http://www.edu.xunta.es
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
Vídeos - Atrévete
en Sbado, 17 Maio 2008
por Xabi Lista del autor
en DEPARTAMENTOS > Normalización Lingüística
Comentarios: 0
Clicks: 707
Sen valorar -

Na campaña "Entre Nós en Galego" do curso 2002-2003, participamos no certame de música coa canción "Atrévete", primeira vez que se facía este certame en Galicia, onde acadamos o 1º premio provincial.

A música desta canción foi adaptada para o grupo de instrumentos e coro por María e Íñigo, a partir da canción "Day-O" de Harry Belafonte. A letra de "Átrevete" foi escrita polo Departamento de Normalización do instituto para animarnos a todos a que falemos en galego, que non hai que sentir ningunha vergoña pola nosa fala.

Letra:


Eo! Somos fillos da auga e do sol
Atrévete, en galego soa mellor.

Se ti queres ser meu irmán,
fala a lingua de Breogán.
Veña, atrévete sen temor,
en galego soa mellor

Xa que mo deixaron eu o gardo eo conservo,
porque teño lingua de meu,
mais se non o uso corroo risco de perdelo,
en galego soa mellor.

Amar, sentir, pensar, vivir,
porque teño lingua de meu.
Falar, cantar, berrar, dicir,
en galego soa mellor.

Atrévete, porque teño lingua de meu
Atrévete, en galego soa mellor.

Esta é unha lingua de xente comprometida,
porque teño lingua de me.
Fálaa non te cortes, non pases desta movida,
en galego soa mellor.

Amar, sentir, pensar, vivir,
porque teño lingua de meu.
Falar, cantar, berrar, dicir,
en galego soa mellor.

Eo! Somos fillos da auga e do sol
Atrévete, en galego soa mellor.







Debe iniciar a sesión neste sitio como usuario rexistrado para poder deixar os seus comentarios - Conéctese ou rexístrese se aínda non o está Aquí para conectarse
Web basada en e107, baixo os termos de GNU Licencia GPL.
Tradución do xestor CMS ó galego por Marta Pérez Murado, Carlos Vilaboa Díaz, Xabier Díaz Fernández e Dolores Varela Salgueiro

IES Leiras Pulpeiro R/ Orquídea, 45 Lugo Tlf: 982-203427 Fax: 982-203486
Email: ies.leiras.pulpeiro©edu.xunta.es Webmaster: webmaster.leiras©gmail.com