http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Vídeos - Alén do mar
en Sbado, 17 Maio 2008
por Xabi Lista del autor
en DEPARTAMENTOS > Normalización Lingüística
Comentarios: 0
Clicks: 535
Sen valorar -

Na campaña "Entre Nós en Galego" do curso 2004-2005, participamos no certame de música coa canción "Alén do Mar", acadando o 3º premio provincial.

A música desta canción foi adaptada para o grupo de instrumentos e coro por María, a partir da canción popular andina "Fuego en Animaná", no seu arranxo para coro mixto de Eduardo Corrrea. A letra de "Alén do Mar" foi escrita polo Departamento de Normalización do instituto para reflectir o sentimento dos emigrantes, tanto os galegos que marcharon da nosa terra, coma os inmigrantes que chegan nestes anos.


Letra:

Teño un sentir lonxe de aquí, máis alá do mar,
para vivir, por escapar, tiven que voar.
Teño unha dor dentro de min que me fai morrer,
non vivirei, non serei eu, non ata volver.

É que pra min, nunca pra min, será este o meu lar,
fáltame a luz, falta o meu mar, falta o meu falar.
Se é por saber do meu país, está alén do mar.

Saiban os que me desprezan por non ter nacido aquí
que eu non tracei o destino, longo camiño sen fin.

Teño o pensar lonxe de aquí, máis alá do sol,
de tanto andar, de tanto ver, xa non sei quen son.
Teño unha dor dentro de min de terra e de luz,
quero vivir, quero ser eu do Norte ata o Sur.

É que pra min, tal vez pra min, será este o meu lar,
sinto outra luz, sinto outro mar, un novo falar.

Se é por saber do meu país, está alén do mar.

Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com