Neste curso académico o noso Instituto participou de novo no certame "Entre Nós, en Galego", convocado pola Direción Xeral de Política Lingüística, para fomentar o uso do Galego no ámbito educativo.
Como sempre, o profesorado do noso Departamento preparou unha canción cun grupo moi numeroso de alumnos, que formaban o Coro e o Conxunto Instrumental do IES Leiras Pulpeiro.
Despois de ensaiar recreo tras recreo, chegou a hora de participar. Tras resultar elixidos na primeira fase, provincial, foimos participar á fase final autonómica en Vilalba.
Os nervios de sempre...
E nesta ocasión...
Acadamos o...


|
¡¡¡ 3º PREMIO PROVINCIAL !!! |

|
Noraboa aos participantes, que traballaron moitísimo e o mereceron.