O traxe novo
Disto pasaron xa dous anos, pero recordar recórdoo como se pasaran dous minutos…
Eu estaba a traballar para unha grande multinacional, adicada as novas tecnoloxías e a investigación nas ciencias das telecomunicacións. Fixera un máster en mercados financieiros, e tivera a sorte de atopar unha vacante, que en tan só duas semanas pasara a ser o meu primeiro traballo…
Un ruído repetitivo e molesto fíxome reaccionar. Era o despertador que como tódalas mañás, desde que formaba parte da poboación activa, soaba ás sete e media. Ese día anticipouse media hora, posto que antes de acudir ó traballo tíñame que pasar por un famoso centro comercial a recoller un traxe para o director da miña sección, labor que me axudicou ó gañar a sua confianza. Tiña que ser puntual e entregarlle a indumentaria ás oito e media, nin un segundo máis tarde, posto que ese día tiña unha importante reunión cun tal Suárez, que é, nin máis nin menos, o director xeral de toda a multinacional.
A verdade é que se me soen pegar as sabas, pero esa maña levanteime a toda présa. Laveime, arregreime e saín da casa. O meu reloxo marcaba as sete e trintecinco exactamente.
Dirixínme cara ó centro comercial, e nada máis chegar atopeime cun tumulto de xente impresionante que estaba a esperar a que as portas do establecemento se abriran ó público. Sen esaxerar diría que había máis de trescentas persoas, e non sabía o por qué
desa aglomeración. A resposta era fácil, tan só levantei a mirada e puiden ver: "REBAIXAS, COMPRE UN E LEVE DOUS".
Era o primeiro día das rebaixas, dun frío mes de xaneiro e ó darme conta veúseme o mundo encima. Estaba nerviosa, inqueda, …, posto que cada vez era máis tarde e cada minuto que pasaba había máis xente. Cando por fin se abriron as portas, xa ían ser as oito. Intentei colarme, inmiscuírme entre a multitude, pero o único que conseguín foron numerosos codazos e golpes acompañados de fortes berros.
O tempo non se paraba e cada vez era máis tarde. Cando logrei poñelos pés dentro do establecemento, nin me atrevin a miralo reloxo. Fun correndo buscalo recado e a mala sorte fíxome tropezar cunha señora, a típica muller que non ten máis que facer que andar por ahí de tendas, e o impacto fixo que caeramos as dúas no chan. Comezou a berrar como unha histérica e a chamarme de todo. Eu disculpeime, pero a ela non lle bastou e non se lle ocurriu mellor cousa que avisar ó garda de seguridade, que non tivo o máis mínimo problema en acudir e ó cal tiven que escoitar. Díxenlle que me perdoara, que tiña moita présa e se non estaba de acordo que se puxera en contacto co meu avogado. Dinlle unha tarxeta co número do meu defensor e funme sen apenas despedirme.
Cando cheguei a sección de roupa, case nin se podía entrar na tenda posto que estaba repleta de xente. Armeime de valor para miralo reloxo e comprobei que xa eran as oito e media. Nese momento soou o meu móbil e puiden comprobar na pantalla que o que chamaba era Xulio, o meu xefe. Estaba desconcertada, descolocada, chea de nervios … non sabía o que lle ía decir, pero non tiña outra opción e contestei. Os berros que escoitei ó outro lado do auricular eran os esperados:"¿Onde te metiches?" "¿Pero que horas son estas?" "¿Qué é do meu traxe?"… Notábase que estaba cabreadísimo e que non voltaría a confiar en min na vida. Intentei explicarlle o que estaba a pasar, pero non me escoitaba. O único que falaba nesa conversación era el, e o último que me dixo foi: "En cinco minutos aquí, nin un segundo máis tarde".
Gardei o móbil e entrei na tenda. Cando por fin cheguei ó mostrador pedín o tan ansiado traxe, pero a resposta da dependenta foi curta e clara: "Chega vostede tarde, o último que quedaba lévao a señora do sombreiro vermello".
Dirixinme cara a ela, sen pensalo dúas veces; agarreina e, como se dunha cuestión de vida ou morte se tratara, díxenlle:
— ¡Déame o traxe agora mesmo!
— Pero, ¿vostede está tola? –contestou ela asustada.
— ¡Déamo, ese traxe é meu! –dixen eu moi enfadada.
— …
Comezamos a discutir e a xente quedábase mirándonos. Cando me decatei había centos de persoas observando a escena, e nós as dúas seguiamos a berros. A xente debía pensar que estábamos tolas, ou mellor dito, que a tola era eu. De repente, unha voz ronca que se me facía coñecida soou ás miñas espaldas.¡¡¡ Oh non…. !!! Alí estaba el outra vez, o garda de seguridade co que anteriormente tivera unha disputa. Sen máis, agarroume polo brazo e moi amablemente díxome: "Faga o favor de acompañarme, penso que xa está ben por hoxe".
Non tiven outra opción máis que acudir á sala do director, co que tiven unha ingrata conversación. Disculpeime e conteille o que me pasara, pero non me creeu nada e non tiven máis remedio que pagar unha indemnización por escándalo público. O garda acompañoume ata fóra do local e pediume, eso sí, moi educadamente que non volvera a poñer os pés dentro del.
Eran as dez da mañá cando cheguei á oficina onde me estaba esperando o xefe. Tentei explicarlle o sucedido, pero a conversación foi breve: "¡¡Está vostede despedida!!. Con esas tres palabras despediuse de min, e eu despedinme do meu primeiro traballo.
É boa verdade que o mundo é un pañuelo, porque no meu segundo e actual traballo comparto oficina cunha vella coñecida: ¡¡¡A señora do sombreiro vermello!!!
Encarnación López Morado (outubro de 2002)