ENERXÍAS ALTERNATIVAS DENTRO DO PROGRAMA EDUCATIVO

O sistema enerxético actual atópase nunha encrucillada. A nosa dependencia case absoluta dos combustibles fósiles é preocupante, xa que ao problema do seu previsible esgotamento hai que engadir outros de índole política, estratéxica, económica e dende logo ambiental. Hoxe ninguén pon en duda o aumento acelerado da temperatura no planeta; o único que é difícil de prever son as súas consecuencias, pero independentemente de que sexamos máis ou menos catastrofistas, parece necesario cambiar cara un modelo enerxético máis solidario e sostible.

Para acadar ese novo panorama enerxético cómpre insistir nas seguintes ideas:

  • Aforro enerxético. A enerxía máis limpa é a que non se gasta.
  • Eficiencia enerxética. Optar polos dispositivos que menos enerxía consuman.
  • Enerxías renovables. Deben ter un papel moito máis relevante que na actualidade.
  • As instalacións de enerxías renovables do noso centro permitirán que os alumnos se familiaricen con estas tecnoloxías e aprecien as súas vantaxes, o que sen dúbida favorecerá un maior compromiso enerxético pola súa parte.




    Instalación autónoma mixta
    (solar e eólica)

    Instalación fotovoltaica
    conectada á rede de distribución

    Instalación de enerxía solar térmica

    Trátase dunha instalación totalmente independente da rede de distribución. Conta con dous elementos xeradores de enerxía eléctrica, un aeroxerador e un panel fotovoltaico. O aproveitamento da enerxía que suministran realízase na aula de tecnoloxía.

    Explicación detallada (.pdf 1,6MB)

    Esta instalación ten unha potencia de 1,3 kw pico. Está totalmente monitorizada, o que fai posible que se poidan analizar datos relativos ao seu rendemento, producción enerxética, emisións de CO2 aforradas, etc. Algúns dos datos máis relevantes pódense consultar a través dos enlaces que se dan a continuación.

    Explicación detallada (.pdf 800kB)

    Monitorización (en construcción)

    Dispoñemos de dúas instalacións de auga quente solar. A principal diferencia entre elas reside no tipo de panel empregado, xa que unha leva un colector plano mentres que para a outra optouse pola tecnoloxía de tubos de baleiro. As dúas instalacións contan con variadas posibilidades de monitorización.

    Explicación detallada (.pdf 2MB)

    Monitorización




    deseño web: luis couceiro