
("Gordo") ten 7 arames.
- No dominó cóllense de sete en sete fichas.
- No xogo do parchís cando se teñen as sete
fichas fóra da casa, e sae un seis, cóntanse como sete.
- Os tres setes en liña das máquinas
tragaperras.
- "Télé 7 jours", revista francesa
de televisión.
- Sete: instrumento de carpintería que se
emprega para suxeitar no banco os materiais.
- Sietes, xogador do Racing de Santander.
- O séptimo ceo.
- Sete Mandamentos dos Animais, do libro
"Revelión na Granxa" de Orson Wells.
- Chupito "siete mares".
- KH-7, producto de limpeza desengraxante.
- "Setecotobelos" variedade de
peras.
- "Hangar 77", pub de Vigo.
- "Seteestrelo" osa maior.
- Romper un espello trae sete anos de mala
sorte.
- Ós esquimós poden distinguir ata sete
tipos de neve distinta.
- Montaña Rusa "Siete Picos",
parque de Atraccións de Madrid.
- Arroz ás sete herbas, prato de comida
xaponesa, tomándoo o sete de xaneiro non se enferma en todo o ano.
- 7 de abril, día mundial da saúde.
- M-7, colonia.
- Siete en Arxentina, Colombia e Nicaragua
significa vulgarmente "ano".
- Ultraheroe leva tres setes no cinto, que lle
dan os poderes (Shin-Chan)
- Seven-Mild, marca de tabaco.
- Xelados "Os sete pecados" de frigo
- "Sete días" é o que dí a nena
da película "The Ring" ó ver o vídeo, que se supón que te
mata, ós sete días morres misteriosamente.
- Fútbol 7, competición infantil de fútbol.
- Asociando o número catro (que simboliza a
terra) e o número tres (que simboliza o ceo) o sete representa a
totalidade do Universo en movemento.
- "As sete irmás" nome do
cartel de compañías petroleiras formado por "Texaco, British
Petrouleum, Gulf, Chevron, Exxon, Royal Dutch Shell e Mobil".
- Na China o ideal de beleza era que os pés
medisen 7 cm (pés de ouro), se medían 10 cm (pés de prata), e a partir
de 15 cm (pés de ferro).
- Sete pétalos que teñen as rosas ( e
ademais a evocación dos sete ceos, das sete xerarquías anxelicais, da
totalidade das moradas celestes, da totalidade da orde moral, da
totalidade das enerxías e principalmente da orde espiritual).
- O sete era para os exipcios símbolo da vida
eterna.
- O sete aparece en innumerables tradicións e
lendas gregas: as sete espérides, as sete portas de Tebas, os sete fillo
e as sete fillas de Niobé, as sete cordas da lira, as sete esferas...
- A lámpada vermella, das sociedades secretas
chinesas, ten sete velas, coma os candelabros dos hebreos.
- O sete simboliza un ciclo completo: unha
perfección dinámica: cada periódo lunar dura sete días, e os catro
períodos dun ciclo lunar forman o ciclo.
Algunhas curiosidades máis sobre
o sete....
¬ Á parte, o número sete ten
propiedades e aplicacións matemáticas interesantes o que levou ós estudiosos
a chamalo "o máxico número sete".
Unha destas propiedades,
observamola o dividir calquera enteiro non múltiplo de sete, entre sete, o
resultado é sempre a secuencia 142857 periódico:
1/7 = 0,142857142857142857.....
2/7 = 0,285714285714285714....
3/7 = 0,428571428571...
4/7 = 0,571428571428...
5/7 = 0,714285714285...
6/7 = 0,857142857142...
8/7 = 1,142857142857...
9/7 = 1,285714285714...
¬ Na numeroloxía o sete
considerase como da orde espiritual 3, e da orde material 4, o que quere dicir:
o triángulo que representa ó espíritu apoiado sobre o cadrado que representa
ó corpo.
Os aspectos que o sete representa
son:
- Positivo: constructor, susto,
capacidade de decisión.
- Negativo: egoísta, cínico,
inxusto
- Neutro: vingativo, destructivo, egoísmo
exacerbado.
Conclusión:
Este traballo nunca se dará por
finalizado, porque, de feito, cada día atopamos máis setes interesantes do
mundo que nos arrodea. O sete é un número omnipresente, por iso é difícil
conclui-la nosa búsqueda, esperamos seguir completandoo e actualizandoo e se
alguén atopa algún sete que nos sirva para engadir, que non o dubide e se
poña en contacto con nós.
1º BAC A
Ángela Chao Cobo
Tamara Dorado
Fernández
Laura López Paz
VOLVER
Á Actividades do dpto. de filosofía
VOLVER
Á lecturas recomendadas