I.E.S.

   GREGORIO FERNÁNDEZ

 

Principal
Presentación
Estudos
Departamentos
Actividades
Biblioteca
Titorías
Taboleiro
Secretaría

   noso instituto foi creado no ano 1975, sendo en principio un Instituto de Formación Profesional ata que no curso 98-99 comezamos a impartir a ESO e posteriormente incorporamos outros estudos, o que fai que agora teñamos unha moi variada oferta que inclúe dende ciclos formativos a bacharelatos pasando pola educación secundaria e as ensinanzas para adultos. 

    Contamos con tres edificios, ademais de talleres, ximnasio, pavillón polideportivo, biblioteca (con máis de 8.000 volumes), aula de plástica, laboratorios, dúas aulas de informática conectadas a internet, é dicir, que estamos nun momento de adaptación e incorporación das novas tecnoloxías que nos permiten ofertar unha moi ampla gama de estudos, axeitada ós avances tecnolóxicos que nos rodean.

    Agardamos, pois, que sexa este o centro no que poidas atopar o mellor para a túa formación académica, tanto no período do ensino obrigatorio como no post-obrigatorio.

 

Visita Virtual

O escultor Gregorio Fernández