http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Vento ferido
en Xoves, 31 Xaneiro 2008
por Dolo Lista del autor
en DEPARTAMENTOS > Lingua Galega > Lingua Galega - Somos o que lemos
Comentarios: 2
Clicks: 1267



Achega o teu comentario
Comentarios
Enviado por noel el 28-Mar 22:29
Responder Vento ferido
Invitado
A mín persoalmente gustoume moito o libro porqué:
É moi entretido, a linguaxe é doada e expresa ideas de fácil compresión para o lector pero sobre todo gustoume porqué os relatos son realistas e fannos valorar o que temos. Por todo isto recomendo este magnífico libro.
Os relatos que máis me gustaron foron os seguintes:
O relato "Monólogo "que reflicté o cansanzo ínterior dun personaxe. O protagonista é un mestre de escola que se desafoga nun bar amparado polo viño. Dille ó lector que está farto da vida que leva pero non só da vida profesional senón da súa vida persoal arremete contra a muller. Está farto da vida que leva e non sabe como remedia-la situación. Entón amaparado polo incondicionable amigo das penas que lles serve para botar as penas fóra desafógase nun sitio moi concorrido para moitos galegos, o bar.
Outros dos relatos que máis me gustou foi "Vou quedar cego". Nel explicase outro tipo de sentimento interior o da angustia ante unha forte dificultade da vida. Unha eiva que consome o personaxe, un neno a quen súa nai se empeña en facer feliz a pesar de que nunca verá. Eu identifícome con este personaxe poque expresa a angustia polo futuro e pola escuridade e incertidume que este representa. O personaxe é cego e non sabe o seu porvir, está cheo de angustia.
A angustia tamén se reflicte en "Agarda longa ó sol" representa outra vertenteda vida, a tristeza da vellez nun vello que agarda tódolos días por algo tan sinxelo como a visita dun dos seus netos. O neto non lle dá moita importancia a estas visitas pero para el son vitais e agarda tódolos días ó sol, mentres eles se van da casa, segue a súa vida diaría e pasa os últimos anos da súa vida dun xeito moi banal e tranquilo frente á indiferencia do resto da familia e a soidade da vellez, que non é percibida polos que o rodean.

Enviado por González Arias Noa el 20-Mar 14:52
Responder Vento ferido
[ Infantil ]
Rexistrado: 01-Set 00:00
Comentarios: 1
“Vento Ferido” é un libro publicado en 1967. Consta de 12 pequenos relatos, nos que podemos ver reflectidos temas coma a violencia, a soidade a monotonía ou o fatalismo.

Na miña opinión cada un destes relatos a pesar de ser breves reflicten perfectamente os temas que quere transmitir o autor.

Algúns relatos,como xa dixen, trata o tema da violencia, como o primeiro, no que se mostra a violencia nos nenos, ou nun dos relatos últimos, onde tamén se pode ver como o rencor pode dar lugar a violencia nas persoas e acabar nun tráxico final.
Tamén podemos atopar neste libro relatos que transmiten ternura e incluso pódese chegar a sentir pena pola soidade dalgúns personaxes como é o caso do relato no que un avó espera con ganas o momento de que chegue a habitual visita do seu neto, ata o punto deque ese pequeno tempo que comparte con el é o único que lle alegra o día. Neste relato tamén pode apreciarse o tema da monotonía xa que a súa vida basase sempre no mesmo.

Outro relato que me deu moita tenrnura foi o do “cego” como un neno tan pequeno, a pesar de que os seus pais queran disfrazar a realidade para que non se sinta mal, dase conta e intenta aceptala.

En conclusión, o libro gustoume moito, cada relato transmitíame unha sensación diferente dependendo do tema que tratara e ademais foi moi doado de ler.

Noa gonzález Arias
2º BAC B


Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com