Un centro educativo es un conjunto organizado de aulas en torno a una biblioteca". Lourense H. Das, directora general de Europa de la IASL.

O blog da biblioteca

A nosa biblioteca está situada no segundo andar e así funciona...

e temos un ambicioso proxecto para ela:


SÍNTESE DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. PROXECTO DE BIBLIOTECA ESCOLAR.

A. TÍTULO DO PROXECTO.

“UNHA NOVA BIBLIOTECA PARA CONSTRUIRMOS UN NOVO INSTITUTO”

B. OBXECTIVOS
Centraremo-lo traballo de dinamización da biblioteca en torno a grandes eixos que perseguen unha biblioteca mellor organizada e máis dotada cara adentro e, é vez , máis aberta á comunidade escolar e social que a rodea.

 

Propoñemos centrar o traballo en tres aspectos:

1. Coidamos que debemos mante-la estructura tradicional canto ó uso dos libros pero completando un labor de informatización que faga máis áxil o traballo de percura e máis nos permita conectarnos tamén con outras bibliotecas no seo dunha rede de bibliotecas escolares e municipales.

2. A biblioteca debe actuar, cada vez máis como dinamizador da vida cultural do centro. Facer pasar esta vida cultural pola Biblioteca e seus materiais é a mellor maneira de dala a coñecer e favorecer seu uso. Todo isto nun momento en que a cultura se trivializa e comercializa, incluido o propio “consumo” do libro.

3. Tamén a biblioteca debe xogar, cada vez máis, un papel de educadora de usuarios. Sobrepasando a típica búsca bibliográfica na biblioteca tradicional debe ensinar ó noso alumnado os novos recursos que ofrecen outros soportes, nomeadamente os que veñen de Internet. Pero sobre todo ensinar a usar ben destes recursos que, non por xeneralizados, son ben empregados ou lles quitamos o partido que sería posible, nin co rigor desexado nunha tarefa intelectual.

C. TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.

En relación coa organización constituimos para este traballo un equipo de biblioteca composto polos seguintes profesores/as:

RESPONSABLE DO EQUIPO: Marisa Naveiro

COMPOÑENTES DO EQUIPO:

Cristina Asensio, Luís Bao, Elena Bouzas, Mª Angeles Calvo, María Fariña, Amalia Fernández de Ana, Susana de Lorenzo, Rosario Vázquez

 

Dito equipo reunirase quincenalmente, para pór en común o desenvolvemento do Plan. Igualmente está previsto, no convenio co Concello unha reunión mensual cos responsables da Biblioteca Municipal para coordenar o traballo de ambas entidades

No equipo de Biblioteca constituiranse responsables das cinco áreas de actuación principales que vimos de traballar:

AREA DE XESTIÓN E ACTUALIZACIÓN TÉCNICA:
Marisa Naveiro e María Fariña

ÁREA DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS
Mª Angeles Calvo e Amalia Fernández de Ana

ÁREA DE PROPOSTAS DE INTEGRACIÓN NA PRÁCTICA DOCENTE
Luís Bao e Cristina Asensio

ÁREA DE PROGRAMAS PARA O FOMENTO DA LECTURA
Susana de Lorenzo e Elena Bouzas

ÁREA DE INICIATIVAS DE DINAMIZACIÓN DA COMUNIDADE ESCOLAR
Rosario Vázquez

Cada un destes profesores/as adicará entre unha e dúas horas dentro do seu horario no centro para o traballo na biblioteca. A profesora responsable, Dna Marisa Naveiro continuará coa dedicación plena do seu horario ó traballo na biblioteca. En resumo podemos dispoñer de un mínimo de 25 horas semanais, o que nos permitiría cobri-la atención á biblioteca durante 5 horas de cada día da semana.
Agardamos que como froito do convenio co Concello sexa posible recuperar a colaboración doutros anos mediante a cesión temporal de algún traballador/a da Biblioteca Municipal para realizar tarefas técnicas e de coordenación.