O primeiro día
Ola, chámome Aitana, teño dezasete anos e encántame a roupa e as rebaixas. Isto que vou contar aconteceu o ano pasado, as miñas amigas e eu estabamos vendo a televisión cando saiu unha reportaxe sobre a febre das rebaixas. Comezaron falando das estafas que podes facer e proseguiron con imaxes da xente comprando.
Nas primeiras imaxes, podíase ver unha gran aglomeración de xente que se amontoaba diante da porta, ainda pechada, dun centro comercial. Logo viuse un enfoque da porta principal desde dentro, unha frechiña sinalou a unha señora e unha voz "en off" dixo: "Fixénse na señora do abrigo verde". ¿Por qué? Logo nos aclararon a dúbida, puxeron outras imaxes de anos anteriores e alí estaba ela, en todas. Non podiamos crelo, a mesma señora ano tras ano no mesmo lugar; ¿será certo eso de que comprar nas rebaixas é case unha enfermidade para algunhas mulleres?
Despóis, xa todos dentro, ensinaron as pelexas, berros e discusións que se producen alí dentro. Saíron dúas señoras que tiraban cada unha por unha parte dun pantalón para ver quen o levaba; tamén saíron outras que discutían porque unha delas pousara o seu xersei para probar outro e a outra collérao e agora non quería devolverllo. Puidemos escoitar diversas entrevistas e resultaban curiosas as absurdas respostas que algunha daba. ¡Incrible!
Nós nunca fóramos de compras o primeiro día de rebaixas pero ese ano decidimos ir curiosear e comprobar se todo aquelo tiña algo de real. Ó día seguinte levantámonos cedo e fomos cara ó centro comercial. Cando chegamos vimos que xa había xente pero estaba tranquilo. Ó cabo de media hora todo seguía en paz. "Outra montaxe televisiva", pensamos nós, ou eso ou pura coincidencia. Máis o pouco cambiamos de idea. Cando xa era hora de abrir a xente do fondo intentaba achegarse e comezaron os primeiros empurróns. Nada máis abri-la porta principal a xente botouse a correr sen importarlles o resto. Tivo que vir a ambulancia e levar a unha señora porque caeu ó chan e foi pisoteada e golpeada pola multitude.
Cando xa todo o mundo estaba dentro o descontrol foi maior, a xente ía dun lado a outro, berraba, discutía ... ¡Era incrible! Nós dirixímonos á nosa tenda habitual, e como era de esperar estaba chea de xente, máis nós tomámlos con calma. Entramos e cada unha dirixiuse a unha sección. Eu non tiven ningún problema, collín unha falda, uns panatalóns e un par de camisetas e dirixinme a un probador. Había unha cola enorme, debín de estar agardando media hora, e menos mal que me gustou e o comprei porque se chego a ter que coller outras tallas ... Algunha das miñas amigas tivo algún que outro contratempo. Unha delas, por exemplo, recibiu un golpe cun bastón dunha señora que quería regalarlle á súa neta aquel vestido que ela ia comprar. Outra delas tivo unha discusión con outra rapaza porque ia probar un pantalón coma o dela. Ainda que o máis curioso foi ver a dúas mulleres pelexando por un pantalón cando diante tiñan outros iguais.
Puidemos ver de todo, aquelo do que non dábamos creto o día anterior estaba alí ó noso arredor. Saímos da tenda e decidimos marchar para a casa e voltar ó día seguinte para remata-las nosas compras. Cando cheguei á casa miña nai, ó verme colorada e despeiteada, botouse a rir, e ó contarlle a nosa experiencia ainda riu máis.
Ó día seguinte volvemos, pero non á primeira hora, senón que fomos pola tarde.Quedaban menos prendas pero as suficintes para comprar nós. Saímos con moita roupa que puidemos coller e probar con tranquilidade, porque, a pesar de haber bastante xente, non había nin a cuarta parte da do día anterior.
Agora recordámo-lo con gracia pero aquel día non nos dixo ningunha. Este ano decidimos non repetir experiencia e non arrisca-la nosa vida por uns trapiños e a pesar de que nos gusta ir de compras preferimos esperar ó segundo día ainda que haxa menos roupa.
Lucía Iravedra García (outubro de 2002)